G3011354 - Marketing de Xestión (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 2.50
- Total: 37.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO ensino da materia “Marketing de Xestión” persigue como obxectivo principal o de introducir á/ó alumna/o nos procesos de deseño, xestión, comunicación e imaxe dos servizos públicos. Como obxectivos secundarios pretende:
- Dar a coñecer a utilidade do emprego de técnicas de marketing no ámbito público.
- Reflexionar sobre o papel que na actualidade revisten as relacións das Administracións cos cidadáns.
- Comprender o encaixe que o marketing ten dentro do proceso de elaboración de políticas públicas.
- Examinar unha nova vertente do fenómeno da modernización das Administracións.
- Entender o proceso de deseño de servizos.
- Afondar nos principios básicos da comunicación interna e externa no ámbito institucional.
- Analizar o impacto das TIC’s e, en concreto, das prácticas de administración e goberno electrónico na provisión de servizos.
- Estudar o rol da cidadanía na provisión de servizos.
ContidosTema 1. Introducción: Modernización e Reinterpretación do Servizo Público
Contido: Reflexión sobre a transformación da atención á cidadanía dende a NXP; proxectos de modernización e atención ó cidadán; políticas públicas e servizos públicos.
Tema 2. O Campo de Aplicación do Marketing Público
Contido: Bases do marketing público; estudos realizados; definición e campo de traballo; conceptos básicos; aplicación á Administración pública; teoría xeral da aplicación ó sector público e visión do marketing público; tipos de marketing. Significación do papel das Administracións Públicas como ofertantes de servizos; o debate cliente-usuario.
Tema 3. As aplicacións internas do Marketing á Xestión
Contido: Estudio de demandas e necesidades; Deseño de organizacións e servizos; Planificación; Marketing Interno.
Tema 4. A Xestión do Marketing Público: Método
Contido: Revisión dos principais conceptos do marketing público; investigación de mercados; planificación estratéxica de marketing; Marketing mix; deseño de servizos, implantación e avaliación.
Tema 5. Marketing e novas canles de acceso ó cidadán: e-goberno; e-administración; e-gobernanza
Contido: As TIC’s e as Administracións públicas: oportunidades, problemas e desafíos; Administración e goberno electrónicos.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Chías, J. (1995), Marketing Público. Madrid: McGraw-Hill.
Kotler, P. y Lee, N. (2007), Marketing en el Sector Público. Madrid: Pearson.
Rufín, R. y Medina, C. (2012), Marketing Público. Investigación, Aplicaciones y Estrategia. Madrid: ESIC.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA RECOMENDADA PARA ALUMNAS/OS ERASMUS:
Kotler, P. y Lee, N. (2006), Marketing in the Public Sector. Wharton School Publishing.
Proctor, T. (2007), Public Sector Marketing. Harlow: Pearson Education.
CompetenciasÓ remate da materia, é de esperar que as/os alumnas/os adquiran diversas competencias:
- Coñecer o proceso de provisión de servizos no contexto da implementación de políticas públicas.
- Entender e aplicar os principais conceptos relacionados coa introducción das técnicas de marketing público e non lucrativo.
- Deseñar plans de marketing público, non lucrativo, institucional e social.
- Coñecer os principios básicos da servucción.
- Entender as oportunidades do emprego das TIC’s no deseño de servizos, así como das prácticas de administración e goberno electrónicos.
- Coñecer as vías de participación cidadá na provisión de servizos.
Metodoloxía da ensinanza Durante o curso 2013-14, a materia Marketing de Xestión articúlase en torno á explicación teórica de cada un dos temas que conforman o programa e á realización de seminarios que pretenden reforzar os coñecementos e habilidades. Igualmente, intentando simplificar a comprensión da materia impartida, ó longo do curso fornécese información adicional (táboas, cadros, etc.) como documentación auxiliar de estudio.
Sistema de evaluaciónA avaliación organízase do xeito que se expón:
- As/os alumnas/os que participen regularmente no desenvolvemento das clases poderán acceder á modalidade de avaliación A.
- As/os alumnas/os que non asistan con regularidade ás clases accederán directamente á modalidade de avaliación B.
Tendo en conta a súa particular planificación do curso, a/o alumna/o pode, se o desexa, comunicar ó docente dende principios do curso a qué modalidade quere acollerse. Isto se suxire, en especial, a aquelas persoas que por motivos de traballo non poidan asistir con regularidade.
MODALIDADE A: PRESENZA REGULAR NAS CLASES
A avaliación combinará a realización de exercicios de carácter individual e grupal, obrigatorios e voluntarios.
Compoñente individual (60% da nota final):
1) Proba Práctica (30% da nota final): consiste na resposta a un caso práctico relacionado co desenvolvemento das principais competencias da materia. A proba será comunicada ao alumnado durante a última sesión do ano (anterior ao Nadal) e o prazo de entrega de respostas –improrrogable- abranguerá ata o 7 de xaneiro de 2013. Recibirá unha valoración máxima de 3 puntos.
