G3011345 - Política Exterior de España (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 2.50
- Total: 37.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Proporcionar unha comprensión de conxunto sobre a Política Exterior de España, os seus antecedentes, o proceso de decisión e a súa execución no mundo actual.
- Dotar ao alumno de capacidades técnicas abondo para aplicar por si mesmo as destrezas básicas da disciplina de Relacións Internacionais de modo que, ademais de analizar, comprender e explicar a Política Exterior de España poida formular hipótese que lle axude a crear novos coñecementos a través da investigación.
- Capacitar o alumno para transmitir e comunicar a terceiros os coñecementos propios deste campo a través da elaboración de discursos coherentes: alentar no alumno a argumentación lóxica e racional, o emprego da terminoloxía e as ferramentas dialécticas propias do campo disciplinar, así como fomentar a súa capacidade de razoamento, reflexión e espírito crítico.
ContidosI. Introdución ao estudo da Política Exterior
II. Antecedentes históricos: Marxinalidade de España no sistema internacional contemporáneo. A transición á democracia (1976-1977).
III. A política exterior do Estado democrático: Elaboración da política exterior. A política exterior dos Gobernos democráticos (1977-2009).
IV. Áreas sectoriais e xeográficas da política exterior de España: A política europea. A política de seguridade e defensa. A política mediterránea. A política cara a Iberoamérica. A política de cooperación internacional. Acción cultural e promoción da imaxe exterior de España
Bibliografía básica e complementariaARENAL, C. del: Política exterior de España y relaciones con América Latina. Madrid,
Fundación Carolina – Siglo XXI, 2011.
ARIAS, I.: Los presidentes y la diplomacia. Barcelona, Plaza y Janés, 2012.
BALLESTEROS, A.: La batalla de los tres contenciosos: Gibraltar, Ceuta y Melilla y Sahara Occidental. Burgos, Dossoles, 2010.
BENEYTO, J.Mª / PEREIRA, J.C. (dirs.): La política exterior de España: un balance a futuro.
Madrid, Tecnos, 2011 (2 vols.).CEMBRERO, I.: Vecinos alejados. Los secretos de la crisis entre España y Marruecos. Barcelona,
Galaxia Gutenberg, 2006.
HERNANDO DE LARRAMENDI, M. / MAÑÉ ESTRADA, A. (eds.): La política exterior española
hacia el Magreb. Barcelona, Ariel – Real Instituto Elcano, 2009.
JIMÉNEZ REDONDO, J.C.: De Suárez a Rodríguez Zapatero: la política exterior de la España
democrática. Madrid, Dilex, 2006.
MALAMUD, C. (coord.): La política española hacia América Latina: primar en lo bilateral para ganar en lo global. Madrid, Real Instituto Elcano, 2005.
MORATA, F. / MATEO, G. (eds.): España en Europa, Europa en España (1986-2006). Barcelona, CIDOB, 2007
NOYA, J.: La nueva imagen de España en América Latina. Madrid, Tecnos – Real Instituto Elcano, 2009.
PEREIRA, J.C. (coord.): La política exterior de España (1800-2003). Barcelona, Ariel, 2003.
TEZANOS, S.: Cooperación española para el desarrollo. Asignación geográfica de la ayuda española. Madrid, Biblioteca Nueva, 2008.
Inclúese a bibliografía complementaria no programa impreso da asignatura, á disposición dos alumnos na fotocopiadora do centro.
VILARIÑO PINTOS, E.: Curso de Derecho Diplomático y Consular. Madrid, Tecnos, 2011 (4ªed.).
Competencias- Capacidade para analizar a política exterior de España, tanto no proceso de formulación, coma no de execución e de control parlamentario exercido sobre ela.
- Exercitar a expresión oral e escrita para que as súas análises reflictan tanto a complexidade do obxecto tratado coma o emprego dos conceptos e terminoloxía propios da disciplina.
- Favorecer a capacidade reflexiva e crítica do alumno.
- Estimular a súa curiosidade intelectual.
- Habilidade para buscar información respecto da política exterior de España tanto por medios bibliográficos ou electrónicos, de procedencia académica, xornalística ou institucional.
Metodoloxía da ensinanza O temario será explicado ao longo dun cuadrimestre mediante clases teóricas e prácticas.
As actividades prácticas centraranse na lectura, recensión e comentario dunha serie de libros que serán indicados ao comezo do curso.
Tamén se organizarán, ao longo do curso, seminarios ou grupos de traballo centrados no seguimento e busca de información sobre cuestións actuais da política exterior de España.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá lugar mediante o exame final, a presentación das recensións ás lecturas seleccionadas, e a elaboración dun traballo de seminario.
Para superar a materia esixirase que o alumno asista, como mínimo, ao 80% das sesións docentes.
O contido do exame estruturarase en torno a un grupo de preguntas teóricas e outro grupo de preguntas relativas ás lecturas efectuadas. Ningún alumno poderá superar a materia sen entregar, con anterioridade á data do exame final, os comentarios escritos destas lecturas e o traballo do seminario.
Os criterios de avaliación da materia comprenden a valoración dos coñecementos adquiridos mediante un exame final (60% da cualificación), así como a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas, a actitude colaboradora co desenvolvemento do curso e a realización dos traballos e o resto de actividades obrigatorias (40% restante).
As cualificacións destas actividades complementarias, avaliadas nas clases prácticas, só teñen validez para cada curso académico. Os alumnos repetidores deberán realizalas novamente.
As cualificacións destas actividades complementarias só se sumarán á nota do exame se este é realizado polo alumno. En caso de non o facer, na acta figurará unicamente non presentado".
En aplicación da decisión do Consello de Goberno da USC (reunión do 27.4.2012), os alumnos que realizasen algunha mobilidade docente dentro do programa ERASMUS, poderán presentarse ao exame de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais da asistencia a clase, considérase necesario que o alumno dedique unhas 75 horas ao estudo persoal para superar a materia, divididas da seguinte forma_
- estudo individual da materia: 45 h.
- preparación de traballos: 15 h.
- realización de traballos: 15 h.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir de forma regular e participar activamente nas clases, especialmente nas prácticas.
- Levar ao día a programación do curso.
- Realizar as lecturas obrigatorias no tempo prescrito.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Consultar os fondos bibliográficos e os recursos informáticos dispoñibles nas bibliotecas da USC.