P3211102 - Microeconomía e Sector Público (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada, Departamento Externo
- Áreas: Economía Aplicada, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo deste curso é proporcionar unha introdución á análise económica do Sector Público: a xustificación da súa existencia, a interrelación co resto de axentes económicos e o seu papel como estabilizador da economía. Tamén se fará fincapé nos incentivos que motivan aos individuos que compón o Sector Público.
ContidosPRIMEIRA PARTE: INTRODUCIÓN.
1. O Sector Público e o mercado.
1.1. O Sector Público nunha economía mixta.
1.2. A economía do benestar e a eficiencia no sentido de Pareto.
1.3. Eficiencia dos mercados competitivos: supostos implícitos.
2. Xustificación para a intervención do Estado: Eficiencia
2.1. Tipos de intervención pública.
2.2. Os fallos do mercado.
3. Xustificación para a intervención do Estado: Equidade e paternalismo.
3.1. Xustiza económica e redistribución.
3.2. Os bens públicos e os bens preferentes.
SEGUNDA PARTE: ELECCIÓN SOCIAL E IMPOSTOS.
4. A elección pública.
4.1. Mecanismos para asignar os recursos: privados e públicos.
4.2. A elección pública.
4.3. Grupos de presión e burocracia.
4.4. Os fallos do Sector Público.
5. Os gastos sociais.
5.1. O Estado do Benestar: Distribución do gasto público en sanidade, educación e vivenda.
5.2. Gasto público en prestacións económicas: a Seguridade Social como xestor das pensións. Os programas de loita contra a pobreza. O Gasto Público en atención á Dependencia.
6. Os impostos.
6.1. Características desexables dun sistema tributario.
6.2. Redistribución: a carga fiscal.
6.3. Eficiencia: Exceso de gravame.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Albi, E. e outros. Economía Pública I, Ariel Economía, (3ª edición) 2009.
Albi, E. e outros. Economía Pública II, Ariel Economía, (3ª edición) 2009.
Stiglitz, J.E. La Economía del Sector Público, Antoni Bosch ed., 3ª edición.
Bibliografía complementaria:
Albi, E. e outros. Teoría de la Hacienda Pública, Ariel Economía, 1999.
Atkinson, A.B. e Stiglitz, J.E. Lecciones sobre Economía Pública, Instituto de Estudios Fiscales.
Stiglitz, J.E. e outros. El Papel Económico del Estado. Instituto de Estudios Fiscales.
Competencias* Competencias xenéricas
o Pensamento crítico: analizar a coherencia dos xuízos propios e alleos e valorar as implicacións prácticas das decisións e propostas considerando a súa relación cos dereitos das persoas.
o Pensamento analítico: análise de situacións complexas, iniciativa propia.
o Traballo en equipo: ser capaz de dirixir grupos de traballo, asegurando a integración dos seus membros e a súa orientación a un rendemento elevado.
* Competencias específicas
o Coñecementos sobre as principais achegas do pensamento microeconómico na área do sector público.
o Comprender a importancia da microeconomía na contorna sociopolítica e no sector público.
o Coñecemento nos ámbitos da terminoloxía, a metodoloxía, os principios e as teorías, de forma que o alumno poida explicar, distinguir, valorar e realizar propostas sobre os distintos temas que estuda a microeconomía, aplicada ao Sector Público.
o Ser capaz de aplicar os coñecementos a situacións concretas e problemas novos.
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvolverase mediante a exposición de clases teóricas e a realización de exercicios prácticos. Nas clases teóricas explicaranse os conceptos contidos en cada tema mediante a utilización de razoamentos verbais e, no seu caso, gráficos.
Periodicamente realizaranse exercicios ou problemas relativos á materia estudada. En ámbolos casos, potenciarase a participación dos alumnos, tanto á hora de preguntar dúbidas, como á de comentar cuestións actuais da materia obxecto de estudo.
As prácticas consistirán na corrección de exercicios e comentarios de texto previamente realizados polos alumnos, sobre temas de actualidade relacionados coa microeconomía e o Sector Público.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá lugar mediante un exame dirixido a valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. Este exame suporá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades prácticas programadas (exercicios, casos prácticos, entrega de traballos, exposicións), así como a súa participación activa nas clases suporá o 40% da cualificación.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Tempo de estudo e traballo persoalSegundo consta na memoria do Máster en Xestión Pública, os alumnos ademais das diferentes clases e titorías, deberán dedicar unha media de 50 horas ao estudo, 25 para a preparación dos traballos e exposicións, e 25 horas para a realización de traballos individuais.
Recomendacións para o estudo da materiaNon existen requisitos previos para cursar esta materia, pero é recomendable que o estudante dispoña de coñecementos básicos de Economía Política e Facenda Pública.