G3011353 - Xestión de Recursos Humáns (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 2.50
- Total: 37.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO ensino da materia “Xestión de Recursos Humanos” persigue:
- Dotar ás/ós alumnas/os dunha visión xeral e ampla do campo de traballo actual vencellado coa función de persoal, tanto no ámbeto público como no privado.
- Profundar no coñecemento da evolución histórica da disciplina e da súa práctica profesional.
- Sensibilizar ás/ós alumnas/os sobre a importancia do factor humano nas organizacións.
- Achegar ás/ós alumnas/os ó emprego de diversas ferramentas de investigación relacionadas coas principais técnicas empregadas no ámbito profesional: análise de perfil de liderado; análise de equipos de traballo; análise de postos; planificación de procesos de selección; planificación e avaliación da formación; elaboración de planos de acollida e integración do persoal; avaliación do rendemento e xestión por competencias; valoración de postos.
- Introducir ás/ós alumnas/os no subcampo da auditoría de recursos humanos.
ContidosI PARTE - A DIMENSIÓN AMBIENTAL DA XESTIÓN DE RR.HH.
Tema 1. Fundamentos conceptuais da xestión de recursos humanos.
Tema 2. A función de persoal no sector público.
Tema 3. A dimensión psicosocial dos recursos humanos: motivación, clima, liderado e xestión de equipos.
II PARTE - TÉCNICAS DE XESTIÓN DE RR.HH.
Tema 4. Análise de postos e planificación de recursos humanos
Tema 5. Selección
Tema 6. Formación e orientación
Tema 7. Avaliación do desempeño
Tema 8. Compensación
Tema 9. Auditoría
Tema 10. Temas contemporáneos de RRHH
Bibliografía básica e complementariaMANUAIS:
Villoria Mendieta, M. e Del Pino Matute, E., Manual de Gestión de Recursos Humanos en las Administraciones Públicas. Madrid: Tecnos, 2009 (3ª Ed.).
Schuler, R.; Dolan, S. e Del Valle, Manual de Gestión de RR.HH. Madrid: McGraw-Hill, 2003 (2ª Ed.).
OUTRAS MONOGRAFÍAS DE REFERENCIA:
Fernández Ríos, M., Diccionario de Recursos Humanos. Madrid: Díaz de Santos, 1999.
Hay Group / SAP, Factbook – Recursos Humanos. Aoiz, Navarra: Aranzadi-Thomson, 2001.
Rabin, J. et.al., Handbook of Public Personnel Administration. Nova York: Marcel Dekker, 1995.
Sagardoy Abogados / Hay Group, Factbook Relaciones Laborales. Aoiz, Navarra: Aranzadi, 2004 (3ª Ed.).
Somoza, F., Departamento de Personal: De la A a la Z. Valencia, CISS, 2004 (2ª Ed.).
Sutherland, J., Key Concepts in Human Resource Management. Londres: Macmillan, 2004.
CompetenciasÓ remate da materia, é de esperar que se adquiran competencias nas seguintes materias:
- Análise e avaliación da función de recursos humanos tanto no ámbito público como no privado.
- Estudios de motivación, clima e liderado.
- Planificación de recursos humanos.
- Planificación e análise do desenvolvemento de equipos de traballo.
- Análise de postos de traballo.
- Programación de procesos de selección de persoal.
- Avaliación do rendemento e do desempeño.
- Planificación da formación.
- Valoración de postos de traballo.
- Auditoría de RR.HH.
Metodoloxía da ensinanza A memoria do plano de estudos (2008) establece unha orientación para a avaliación da materia, que, sen embargo, aporta unha rixidez indesexable de cara a práctica pedagóxica flexible que connota a adaptación ao EEES.
Xa que logo, entendendo que a experiencia de cada curso académico deberá condicionar futuras revisións da práctica pedagóxica e do modelo avaliador, neste caso, durante o curso 2012-13, a materia articúlase en torno á explicación teórica de cada un dos temas que conforman o programa e á realización de seminarios que pretenden reforzar os coñecementos e habilidades adquiridos e mesmo comprobar a utilidade dalgúns instrumentos de xestión. Igualmente, intentando simplificar a comprensión da materia impartida, ó longo do curso fornécese información adicional (táboas, cadros, etc.) como documentación auxiliar de estudio.
Dado o carácter práctico que posúen os contidos, especialmente da segunda parte da materia, a participación do alumnado é determinante para garantir unha boa adquisición de competencias.
Sistema de evaluaciónA avaliación tentará estimular a asistencia e a interacción individual-grupal dende o inicio das clases. Organízase do xeito que se expón:
- As/os alumnas/os que participen regularmente no desenvolvemento das clases poderán acceder á modalidade de avaliación A.