2) Exame final (20% da nota final): consiste na realización dunha proba escrita breve que vai abranguer a totalidade dos temas impartidos. Esta proba, que terá lugar na data oficial do exame final, recibirá unha valoración máxima de 2 puntos. A estrutura do contido desta proba e a súa puntuación serán comunicadas con antelación.
3) Asistencia, participación e esforzo (10% da nota final): a avaliación final premiará a constancia das/os alumnas/os no seguimento das sesións, así como a súa participación e esforzo. Para isto, á marxe da realización (aleatoria) de controis de asistencia ás sesións expositivas e seminarios, o responsable da materia terá en conta a actitude mostrada por cada alumna/o ó longo do curso.
Compoñente grupal (30% da nota final):
4) Exercicios Prácticos: Moitos dos seminarios que se van organizar esixen a colaboración das/os alumnas/os, tanto no que atinxe á participación activa durante o seu desenvolvemento como no tocante á súa preparación (lecturas). Co fin de evitar a sobrecarga de todo o grupo de matriculados, máis sen renunciar ó necesario traballo de preparación, farase unha distribución do esforzo de xeito que as/os alumnas/os organizados en grupos asuman de xeito rotatorio a preparación dos diversos temas de traballo. Para elo, deberán conformarse equipos de traballo (entre 3 e 5 individuos por equipo) cuxa composición deberá ser comunicada á maior brevidade.
Compoñente Mixto (individual / grupal) (10% da nota final):
5) Traballo voluntario: Consiste na elaboración dun traballo inédito, de carácter voluntario, segundo as normas que se fixan a continuación:
O traballo terá un carácter individual ou grupal (cun máximo de 2 alumnos), e consistirá en:
- Unha análise crítica sobre un feito de actualidade vinculado cos contidos do programa.
- Unha análise dalgunha experiencia de organización ou xestión relacionada co programa.
- O deseño dun caso práctico no que se combinen os contidos do programa.
Valoraranse especialmente os traballos que teñan unha dimensión empírica ou aqueles nos que o problema abordado, pola dificultade de acceso ás fontes, esixan do alumno un especial esforzo na captación de datos.
O tema a tratar seralle proposto ó profesor antes do 26 de novembro de 2013. De ter a súa conformidade, os traballos poderán entregarse en calquera momento, sendo o prazo límite o do data oficial de exame final. En ningún caso se aceptarán traballos entregados fóra deste prazo.
A extensión será dun mínimo de 5.000 e un máximo de 7.000 palabras (anexos non incluídos). A entrega deberá facerse en soporte electrónico (“.doc”; “.pdf” ou “.ppt”).
Na avaliación do traballo consideraranse os seguintes criterios: complexidade do tema escollido (ata 0,1 puntos); presentación, claridade e orixinalidade expositiva (ata 0,15 puntos); método (deseño, formulación; estratexia de investigación; fontes documentais) (ata 0,6 puntos) e contribución persoal (ata 0,15 puntos).
No caso de non acadar un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas da modalidade A, entenderase non superada a materia. Para superala, na convocatoria extraordinaria, a/o alumna/o deberá facer un novo exame, que será cualificado como “apto” ou “non apto”. No caso de que obteña a cualificación de “apto”, recibirá, como nota final da materia, un Aprobado (5).
MODALIDADE B: ALUMNOS SEN PRESENZA REGULAR NAS CLASES:
A avaliación dos alumnos que non acrediten unha presenza regular nas clases ten un carácter individual e se basea na realización dun exame final. Na data oficial as/os alumnas/os interesados que sigan esta modalidade de avaliación realizarán unha proba teórica que se puntuará sobre 10. Se considerará aprobado o exame cando a nota obtida sexa igual ou superior a 5 puntos. Sen embargo, compre observar que aínda que o resultado do exame sexa superior a 6 puntos, a nota máxima que se concederá no exame é a de “Aprobado” (6 puntos).
Tempo de estudo e traballo persoalSegundo as directrices da memoria do plano de estudos (2008), a dedicación da/o alumna/o á materia estímase que debe ser a seguinte: o estudo dos contidos das sesións expositivas e seminarios esixirá un promedio de 10 a 12 horas mensuais (máximo 45 horas por materia); a preparación dos traballos grupais de seminario descritos no apartado “Metodoloxía e Avaliación” non debería requerir máis de 15 horas; e a realización do traballo voluntario estímase nun máximo de 15 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaPara o seguimento da materia, á marxe da asistencia a clase, aconséllase o manexo dos diversos manuais xerais indicados; o uso de recursos electrónicos (Internet); e a consulta dos fondos bibliográficos da USC nas bibliotecas “Concepción Arenal” (Dereito, Cc.Políticas e Relacións Laborais); Cc. da Comunicación e Cc.Económicas e Empresariais.