Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

G3011356 - Goberno Local (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 37.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MARQUEZ CRUZ, GUILLERMO MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos específicos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) están centrados no coñecemento dos seguintes contidos: coñecer os fundamentos do Goberno Local desde a Ciencia Política e da Administración. Analizar en perspectiva comparada os modelos do Goberno local e do sistema político-administrativo local español. Coñecemento da dinámica política e das peculiaridades da xestión e das políticas públicas locais.
    Contidos
    Os contidos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) abórdanse desde o enfoque formal e material da Ciencia Política e da Administración. En concreto, o contido do curso correspóndese cos descritores asignados á materia no citado Plan de Estudos:

    Tema 1. O Goberno local: marco conceptual, enfoques teóricos e modelos comparados.
    Tema 2. O sistema político-administrativo local. Os paradigmas de Goberno Local en España: desde as Cortes de Cádiz á actualidade (séculos XIX ao XXI).
    Tema 3. Os tipos de Entidades locais: organización e modelos de estrutura administrativa.
    Tema 4. Os sistemas electorais e os sistemas de goberno nas Entidades locais.
    Tema 5. O marco competencial: os servizos públicos e as políticas públicas locais.
    Tema 6. Os medios e instrumentos para a xestión pública local.
    Tema 7. O marco relacional do Goberno local: as relacións intergobernamentais, gobernanza e goberno multinivel.
    Tema 8. A participación cidadá.
    Tema 9. Os sistemas de control e a ética pública local.

    Bibliografía básica e complementaria
    -ALBA TERCEDOR, C. y VANACLOCHA BELLVER, F.J. (eds.) (1997): El sistema político local: un nuevo escenario de gobierno, Madrid, Universidad Carlos III de Madrid/BOE.

    -BLANCO, I. y GOMÀ, R. (coords.) (2002): Gobiernos locales y redes participativas, Barcelona, Ariel.

    -BRUGUÉ, Q. y GOMÀ, R. (coords.) (1998): Gobiernos locales y políticas públicas, Barcelona, Ariel.

    -CANALES ALIENDE, J. M. y PÉREZ GUERRERO, P. (2002): Introducción al Gobierno y a la Gestión local, Alicante, Editorial Club Universitario.

    -CENTELLES PORTELLA, J. (2006): El buen gobierno de la ciudad. Estrategias urbanas y política relacional, Madrid, INAP / Institut Internacional de Governabilitat de Catalunya.

    -Cosculluela Montaner, L. y Medina Alcoz, L. (dirs.) (2012): Crisis económica y reforma del régimen local, Cizur Menor, Civitas /Thomson Reuters.

    -CUENCA CERVERA, J.J. (2010): Manual de dirección y gestión de recursos humanos en los gobiernos locales, Madrid, INAP.

    -FUENTETAJA PASTOR, J.A. y FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, C. (coord.) (2012): Manual de Derecho Local, Madrid, Iustel.

    -FONT, J. (coord.) (2001): Ciudadanos y decisiones públicas, Barcelona, Ariel.

    -JUNTA DE ANDALUCÍA (2003): Manual de mejora de la Gestión pública local, Sevilla, Junta de Andalucía, Consejería de Gobernación, Dirección General de Administración.

    -LONGO, F. (dir.) (1996): Informe Pi i Sunyer sobre Gobierno local en las democracias avanzadas, Barcelona, Fundación Carles Pi i Sunyer d’Estudis Autonòmics i Locals.

    -LOUGHLIN, J. (coord.) (1999): La democracia regional y local en la Unión Europea, Luxemburgo, Comité de las Regiones: Oficina de Publicaciones de las Comunidades Europeas.

    -MÁRQUEZ CRUZ, G. (1995): O Goberno local en España: procesos de transición e normalización política, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública.

    -MÁRQUEZ CRUZ, G. (1997a): “El sistema político local en España: de las Cortes de Cádiz a la Restauración (1810-1923)”, en FERNÁNDEZ PRIETO, L.; NÚÑEZ XEIXAS, X.M.; ARTIAGA REGO, A. y BALBOA, X., Poder local, élites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936), Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia/ Universidade: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, págs. 29-140.

    -MÁRQUEZ CRUZ, G. (1997b): “Transición y normalización del sistema político local en España”, en ALBA TERCEDOR, C. y VANACLOCHA BELLVER, F.J. (eds.), El sistema político local: un nuevo escenario de gobierno, Madrid, Universidad Carlos III de Madrid/BOE, págs. 141-204.

    -MÁRQUEZ CRUZ, G. (2007): Política y Gobierno local. La formación de gobierno en las Entidades locales en España, Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, contiene un Anexo documental en CD-Rom.

    -PASCUAL ESTEVE, J.M. (2011): El papel de la ciudadanía en el auge y decadencia de las ciudades. El fin del gerencialismo o la recuperación de lo público y sus actores, Valencia, Tirant lo Blanch

    Na Guía Docente figura a bibliografía básica e complementaria para cada tema, así como na Programación de Temas.

    Competencias
    Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais; e, as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).

    1. As competencias xenéricas ou transversais

    1.1 Capacidade para o autoaprendizaxe.
    1.2 Capacidade de organización, de planificación e de traballo en equipo.
    1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
    1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
    1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
    1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación.
    1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
    1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
    1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
    1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
    1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
    1.12 Capacidade de razoamento crítico.
    1.13 Capacidade de tomar decisións.
    1.14 A ética de servizo público.

