G3011228 - Estatística para as ciencias sociais (II) (Materias Obligatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Laboratorio: 46.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Socioloxía
- Áreas: Socioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia é unha continuación e complemento da materia Estatística I e os coñecementos adquiridos nesta materia son unha base necesaria, entre as demais de carácter metodolóxico presentes na titulación.
O alumno deberá conseguir un dominio suficiente dos seguintes obxectivos:
1.-Conseguir un coñecemento suficiente do tratamento e análise estatística de datos.
2.-Adquirir a destreza de formular hipótese entre dúas, tres ou máis variables a partir duns datos dados
3.-Deberá adquirir a capacidade de sacar conclusións dos datos analizados.
4.-Deberá adquirir uns coñecementos básicos no manexo dos programas informáticos para a análise de datos cuantitativos (SPSS e Excel).
ContidosIntrodución á análise estatística dos datos. Estatística descritiva bivariada: Táboas de continxencia.
Tests de contraste estatístico.
Técnicas básicas de representación gráfica.
Comentario de táboas
Bibliografía básica e complementariaRitchey, F.j.: Estadística para las ciencias Sociales (McGrow Hill, México, 2008)
Sánchez Carrión, J.J.: Manual de Análisis Estadístico de los Datos (Alianza Ed., Madrid, 1999)
Filgueira López, E.: Análisis de Datos con SPSSWIN; (Aianza Ed., Madrid, 2001)
Sánchez Carrión, J.J., Análisis de Tablas de Contingencia, (Alianza Ed., Madrid, 1998)
CompetenciasEsta materia é unha continuación e complemento da materia Estatística I e os coñecementos adquiridos nesta materia son unha base necesaria, entre as demais de carácter metodolóxico presentes na titulación.
O alumno deberá conseguir un dominio suficiente dos seguintes obxectivos:
1.-Conseguir un coñecemento suficiente do tratamento e análise estatística de datos.
2.-Adquirir a destreza de formular hipótese entre dúas, tres ou máis variables a partir duns datos dados
3.-Deberá adquirir a capacidade de sacar conclusións dos datos analizados.
4.-Deberá adquirir uns coñecementos básicos no manexo dos programas informáticos para a análise de datos cuantitativos (SPSS e Excel)
Metodoloxía da ensinanza A materia consta de 6 créditos teórico-prácticos. Atendendo a isto a docencia estruturarase do seguinte xeito:
* Cursaranse 60 horas de clase presencial no laboratorio e en grupos reducidos, levadas a cabo durante todo o curso escolar. Nelas desenvolveranse os contidos previstos no programa da materia. Estes créditos completaranse mediante a realización de traballos titorizados polo profesor, preferentemente individuais.
* As actividades prácticas desenvolveranse de dous xeitos distintos. Por unha banda, temos as prácticas (presenciais) no aula de informática onde se inicia ao alumno na utilización de distintos programas necesarios para a análise dos datos. E por outra, unha vez introducidos nas destrezas informáticas necesarias, o alumno procederá, de xeito individual, á realización, no aula informática, dun informe sobre os resultados obtidos nunha enquisa. Para a realización das distintas prácticas empregaranse 30 horas lectivas, repartidas entre sesións de laboratorio e sesións titorizadas de xeito individual.
* Co fin de que a realización destes traballos sexa a correcta, os alumnos disporán das horas de titorías para consultar dúbidas. Ademais fixaranse citas de titorías co propósito de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada de desenvolvemento dos traballos.
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación faranse de acordo coa metodoloxía de ensino. A parte teórico-práctica (sesións no laboratorio dirixidas polo profesor) avaliarase nun exame final no que o alumno deberá realizar presencialmente e no laboratorio de informática unha proba semellante ás practicadas ao longo do curso e respondendo a algunhas cuestións de carácter teórico sobre os contidos tratados.
Na parte práctica o alumno poderá obter un máximo de 3 puntos; estes puntos só serán tidos en conta se o exame teórico é aprobado (5). En todo caso, a cualificación nas prácticas será reservada, se fose necesaria, para a convocatoria de setembro. A avaliación das prácticas realizarase a través do sistema de titorías, dos informes que oportunamente se soliciten e do informe final que os alumnos fagan. O informe final deberá ser entregado antes do exame final, na data fixada oportunamente, e deberá ser presentado mecanografado en computador e remitido ao profesor.
Tempo de estudo e traballo persoalClases Teóricas en Laboratorio
* Presenciais (60)
* Traballo Autónomo (72)
Memoria
* Presenciais (2)
* Traballo Autónomo (3)
Titorías
* Presenciais (2)
* Traballo Autónomo (4)
Exames
* Presenciais (2)
* Traballo Autónomo (5)
Total
* Presenciais (66)
* Traballo Autónomo (84)