G3011121 - Ciencia Política II: Institucións (Materias Obligatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCiencia Política II é unha materia de primeiro curso de Grao e, como tal, pretende proporcionarlle ao alumno e alumna un coñecemento básico e estrito da nosa disciplina. Para isto, a materia ocúpase de: a introdución ás teorías sobre a relación política, o poder e a súa lexitimación; os conceptos fundamentais para a análise dos procesos e estruturas políticas e administrativas; os elementos fundamentais do sistema político español contemporáneo.
Ademais, a través da docencia, perséguese:
- Familiarizar o alumno/a cos conceptos básicos e os debates centrais da ciencia política contemporánea.
- Desenvolver a súa capacidade de análise crítica da política.
- Contribuír á súa formación como futuro profesional da ciencia política e transmitirlle os coñecementos e as regras básicas do exercicio da disciplina.
- Fomentar a súa autocomprensión como actor político.
Contidos1. Ciencia e política
2. Poder político e lexitimidade
3. O Estado cómo organización política
4. Rexímenes non democráticos
5. As poliarquías
6. A distribución territorial del poder: estados unitarios y estados compuestos
7. Executivos e administracions
8. Parlamentos e representación
Bibliografía básica e complementariaDiz,I./Novo,A./Lois, M. Ciencia política contemporánea, UOC, Barcelona, 2012
Batlle, B. (comp.), Diez textos básicos de ciencia política., Ariel, Barcelona, 1992.
Benedicto, J. e Morán, M. L.(comps.), Sociedad y Política. Temas de sociología Política, Alianza, Madrid, 1995.
Del Aguila, R. (comp.), Manual de Ciencia Política, Trotta, Madrid, 1997.
Caminal, M. (comp.), Manual de Ciencia Política, Tecnos, Madrid, 1996.
Marsh, D. e Stoker, G. (comp.), Teoría y métodos de Ciencia Política, Alianza, Madrid, 1997.
Farr, J.; Dryzek, J. S. e Leonard, S. T.; La ciencia política en la historia, Istmo, Madrid, 1999.
Vallés, J. M., Ciencia política. Una introducción, Ariel, Barcelona, 2000.
Goodin, R. e Klingemann, H. D. (comp), Nuevo manual de ciencia política, Istmo, Madrid, 2000.
Uriarte, E., Introducción a la ciencia política, Tecnos, Madrid, 2000.
CompetenciasNon se precisa ningunha competencia previa máis alá das que corresponden a un alumno ou alumna de primeiro de licenciatura. Ao longo do curso, a medida que se vai desenvolvendo a materia, preténdese que o alumno desenvolva as seguintes competencias:
1. Comprensión e asimilación de conceptos e nocións básicas da análise política.
2. Aplicación dos conceptos á interpretación da actualidade política.
3. Desenvolvemento dun marco teórico de interpretación e análise da política.
Metodoloxía da ensinanza Esta materia consta de 2 tipos de clases: teóricas e de seminario. As clases teóricas desenvolveranse seguindo o programa que se detalla arriba. Antes de cada sesión, o alumno ou alumna deberá ter feito a lectura obrigatoria correspondente a cada tema. Estes textos constituirán o punto de arranque a partir do cal se procederá a unha discusión máis profunda do tema. Espérase, polo tanto, unha participación activa do alumnado nas clases.
As clases de seminarios consistirán básicamente no comentario e discusión de lecturas artigos ou libros da disciplina sobre os que os alumnos e alumnas deberán realizar distintos tipos de traballos.
Sistema de evaluaciónA cualificación final do alumno ou alumna comporase dos seus resultados nas seguintes actividades:
- Asistencia 5 % da cualificación
- Elaboración de ensaio crítico individual 15% da cualificación
- Elaboración de traballo en grupo 15% da cualificación
- Exame final 65 % da cualificación.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 2 horas semanais de clase de pizarra, o alumno e alumna deberá adicar á preparación e estudo da materia unha media de catro horas semanais nas que terá que asimilar e fixar os conceptos a través do estudo, a lectura comprensiva de textos e a realización de traballos e exercicios prácticos.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia á clase e lectura da bibliografía recomendada.