    2. As competencias que adquire o estudantado na materia de Goberno Local, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria do Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:

    2.1 Coñecementos disciplinares (saber):

    2.1.1 Comprender o marco teórico dos procesos de distribución do poder estatal, o goberno multinivel e os enfoques teóricos sobre o Goberno Local.
    2.1.2 Comprender o contexto histórico do Goberno Local, a partir do século XIX, os fundamentos ideolóxicos e os modelos comparados contemporáneos.
    2.1.3 Comprender a forma de goberno, e a estrutura, organización e o funcionamento das Administracións locais en España, en particular, das Entidades locais de estatuto constitucional.
    2.1.4 Comprender o marco legal da actividade competencial das Entidades locais.
    2.1.5 Comprender a xestión administrativa, a formulación de políticas públicas locais, relacións multinivel, a gobernanza, e a dimensión económica do sector público local.

    2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):

    2.2.1 Capacidade para relacionar os contidos básicos da materia, establecidos no temario, cos adquiridos noutras disciplinas que achegan coñecementos transversais.
    2.2.2 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a realización de estudos de caso nas Entidades locais.
    2.2.3 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a realización de recensións críticas de textos relacionados coas Entidades locais.
    2.2.4 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a análise de casos relacionados coas Entidades locais.

    En resumo, ao finalizar o curso, o estudantado deberá ser capaz de adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e habilidades propias da materia, de ferramentas de aprendizaxe e das actitudes específicas.

    Metodoloxía da ensinanza
    O Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) establece unha nova orientación metodolóxica no ensino universitario, que distingue dous tipos e cargas de traballo: o realizado na aula e o traballo persoal do estudantado. Igualmente, faise constar que a asistencia ás clases de contido teórico (clases expositivas), clases de orientación práctica (clases interactivas) e ás sesións destinadas a Titorías é obrigatoria, así como a realización das actividades programadas para superar a avaliación da materia.

    a) Nas clases expositivas, cunha duración de 25 horas (1 hora e media lectivas semanais), desenvólvese o contido do programa seguindo a secuencia de temas e ofrécese ao estudantado un esquema básico para seguir as explicacións e a integración dos diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.), co obxecto de favorecer as capacidades autodidactas e o traballo persoal.

    b) As clases interactivas constan en total de 5 horas. As sesións teñen carácter obrigatorio e consistirán na discusión da temática previamente establecida na Programación correspondente, cuxas conclusións se presentarán por escrito. Igualmente, nestas sesións poderanse programar, no seu caso, actividades externas á Facultade como, por exemplo, visitas institucionais, etc.

    c) Nas sesións destinadas a Traballos Tutelados (5 horas) e Titorías (2,5 horas) levarase a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas persoais, así como a entrega e/ou discusión das actividades programadas.

    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación da materia están fixados no Plan de Estudos (USC, 2008) son:
    -Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas.
    -Actividades obrigatorias realizadas nas clases interactivas: comentarios de texto, traballos individuais e/ou en grupo.
    -Exame final.

    En consecuencia, de acordo coa metodoloxía establecida no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), a aplicación cualitativa dos aspectos a avaliar concrétase nun sistema de avaliación continua, segundo uns criterios e instrumentos co peso correspondente na cualificación final:

    Sobre un total de 10 puntos, a distribución da cualificación final é a seguinte:

    -O 55 % da cualificación corresponde ao Exame final e á asistencia e participación nas clases expositivas.
    -O 45 % da cualificación corresponde á realización dos traballos obrigatorios e á asistencia e participación nas clases interactivas. A entrega fóra de prazo establecido dos traballos obrigatorios esixidos nas clases interactivas será penalizada con o cincuenta por cento da cualificación establecida para cada actividade.

    O alumnado que se presente ao exame final deberá ter acreditada a realización dos traballos ou actividades obrigatorias das clases interactivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
    -Clases expositivas: 25 h.
    -Clases interactivas: 5 h.
    -Traballos Tutelados: 3 h.
    -Titorías: 4,5 h.
    TOTAL: 25 h.

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
    -Estudo individual do alumno: 45 h.
    -Preparación de traballos e exposicións en grupo: 15 h.
    -Realización de traballos individuais: 15 h.
    TOTAL: 75 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Respecto ao estudo da materia recomendamos, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada tema (Programación de Temas), co obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos. Igualmente, estas actividades están orientadas para as clases de recapitulación nas que o estudantado poderá expor as súas dúbidas e suscitar cuestións de interese. En canto á realización dos traballos obrigatorios para as clases expositivas, indícase que deben ser entregados nas datas programadas, ou pola contra terán unha penalización do cincuenta por cento da cualificación establecida ao efecto.

    Por último, o estudantado disporá na aula VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.

    Observacións
    Normas xerais do sistema de avaliación continua, referidas á asistencia ás clases expositivas e interactivas e sobre comportamentos de plaxio e falsidade.

    1. A asistencia ás clases e ás actividades complementarias son obrigatorias, de acordo co réxime do Grao en Ciencia Política e da Administración, e segundo a “Normativa de asistencia a clase das ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior”, aprobada polo Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010. En consecuencia, non se terá en conta para a cualificación no sistema de avaliación continua as asistencias ás clases expositivas e interactivas que non superen, respectivamente, o 75 % do total das previstas no curso.

    2. Sobre plaxio e falsidade: o plaxio nos traballos escritos e a falsificación ou suplantación nas listas de asistencia, suporá de maneira automática a anulación das cualificacións correspondentes.