Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

G3011351 - Análise Electoral (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 2.50
  • Total: 37.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MARQUEZ CRUZ, GUILLERMO MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos específicos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008: 77-78) están centrados no coñecemento dos seguintes contidos:

    -As eleccións como instrumentos da democracia
    -Visións maioritarias e visións proporcionais
    -A participación electoral. Cultura política e participación electoral.
    -A análise das eleccións. As dimensións do voto: concentración e fragmentación, competición e competitividade, volatilidade.
    -Estabilidade e inestabilidade. Identificación partidista e volatilidade.
    -Voto e “cleavages”. A debilitación dos “cleavages” tradicionais ou a debilitación dos novos “cleavages”. “Cleavages” e segmentación.
    -Partidos, eleccións e “cleavages”. Os cambios nas condicións da competición partidista. As especificidades dos procesos electorais. As dimensións da competición en Galicia e España.
    -A teoría espacial do voto. Converxencia e Diverxencia.
    -As lecturas do voto. Voto estratéxico. Voto probabilístico. Voto económico.
    -A construción dos espazos políticos. O retorno das dimensións políticas do voto. Eleccións e estratexia política. Preferencias endóxenas e decisión política.
    -Mercadotecnia, eleccións e democracia. As dimensións estratéxicas dos procesos electorais. A mercadotecnia como parte da democracia. As campañas contan.


    Contidos
    Os contidos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) abórdanse desde o enfoque formal e material da Ciencia Política. En concreto, o contido do curso correspóndese cos descritores asignados á materia no citado Plan de Estudos:

    Tema 1. Representación política e eleccións

    Tema 2. O sistema electoral

    Tema 3. Indicadores para a análise electoral

    Tema 4. Modelos teóricos de análises do comportamento electoral

    Tema 5. A participación electoral

    Tema 6. Cuestións de comportamento electoral I. Factores a longo prazo: cleavages, a ideoloxía e a identificación de partido

    Tema 7. Cuestións de comportamento electoral II. Factores a curto prazo: o voto económico e candidatos

    Tema 8. Cuestións de comportamento electoral III. O voto estratéxico

    Tema 9. As campañas electorais


    Bibliografía básica e complementaria
    -ANDUIZA, E. (1999): ¿Individuos o sistemas?. Las razones de la abstención en la Europa occidental, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -ANDUIZA, E. y BOSCH, A (2004): Comportamiento político y electoral, Barcelona, Ariel.
    -COLOMER, J. (2004): Cómo votamos. Los sistemas electorales del mundo: pasado, presente y futuro, Gedisa, Barcelona.
    -COX, G.W. (2003): La coordinación estratégica de los sistemas electorales del mundo, Gedisa, Barcelona.
    -CRESPO, I. (dir.) (2002): Las campañas electorales y sus efectos en la decisión de voto, Valencia, Tirant lo Blanch, Vol. I.
    -LAGO PEÑAS, I. (2005): El voto estratégico en las elecciones generales en España (1977-2000). Efectos y mecanismos causales en la explicación del comportamiento electoral, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -LIJPHART, A. (1995): Sistemas electorales y sistemas de partidos, Madrid, Centro de Estudios Constitucionales.
    -MANIN, B. (1998): Los principios del Gobierno representativo, Madrid, Alianza editorial.
    -MARTÍNEZ COMA, F. (2008): ¿Por qué importan las campañas electorales?, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -NOHLEN, D. (1998): Sistemas electorales y partidos políticos, México, FCE/UNAM, (2.ª edición).
    -RICO, G. (2010): Líderes políticos, opinión pública y comportamiento electoral en España, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -VALLÉS, J. y BOSCH, A. (1997): Sistemas electorales y gobierno representativo, Barcelona, Ariel.

    Na Guía Docente figura a bibliografía básica e complementaria para cada tema, así como na Programación de Temas.

    Competencias
    Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais e as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).
    1. As competencias xenéricas ou transversais

    1.1 Capacidade para o autoaprendizaxe.
    1.2 Capacidade de organización, de planificación e de traballo en equipo.
    1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
    1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
    1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
    1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación.
    1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
    1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
    1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
    1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
    1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
    1.12 Capacidade de razoamento crítico.
    1.13 Capacidade de tomar decisións.
    1.14 A ética de servizo público.

    2. As competencias que adquire o estudantado na materia de Análise Electoral, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria do Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:

    2.1 Coñecementos disciplinares (saber):

    2.1.1 Posibilitar a comprensión das diversas dimensións dos procesos electorais.
    2.1.2 Comprender o comportamento dos actores políticos.
    2.1.3 Entender o comportamento cidadán e os valores democráticos.
    2.1.4 Comprender os enfoques teóricos explicativos do comportamento electoral.
    2.1.5 Comprender os métodos de análises dos procesos electorais.

