Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

G3011349 - Teoría Política (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 2.50
  • Total: 37.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MAIZ SUAREZ, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia TEORIA POLITICA son:

    1.- Fornecer unha introducción as principais correntes e ós principais debates e argumentos da teoría política normativa contemporanea nunha perspectiva contextualista, esto é, orientada polos problemas fundamentais das democracias contemporaneas.

    2.- Completar a perspectiva empírica da Ciencia política cunha normativa e pluralista do horizonte de valores, argumentos e asuncions normativas desde os que se realizan as preguntas e deseños de investigación, se implementan e avalían as políticas públicas.

    3.- Desenvolver unha perspectiva crítica de analise dos presupostos subxacentes aos arranxos institucionais e políticas públicas das democracias contemporaneas así como ós programas de investigacion da ciencia política actual.

    4.- Requintar argumentos, ideas e conceptos políticos e arrequecer os vocabularios que permitan unha mellora da capacidade de reflexión personal, argumentación, exposición e expresión oral e escrita en ciencia política.

    5.- Relacionar os debates teórico-políticos contemporaneos con outras dimensions da vida cultural contemporanea: cinema, pintura, música, literatura.
    Contidos
    1.-Introducción.Teoría política normativa e ciencia política. Crítica do positivismo e retorno da teoría política. O xiro contextualista na teoría política contemporánea. As correntes principais da Teoría Política actual.

    2.- A liberdade dos modernos e as raíces históricas do debate contemporáneo: Ilustración e Romanticismo. O Romanticismo como conciencia crítica da modernidade.

    3.- O liberalismo contemporáneo (I) A crise do Utilitarismo como punto de partida.
    RAWLS: constructivismo kantiano, constructivismo político. Sociedade ben ordenada. Posición orixinal. Principios de xustiza. Consenso superposto e prioridade da xustiza sobre o ben. A idea da razón pública.

    4.- O Liberalismo contemporáneo (II) NOZICK: pluralismo, utopía e cooperación voluntaria. Autonomía e self-ownership. Do estado de natureza ó estado mínimo.

    5.- O comunitarismo (I) As principais críticas do comunitarismo ó liberalismo: o "eu" contextualizado, a prioridade do Ben, rexeitamento do procedimentalismo.
    MacINTYRE: crítica da Ilustración e aristotelismo político. Práctica, unidade narrativa e tradición. Comunidade e obxectivismo moral.

    6.- O Comunitarismo (II) WALZER: teoría pluralista dos ben sociais e congruencia nas esferas distributivas. A noción de autonomía como procedimiento metodolóxico. Ciudadanía, autorrespeto e o modelo de conversación real talk. Comunidade e tolerencia. Thick and Thin.
    TAYLOR: identidade, moralidade e comunidade. A prioridade do Ben. A autenticidade vs. autonomia. Cristianismo, romanticismo e nacionalismo. Comunidade homoxénea vs. Sociedade complexa.

    7.- O Nacionalismo(I). Etnia e política: a producción das identidades colectivas. ¿Nacionalismo “cívico” vs. Nacionalismo “étnico”? Crítica do concepto prepolítico de nación.

    8.- O Nacionalismo (II). O debate sobre o "nacionalismo liberal" . ¿Hai un lugar para a nación na teoría da democracia? KYMLICKA: dereitos individuais e colectivos. Dereitos poliétnicos e dereitos de autogoberno. Proteccións externas e restriccións internas. Dereitos das minorías e os límites do concepto de tolerancia (negativa e positiva).

    9.- O Nacionalismo (III). TAMIR: nacionalismo e liberalismo. Concepción da persoa e identidade colectiva. Elección e dereito á cultura. MILLER: identidade nacional e autodeterminación. Nacionalismo e pluralismo. Nacionalismo, patriotismo e universalismo. As lóxicas da secesión e da acomodación plurinacional. Federalismo e multinacionalismo.

    9.- O multiculturalismo(I). PAREKH, CARENS. O concepto de "cultura". Multiculturalismo e multicomunitarsmo. Políticas do multiculturalismo.

    10.- O multiculturalismo (II).O problema da Inmigración. Nacionalidade e cidadanía Políticas de inmigración.

    11. -O republicanismo (I) Democracia participativa, deliberación e republicanismo As catro dimensións da democracia: representación, participación, deliberación e inclusión. Democracia participativa, formación das preferencias e self transformation. HABERMAS: pragmática universal e situación ideal de diálogo. Discurso, publicidade e procedementos democráticos. Autonomía e autotransformación. Política e dereito en Facticidade e Validez.

    12.- O Republicanismo (II):poder e non dominación: Ph. PETTIT. Democracia e desacordo: GUTMANN & THOMPSON. Democracia, confianza e deliberación: WARREN: novas áreas para a democracia participativa

    13.- O Posmodernismo. Posmodernidade e posmodernismo. Crítica das nocións de suxeito, historia, teoría e política. Decontrucción e Diferencia (LYOTARD, DERRIDA, LACLAU). Biopolítica e poder: FOUCAULT, NEGRI.

    14.O ecoloxismo. Os termos cambiantes da Política medioambiental: "Survivalism", Racionalismo administrativo e económico. Desenvolvemento sostido. Romanticismo verde, Democracia ecolóxica. As diversas concepcións de sustentabilidade medioambiental. Política medioambiental, cidadanía ecolóxica: A. DOBSON. Globalización, sociedade de risco e modernización reflexiva. Medio ambiente, sustentabilidade e deliberación política.




    Bibliografía básica e complementaria
    MANUAIS:

    Will Kymlicka Contemporary Political Philosophy Oxford U. Press

    Ramón Máiz (ed.) Teorias políticas contemporaneas Ed. Tirant Lo Blanch 2009

    Dryzek, J. Honig, B Phillips, A. (eds) Handbook of Political Theory Oxford U. Press

    A. Arteta, El Guitián, R. Máiz (eds.)Teoria Política Alianza Editorial


    Para cada unidade temática fornecerase bibliografía específica.
    Competencias
    Esta materia está destinada a enxergar competencias tanto 1) no que se refire ó coñecimento dos principais problemas e argumentos da teoría política contemporanea, as suas principais correntes e conceptos,como disciplina integrada na cfiuencia política e e n dialogo permanente con ela; así como 2) potenciar as capacidades de lectura, mellora dos vocabularios, reflexion personal, e argumentación oral e escrita.
    Metodoloxía da ensinanza
    A ensinanza desenvolverase mediante:
    1.- clases teóricas
    2.- comentarios de textos breves
    3.- traballos tutelados e exposicions en clase
    4.- comentarios breves de novelas sobre temas relacionados co programa
    5.- comentarios breves de cinema sobre filmes relacionados co programa
    6.- ensaio optativo sobre un tema do programa
    7.- comentario e debate de dossiers de opinión sobre un tema (multiculturalismo, inmigración).
    Sistema de evaluación
    Avaliarase mediante un exame final e mais a particpacion activa e informada nas diferentes actividades docentes programadas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    75 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Tratase dunha materia destinada a proporcionar un panorama xeral dos principais debates contemporaneos en teoría política e a potenciar as capacidades de analise crítica, reflexion personal e argumentacion oral e escrita, asi como a debatir en público empregando argumentacions sólidas e non meras opinions ad hoc, polo ademais de ser obligatia a assitencia as actividads docentes, debe disporse de tempo suficiente non para memorizar senón para leer, pensar e escribir de vagar, quer individualmente, quer en grupo.
    Observacións
    Por mor da ensinanza e avalicación continuada, compre entregar a ficha perosnal cumprimentada a primeira semana do curso.