G3011221 - Economía Política (II): Intervención Pública na Economía (Materias Obligatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Acadar unha comprensión da economía nacional no seu contexto socio-político, así como da intervención pública nela.
• Asimilar as categorías básicas da análise macroeconómica.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas de macroeconomía e política económica.
• Captar as interrelacións entre economía e sistema político.
ContidosObxectivos e instrumentos de política macroeconómica.
Contabilidade nacional: magnitudes empregadas e reinterpretacións.
Os ciclos económicos e as políticas estabilizadoras.
Política monetaria.
Políticas de emprego e inflación.
Política fiscal, orzamento e débeda pública.
Desenvolvemento económico.
Teoría do comercio internacional e procesos de integración económica.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BEGG, D.; FISCHER, S. e DORNBUSCH, R., Economía, McGraw-Hill, Madrid, 2006.
MANKIW, N. G., Principios de Economía, Thomson, 2007.
MOCHÓN, F., Economía. Teoría y Política, McGraw-Hill, 2005.
SAMUELSON, P. A. e NORDHAUS, W. D., Economía, McGraw-Hill, 2006.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CASAS PARDO, J., Curso de Economía, Tirant lo Blanch, 2007.
CORTÉS MARQUÉS, G., Principios de economía política, Ariel, Barcelona, 2003.
EKELUND, R. B. e HÉBERT, R. F., Historia de la teoría económica y de su método, McGraw-Hill, Madrid, 1991.
LIPSEY, R. G., Introducción a la Economía Positiva, Vicens Vives, Barcelona, 1999.
MERA VÁZQUEZ, M. T. e PÉREZ DE ARMIÑÁN, M. DEL C., Economía para no economistas, CIE, S.L.-DOSSAT 2000, Madrid, 1997.
SPIEGEL, H. W., El desarrollo del pensamiento económico, Ediciones Omega, Barcelona, 1996.
STIGLITZ, J. E., Macroeconomía, Ariel, Barcelona, 2004.
TORRES LÓPEZ, J., Economía Política, Ediciones Pirámide, Madrid, 2005.
WONNACOTT, P. e WONNACOTT, R., Economía, McGraw-Hill, 1992.
Competencias• Advertir os reducionismos e examinar críticamente os fenómenos, teorías e políticas macroeconómicas, desde a ampla perspectiva que proporciona a Economía Política.
• Calcular diversas macromagnitudes mediante a aplicación das identidades da contabilidade nacional.
• Deflactar cifras, actualizar rendas e calcular taxas de inflación a partir dun índice de prezos.
• Determinar os diversos saldos da balanza de pagamentos e a clase de medidas de axuste que, no seu caso, haxa que tomar para corrixir os seus desequilibrios.
• Manexar algúns modelos macroeconómicos básicos e aplicalos á toma de decisións de política económica.
• Identificar as accións de política económica susceptibles de conter a inflación / xerar emprego / estimular o crecemento económico..., e os seus posibles efectos adversos sobre os demais obxectivos macroeconómicos.
Metodoloxía da ensinanza 30 horas de docencia expositiva, 15 de docencia interactiva e 5 de titorías.
Nas horas de docencia expositiva a explicación do profesor poderá apoiarse coa proxección de transparencias ou o emprego doutros medios audiovisuais. Nos termos que o profesor estableza, os alumnos terán ocasión de expor as súas dúbidas e puntos de vista, e poderán así mesmo ser interpelados para comprobar o seu grao de seguimento e comprensión do explicado. Cando cumpra, achegaráselles material de lectura complementario para que poidan profundar na materia e se facilite a súa comprensión.
Canto ás horas de docencia interactiva, dedicaranse á realización de exercicios numéricos de aplicación da teoría macroeconómica, manexo de gráficas, estudo de casos con cifras reais, debates ou calquera outras actividades susceptibles de contribuír aos obxectivos da materia. Será o responsable da docencia quen indique aos seus estudantes cal ha de ser o seu papel no desenvolvemento da devandita docencia interactiva, como van corrixirse as actividades que o requiran, e cal vai ser a súa incidencia na nota final do alumno.
Ademais, na medida que o número de alumnos e a dispoñibilidade de medios o permitisen, podería tamén considerarse o impartiren horas prácticas en aulas de informática. Debe, respecto diso, resaltarse que a materia é especialmente idónea para facelo, dada a abundancia de programas de exercicios interactivos que os estudantes poderían realizar nos respectivos computadores, baixo a supervisión do profesor.
Sistema de evaluaciónA avaliación basearase, por unha banda, nos exames que efectúen os alumnos; exames que poderán incluír preguntas abertas, preguntas teóricas breves, cuestións tipo test, exercicios numéricos ou calquera outras modalidades que o profesor considere oportunas para avaliar a aprendizaxe teórica e práctica do estudante. Doutra banda, o profesor responsable poderá ter en conta outros elementos de xuízo (asistencia e participación na clase, comunicación nas titorías, traballos autodirixidos...), non só porque contribúan a alcanzar un mellor reflexo do nivel do alumno, senón porque contribúan tamén a estimular a súa aprendizaxe e facilitar a súa superación da materia.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS 50
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 100
Recomendacións para o estudo da materiaAnte todo o alumno deberá desbotar a súa posible aversión ao razoamento numérico, concienciarse de que o nivel de matemáticas necesario para superar esta materia non pasa de ser elemental, e buscar na asistencia a clase e na comunicación co profesor as orientacións e o apoio que precise. O carácter profundamente lóxico e sistemático da economía reduce o esforzo memorístico na aprendizaxe, pero esixe a cambio un maior esforzo de comprensión, polo que esta materia non é desde logo a mellor candidata para "deixala para última hora". A asistencia regular a clase, o traballo sostido no día a día, e a realización dos exercicios a medida que se van estudando os respectivos temas teóricos, constitúen pois pezas crave na preparación da materia. Outro tanto cabe dicir da consulta das dúbidas e dificultades ao profesor, ben nas propias clases, ben nas súas titorías.