P3211103 - Dilemas Actuais do Sector Público (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObrigadas a respostar simultáneamente aos compromisos de legalidade, eficiencia, celeridade, información e control, é frecuente que as Administracións Públicas de tódolos níveis teñan que afrontar certos dilemas de xestión que obrigan a priorizar uns principios sobre outros, ou mesmo a desbotar uns en beneficio de outros.
Dado que a xestión pública é unha ciencia con regras determinadas e experiencias analizables, a definición dos dilemas só pode facerse a partir dun coñecemento exhaustivo das teorías, dos métodos e das técnicas de abordaxe das distintas situacións xeradas polas demandas dos administrados ou pola xestión de oficio dos intereses do sector público. E por iso o alumno virá obrigado a coñecer o estado actual do concepto, desenvolvemento e perspectivas do Estado de Benestar, a teoría e práctica da regulación pública, a evolución da Administración pública cara as formas actuais de xestión pública (Public Management), e os procesos de toma de decisións nas súas diferentes fases.
Contidos1. O Estado de benestar: antecedentes, estado actual da cuestión e perspectivas.
2. A crise do Estado de benestar a partir de 1973: os criterios de sostibilidade, extensibilidade e lexitimidade na análise do modelo europeo de benestar.
3. O dilema sobre a reforma ou a redución do Estado de benestar en perspectiva comparada: o impulso da xestión pública eficiente.
4. Da administración á xestión. Os principios de legalidade e eficiencia: unha comparación a partir do modelo ideal de Wéber. Burocracia, servidores públicos e tecnocracia: as distintas formas de entender o emprego público.
5. Os conceptos de reforma e modernización administrativa e a súa aplicación ao Estado de benestar. A ofimática como instrumento de modernización. A aplicación das TIC á xestión pública.
6. A toma de decisións no sector público. Dilemas. Procesos de información. Asesoramento. Decisións de autoridade versus decisións de resposta.
7. O papel dos cidadáns nos procesos de xestión. A acción social como correlato da xestión pública.
8. A información como instrumento de xestión. A información nos procesos de cambio. O papel da información na xestión das crises. A democracia comunicativa dende a perspectiva da xestión pública.
Bibliografía básica e complementariaDahl, R.A. (1982): Dilemmas of Pluralist Democracy. New Haven, Conn.: Yale University Press.
Durupty, M. (1980): "Management et principe de legalité". En: Revue Française d'Administration Publique, vol. 15, pp. 557-559.
García-Pelayo, M. (1974): Burocracia y Tecnocracia. Madrid: Alianza Universidad.
Giannini, M.S. (1991): El poder público. Estados y administraciones públicas. Madrid: Civitas.
Hayek, F. A. (1960): The Constitution of Liberty. Londres: Routledge. [Ed. castellana (1960 y 1991): Fundamentos de la libertad. Madrid: Unión Editorial].
Hayek, F.A. (1985): Derecho, legislación y libertad. Madrid: Unión Editorial. [Edic. orig. (1982): Law, Legislation and Liberty].
Kaufman, H. (1971): The Limits of Organizational Change. Alabam: University of Alabama Press.
Landau, M., y Stout, R. (1979): "To Manage is not to Control: Or the Folly of Type II Errors". En: Public Administration Review, vol. 39, pp. 148-156.
March, J.G., y Olsen, J.P. (1983): “Organizing Political Life: What Administrative Reorganization Tell Us abou Government". En: American Political Science Review, vol. 77. Pp. 281-296.
Metcalfe, L. & Richards, S. (1991) La modernización de la gestión pública. MAP. Madrid.
Meynaud, J. (1974): Problemas ideológicos del siglo XX. Barcelona.
Mouzelis, Nicos P. (1975): Organización y burocracia. Península. Barcelona.
Osborne, D. & Gaebler, T. (1994): La reinvención del gobierno: la influencia del espíritu empresarial en el sector público. Barcelona: Paidós.
Salomón, J.J. (1970): Science et politique. París.
Thoenig, J.-C. (1988): La Modernisation de la Fonction Publique dans les Etats membres de la Communaute Europeenne. Maastricht: Institut Europeenne d'Administration Publique (IEAP).
Tofler, A. (1985): The Adaptative Corporation. Aldershot: Gower.
CompetenciasOs alumnos que cursen esta asignatura deberán ser competentes para analizar os actos e procesos de administración e goberno con criterios técnicos, e para expoñe e comunicar as súas conclusións mediante informes verbais ou escritos de alta calidade, auxiliados polas técnicas de comunicación audiovisual.
Para eso celebraranse sesións de exposición práctica que permitirán unha avaliación continuada do proceso de formación.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento das clases presenciais adaptarase en todo ao modelo de avaliación escollido (ver apartado seguinte). Dita adaptación pode incluir o cambio de horas lectivas por actividades de estudio en grupo, a acumulación de clases para lograr espacios de exposición máis amplos, e mesmo a impartición das clases en lugares adecuados para a realización de tarefas relacionadas cos medios audiovisuais.
As clases expositivas servirán para que o profesor explique o marco teórico xeral da asignatura.
As titorías e clases prácticas servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver a cuestións persoais que os alumnos necesiten plantexar.
A asistencia ás clases é obrigatoria, e formará parte da cualificación na forma en que se explica no apartado correspondente. O profesor fará controis de asistencia, diarios ou aleatorios, e aplicará os seus resultados á cualificación.
Sistema de evaluaciónA base principal para a avaliación da asignatura será a realización e exposición dun traballo académico no que se valorará o coñecemento xeral da materia, os aspectos formales da súa presentación (bibliografía, estructura e índice, información gráfica, fontes e investigacións realizadas polo propio grupo), e a exposición pública en horario lectivo. Tamén se valorará a orixinalidade dos soportes utilizados para a exposición, e o enfoque xeral do mesmo.
Os alumnos formarán grupos de traballo de acordo coas súas preferencias, para elaborar e presentar un estudio sobre cada tema dos propostos. No caso de que un grupo desexase abordar outro tema, ou adoptar outro enfoque, deberá consultalo co profesor.
Os grupos terán unha composición entre un mínimo de 4 e un máximo de 7 persoas.
Os traballos realizados serán expostos na clase, e serviránlle ao profesor como base para a docencia. A asistencia ás sesións de exposicións é obrigatoria, e ten a mesma función avaliadora e os mesmos mecanismos de control que as clases maxistrais do profesor
As exposicións deberán realizarse nun tempo máximo de 60 minutos.
Compoñentes da avaliacióin:
a) Asistencia ás clases: 30 % (ata 3 puntos)
b) Realización e exposición de traballos: 40 % (ata 4 puntos)
c) Exame final -se o houbera-: 30 % (ata 3 puntos). Se tódolos alumnos matriculados se incorporan aos grupos de traballo e culminan a súa exposición, ésta poderá substituir ao exame final, e acumular no seu valor o 30 % da cualificación reservado inicialmente ao exame.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemáis do traballo asignado en horas presenciais, titorías e prácticas, o alumno precisará 50 horas de traballo persoal, que debe programar ao longo do cuadrimestre en consonancia co ritmo e as tarefas do ensino presencial.
ObservaciónsÉ obrigada, conforme aos Estatutos vixentes da USC, e á normativa do máster, a asistencia á clase do alumno salvo causa de forza maior xustificada. O alumno que infrinxa a norma non terá dereito a ser avaliado.