P3211105 - Habilidades Directivas (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon esta materia trátase de proporcionar ao alumno as ferramentas esenciais para a direción e xerencia das organizacíóns públicas e instruirlle na selección, formación, dirección e liderado de equipos. Asemade, preténdese promover o análise crítico no coñecemento dos marcos teóricos e metodolóxicos do proceso de toma de decisións públicas, desenvolver a capacidade de traballo individual e de traballo en equipo, aprendendo a identificar as ideas máis importantes e expresalas sintéticamente de forma oral e escrita.
Contidos1. A innovación, a nova xestión pública e a función pública directiva.
2. A planificación e a xestión estratéxica nas organizacións públicas.
3. A toma de decisións públicas.
4. A xerencia pública. Liderado e traballo en equipo.
5. Selección e formación de equipos. Técnicas de traballo en equipo.
6. Habilidades de comunicación dos directivos públicos.
Bibliografía básica e complementaria- Barzelay, Michael “La Nueva gestión Pública”, México, 2003.
- Brugué Quim y Subirats Joan, Lecturas de Gestión Pública, MAP, Madrid, 1996.
- Olías de Lima Gete, Blanca. La Nueva Gestión Pública, Prentice Hall, Madrid, 2001.
- Sánchez Morón, Miguel "La función pública directiva en Francia, Italia y España", INAP, Madrid, 2007.
- Udaondo Durán, Miguel, “La calidad en el estilo gerencial: el liderazgo”, en Gestión de Calidad, Díaz de santos, Madrid, 1992.
- Velázquez López, Francisco Javier “Liderazgo y trabajo en equipo en las administraciones públicas”, en Natera, Antonio y Vanalocha. Universidad Carlos III de Madrid, 2005.
- Villoria Mendieta, Manuel “El liderazgo en las organizaciones públicas: problemas metodológicos y éticos”, en Natera, Antonio y Vanalocha. Universidad Carlos III de Madrid, 2005.
-VVAA "La política de la gestión de la crisis: El liderazgo público bajo presión". INAP, Madrid, 2007.
-Wheten David, A, Kameron, Kim S. "Desarrollo de habilidades directivas". México: Pearson Educación, 2005.
CompetenciasCoñecer e comprender os elementos centrais do proceso de toma de decisións públicas e o papel que xogan os directivos e os xerentes públicos.
Metodoloxía da ensinanza Nesta materia combinaranse as leccións maxistrais coa realización de seminarios e debates sobre contidos básicos da materia. Valorarase ademais a realización de clases prácticas nas que se exporá aos/ás alumnos/as un caso práctico que terán que solucionar. Por último, o traballo continuado na aula que o profesor recollerá periodicamente terá un especial valor.
Sistema de evaluación- A asistencia a clase é requisito indispensable para a superación da materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
- Os alumnos realizarán un exame final de carácter teórico que computará o 70% da cualificación total da materia.
-Asemade os alumnos farán un traballo individual titorizado polo profesor, onde se plantexará unha estratexia de dirección dun organismo público no referente a organización do traballo en equipo e a toma de decisións públicas. Todos os traballos deberán ser expostos na clase, e a súa cualificación suporá un 20% da nota final da materia.
-Durante as clases interactivas faranse prácticas en grupo e individuais, que serán necesarias para superar a materia, e que xunto coa participación na clase computarán un 10% no cálculo da nota final.
-Os alumnos repetidores que tiveran asistido a clase en cursos anteriores deberán realizar un traballo individual que suporá o 20% da nota, e un exame que representará o 80% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalSegundo consta na memoria do Master en Xestión Pública, os alumnos ademais das diferentes clases e titorías, deberán adicar unha media de 50 horas ao estudo, 25 para a preparación dos traballos e exposicións, e 25 horas para a realización de traballos individuais.