G3011342 - Métodos Avanzados de Investigación Social (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 37.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Socioloxía
- Áreas: Socioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia pretende ofrecer aos alumnos instrumentos e orientacións para a práctica da investigación social empírica atendendo tanto aos principios xerais da inferencia científica como ás regras de aplicación de técnicas de investigación específicas.
ContidosA materia desenvolverase mediante dous tipos de actividades na aula, cada unha das cales implica contidos diferenciados; a elas engadirase un terceiro tipo de traballo que realizarán os alumnos autonomamente.
Asumindo que o alumnado adquiriu os coñecementos e destrezas correspondentes ás materias concernentes os diversos métodos e técnicas de investigación social cursados nos anos anteriores, nesta materia o alumnado adquirirá os contidos teóricos e os recursos metodolóxicos para o análise das redes sociais.
Bibliografía básica e complementariaDe Ugarte (2007) Historia del analisis de redes sociales
José Luís Molina (2001), El análisis de redes sociales.
Requena Santos, Felix; Análisis de redes sociales : orígenes, teorías y aplicaciones; Centro de Investigaciones Sociológicas-Siglo XXI de España, 2003
Robert A. Hanneman. Introducción a los métodos del análisis de redes sociales. (http://revista-redes.rediris.es/webredes/text.htm)
CompetenciasOs estudantes que cursen esta materia deberían consolidar as competencias adquiridas ao seu paso por outras materias de métodos e técnicas de investigación pertencentes ao plan de estudos do Grao de Ciencia Política e da Administración, así como desenvolver novas capacidades para a práctica autónoma da investigación social, entre elas as necesarias para:
- Realizar deseños de investigación de carácter cualitativo;
- Manexar e analizar datos de carácter cualitativo e reticular.
- Realizar descricións adecuadas;
- Facer inferencias correctas;
- Formular e contrastar hipótese;
- Construír explicacións de carácter sociológico
Metodoloxía da ensinanza As actividades na aula serán de dous tipos, segundo se trate das oficialmente denominadas “clases expositivas” ou “clases interactivas”. Como o seu nome suxire, as “clases expositivas” consistirán nunha exposición por parte do profesor na que este tratará de dar unha visión xeral de cada un dos temas tratados.
Dada a especificidade da materia, que implica o adestramento no manexo de programas informáticos complexos, as clases expositivas misturaranse co traballo práctico necesario para adquirir as destrezas e habilidades fixadas.
Sistema de evaluaciónAvaliaranse os coñecementos específicos sobre:
Capacidades adquiridas na análise de redes sociais.(10%)
Habilidades no tratamento informático de datos reticulares mediante software específico.(10%)
Capacidade para realizar xeneralizacións empíricas.(10%)
Habilidade para a extracción de conclusións significativas como resultado do proceso de investigación desenvolvido.(20%)
Redacción dun informe orixinal completo sobre a investigación realizada. (50%)