- As/os alumnas/os que non asistan con regularidade ás clases accederán directamente á modalidade de avaliación B.
Tendo en conta a súa particular planificación do curso, a/o alumna/o pode, se o desexa, comunicar ó docente dende principios do curso a qué modalidade quere acollerse. Isto se suxire, en especial, a aquelas persoas que por motivos de traballo non poidan asistir con regularidade.
MODALIDADE A: PRESENZA REGULAR NAS CLASES
A avaliación combinará a realización de exercicios de carácter individual e grupal, obrigatorios e voluntarios. Para a realización dos exercicios grupais é necesario que o alumnado organice a súa distribución dende as primeiras sesións, tendo en conta que a composición do grupo de traballo manterase ao longo do curso.
Compoñente individual (60% da nota final):
1) Exame final (45% da nota final): consiste na realización dunha proba teórica escrita breve que vai abranguer os temas 1 a 9. A estrutura do contido desta proba e a súa puntuación serán comunicadas con antelación.
2) Asistencia, participación e esforzo (15% da nota final): a avaliación final premiará a constancia das/os alumnas/os no seguimento das sesións expositivas e seminarios, así como a súa participación e esforzo. Para isto á marxe da realización (aleatoria) de controis de asistencia, o responsable da materia terá en conta a actitude mostrada por cada alumna/o ó longo do curso.
Compoñente grupal (30% da nota final):
3) Exercicios Prácticos: Supón a realización de tres exercicios (puntuados cada un cun máximo de 1 punto) correspondentes ós temas 4, 5 e 7. Estas probas terán carácter grupal polo que deberán conformarse equipos de traballo (entre 4 e 5 persoas por equipo) cuxa composición deberá ser comunicada antes do 15 de febreiro de 2014.
Compoñente Mixto (individual / grupal) (10% da nota final):
4) Traballo Voluntario: Consiste na elaboración dun traballo inédito, de carácter voluntario, segundo as normas que se fixan a continuación:
O traballo terá un carácter individual ou grupal (cun máximo de 2 alumnos), e consistirá en:
- Unha análise crítica sobre un feito de actualidade vinculado cos contidos do programa.
- Unha análise dalgunha experiencia de organización ou xestión relacionada co programa.
- O deseño dun caso práctico no que se combinen os contidos do programa.
Valoraranse especialmente os traballos que teñan unha dimensión empírica ou aqueles nos que o problema abordado, pola dificultade de acceso ás fontes, esixan do alumno un especial esforzo na captación de datos.
O tema a tratar seralle proposto ó profesor antes do 27 de abril de 2014. De ter a súa conformidade, os traballos poderán entregarse en calquera momento, sendo o prazo límite o do data oficial de exame final (xuño). En ningún caso se aceptarán traballos entregados fóra deste prazo.
A extensión estará comprendida entre as 5.000 e 7.000 palabras, incluídas táboas e notas a pé de páxina (se exclúen anexos). A entrega deberá facerse en soporte electrónico. Prégase a elaboración do traballo en programas de uso habitual (Word; Excel; Power Point).
Na avaliación do traballo consideraranse os seguintes criterios: complexidade do tema escollido (ata 0,10 puntos, 10%); presentación, claridade e orixinalidade expositiva (ata 0,15 puntos, 15%); metodoloxía (deseño, formulación; estratexia de investigación; fontes documentais) (ata 0,6 puntos, 60%) e contribución persoal (ata 0,15 puntos, 15%). Cada un dos criterios terá un peso na nota final do traballo correspondente á porcentaxe que figura entre paréntese.
No caso de non acadar un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas da modalidade A, entenderase non superada a materia. Para superala, na convocatoria extraordinaria, a/o alumna/o deberá facer un novo exame, que será cualificado como “apto” ou “non apto”. No caso de que obteña a cualificación de “apto”, recibirá, como nota final da materia, un Aprobado (5).
MODALIDADE B: ALUMNOS SEN PRESENZA REGULAR NAS CLASES:
A avaliación dos alumnos que non acrediten unha presenza regular nas clases ten un carácter individual e se basea na realización dun exame final. Na data oficial as/os alumnas/os interesados que sigan esta modalidade de avaliación realizarán unha proba teórica que se puntuará sobre 10. Se considerará aprobado o exame cando a nota obtida sexa igual ou superior a 5 puntos. Sen embargo, compre observar que aínda que o resultado do exame sexa superior a 6 puntos, a nota máxima que se concederá no exame será a de “Aprobado” (6 puntos).
Tempo de estudo e traballo persoalSe estima unha dedicación semanal de alomenos 2 horas para repasar os contidos das sesións expositivas. En canto aos seminarios, dependendo do seu contido, calcúlase unha atención semanal de entre 2 horas e 5 horas.