    2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):

    2.2.1 Capacidade para comprender o valor das eleccións como instrumentos fundamentais das democracias, así como a capacidade dos modelos explicativos da orientación do voto e as posibilidades das enquisas non unicamente para predicir os resultados senón, fundamentalmente, para establecer unha nova relación entre cidadáns e actores políticos
    2.2.2 Conseguir que o alumnado adquira os coñecementos e metodoloxías da análise electoral, que alcancen a capacitación necesaria para interpretar os procesos individuais e colectivos asociados á decisión do voto así como procurar que desenvolvan as habilidades para ler estratexicamente unha enquisa de cara ao apoio das decisións dos actores políticos.
    2.2.3 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a realización de recensións críticas de textos relacionados coa análise das eleccións políticas.
    2.2.4 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a análise de casos relacionados coas eleccións políticas.

    En resumo, ao finalizar o curso, o estudantado deberá ser capaz de adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e habilidades propias da materia, de ferramentas de aprendizaxe, e das actitudes específicas.


    Metodoloxía da ensinanza
    O Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) establece unha nova orientación metodolóxica no ensino universitario, que distingue dous tipos e cargas de traballo: o realizado na aula e o traballo persoal do estudantado. Igualmente, faise constar que a asistencia ás clases de contido teórico (clases expositivas), clases de orientación práctica (clases interactivas) e ás sesións destinadas a Titorías é obrigatoria, así como a realización das actividades programadas para superar a avaliación da materia.

    a) Nas clases expositivas, cunha duración de 25 horas (unha hora e media lectiva semanal), desenvólvese o contido do programa seguindo a secuencia de temas e ofrécese ao estudantado un esquema básico para seguir as explicacións e a integración dos diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.), co obxecto de favorecer as capacidades autodidactas e o traballo persoal.

    b) As clases interactivas constan en total de 5 horas. As sesións teñen carácter obrigatorio e consistirán na discusión da temática previamente establecida na Programación correspondente, cuxas conclusións se presentarán por escrito. Igualmente, nestas sesións poderanse programar, no seu caso, actividades externas á Facultade como, por exemplo, visitas institucionais, etc.

    c) Nas sesións destinadas a Traballos Tutelados (5 horas) e Titorías (2,5 horas) levará a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas persoais, así como a entrega e/ou discusión das actividades programadas.


    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación da materia están fixados no Plan de Estudos (USC, 2008) son:
    -Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas.
    -Actividades obrigatorias realizadas nas clases interactivas: comentarios de texto, traballos individuais e/ou en grupo.
    -Exame final.

    En consecuencia, de acordo coa metodoloxía establecida no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), a aplicación cualitativa dos aspectos a avaliar concrétase nun sistema de avaliación continua, segundo uns criterios e instrumentos co peso correspondente na cualificación final:

    Sobre un total de 10 puntos, a distribución da cualificación final é a seguinte:

    -O 55 % da cualificación corresponde ao Exame final e á asistencia e participación nas clases expositivas.
    -O 45 % da cualificación corresponde á realización dos traballos obrigatorios e á asistencia e participación nas clases interactivas. A entrega fóra de prazo establecido dos traballos obrigatorios esixidos nas clases interactivas serán penalizados co cincuenta por cento da cualificación establecida para cada actividade.

    O alumnado que se presente ao exame final deberá ter acreditada a realización dos traballos ou actividades obrigatorias das clases interactivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
    -Clases expositivas: 25 h.
    -Clases interactivas: 5 h.
    -Traballos Tutelados: 5 h.
    -Titorías: 2,5 h.
    TOTAL: 37,5 h.

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
    -Estudo individual: 45 h.
    -Preparación de traballos e exposicións en grupo: 15 h.
    -Realización de traballos individuais: 15 h.
    TOTAL: 75 h.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Respecto ao estudo da materia recomendamos, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada tema (Programación de Temas), co obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos. Igualmente, estas actividades están orientadas para as clases de recapitulación nas que o estudantado poderá expor as súas dúbidas e suscitar cuestións de interese. En canto á realización dos traballos obrigatorios para as clases expositivas, indícase que deben ser entregados nas datas programadas, ou pola contra terán unha penalización do cincuenta por cento da cualificación establecida ao efecto.

    Por último, o estudantado disporá na aula VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.

    Observacións
    Normas xerais do sistema de avaliación continua, referidas á asistencia ás clases expositivas e interactivas e sobre comportamentos de plaxio e falsidade.

    1. A asistencia ás clases e ás actividades complementarias son obrigatorias, de acordo co réxime do Grao en Ciencia Política e da Administración, e segundo a “Normativa de asistencia a clase das ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior”, aprobada polo Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010. En consecuencia, non se terá en conta para a cualificación no sistema de avaliación continua as asistencias ás clases expositivas e interactivas que non superen, respectivamente, o 75 % do total das previstas no curso.

    2. Sobre plaxio e falsidade: o plaxio nos traballos escritos e a falsificación ou suplantación nas listas de asistencia, suporá de maneira automática a anulación das cualificacións correspondentes.