Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

G3011222 - Facenda Pública (Materias Obligatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 15.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 50.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ LEICEAGA, XOAQUIN MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecemento global do comportamento do sector público, tanto na vertente de ingresos como de gastos, desde una perspectiva económica.
    - Coñecemento das técnicas orzamentarias
    Contidos
    1. O SECTOR PÚBLICO: UNHA INTRODUCIÓN
    AS DECISIÓNS PÚBLICAS. O GASTO PÚBLICO
    2. OS BENS PÚBLICOS
    3. AS EXTERNALIDADES
    4. ANÁLISE DA POLÍTICA DE GASTO: EFICIENCIA E EQUIDADE
    5. ANÁLISE CUSTE-BENEFICIO
    6. A TEORÍA ECONÓMICA DA POLÍTICA
    7. OS SERVIZOS SANITARIOS
    8. OS SISTEMAS DE PENSIÓNS
    OS INGRESOS PÚBLICOS
    9. OS IMPOSTOS EFICIENTES
    10. A INCIDENCIA DOS IMPOSTOS
    11. A IMPOSICIÓN SOBRE A RENDA PERSOAL
    12. A IMPOSICIÓN SOBRE A RENDA DE SOCIEDADES
    13. A IMPOSICIÓN SOBRE A RIQUEZA
    14. A IMPOSICIÓN SOBRE O CONSUMO
    15. DÉBEDA E DÉFICIT PÚBLICO
    FEDERALISMO FISCAL
    16. A FACENDA DESCENTRALIZADA
    17. OS ORZAMENTOS PÚBLICOS: XUNTA DE GALICIA E CONCELLOS

    Bibliografía básica e complementaria
    1. STIGLITZ, J.E.(2006): La economía del sector público, A. Bosch editor, Barcelona
    2. ROSEN, H.S. (2007): Hacienda Pública, Mc.Graw Hill ed., Madrid.
    3. ALBÍ, E. E OUTROS (2009): Economía Pública, I/II, Ed. Ariel, Barcelona
    4. HINDRIKS, J. e MYLES, G.D (2013): Intermediate Public Economics, The MIT Press.


    Competencias
    - Comprender a lóxica económica do comportamento do sector público
    - Poder valorar as reformas tributarias e entender basicamente os informes sobre as finanzas públicas.
    - Comprender un presuposto público na súa estrutura económica.
    - Coñecer os mecanismos de xestión dos gastos e os ingresos dunha Administración Pública.
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
    As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
    As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.

    Sistema de evaluación
    Haberá dúas opcións de avaliación:
    Opción 1 (avaliación mixta); basearase en:
    a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaboradora e, no seu caso, probas de curta duración);
    b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
    O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
    Avaliación continua....... 30%
    Exame final................. 70%
    Opción 2 (avaliación única); basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia.
    Esa opción 2 sería a aplicable por defecto cando o alumno non cumpriu os mínimos da avaliación continua ou a partir da primeira convocatoria (sempre que aplicación da avaliación continua prexudicase ao alumno)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    (a) Traballo presencial do alumno
    - Asistencia a clases expositivas...30 horas
    - Clases interactivas: 15 horas
    - Titorías: 5 horas
    - Exame final: 3 horas
    TOTAL: 53 HORAS
    (b) Traballo autónomo do alumno
    - Preparación das clases expositivas: 15 horas
    - Lecturas recomendadas: 15 horas
    - Preparación das clases interactivas (exposicións, realización de exercicios, busca de material de apoio): 40 horas
    - Preparación do exame: 30 horas
    TOTAL: 100 HORAS

    TOTAL: 153 HORAS
    Recomendacións para o estudo da materia
    * Preparación previa das clases presenciais
    . Seguimento das clases presenciais
    . Seguimento das clases interactivas
    . Realización dos exercicios recomendados
    . Lectura da bibliografía recomendada
    . Atención á actualidade económica