Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

P3211107 - Xestión Financeira (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao estudante as ferramentas e elementos esenciais da xestión orzamentaria e financeira das organizacións públicas, así como unha visión xeral dos distintos modelos e técnicas de xestión financeira.
    Contidos
    TEMA 1: CONCEPTOS BÁSICOS
    1.1 Os ingresos públicos.
    1.2 Os gastos públicos.
    1.3 O déficit público e a débeda pública.
    1.4 A planificación económica.

    TEMA 2: O ORZAMENTO
    2.1 O orzamento: concepto e naturaza. Os principios orzamentarios.
    2.2 O ciclo orzamentario.
    2.3 Procedementos especiais de gastos: gastos plurianuais e de tramitación anticipada. A prórroga do orzamento.
    2.4 As modificacións do orzamento. Os créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Xeracións, ampliacións, incorporacións e trasferencias.
    2.5 Outras operacións sobre os créditos: especial referencia ás realizadas con motivo do peche do exercicio. Os anticipos de tesourería.

    TEMA 3: O CONTROL DA XESTIÓN FINANCEIRA
    3.1 Concepto e tipos de control.
    3.2 O control interno da xestión financiera. A función interventora.
    3.3 Órganos de control externo da actividade financeira.

    TEMA 4: O ESTADO DAS AUTONOMÍAS COMO PROCESO ECONÓMICO
    4.1 O financiamento das Comunidades Autónomas
    4.2 O financiamento local

    TEMA 5: O ORZAMENTO DA UNIÓN EUROPEA
    5.1 Os ingresos
    5.2 A planificación plurianual dos gastos

    TEMA 6: A INTEGRACIÓN ECONÓMICA
    6.1 A dimensión económica do proceso de integración europea
    6.2 A Unión Económica e Monetaria
    6.3 Outras experiencias de integración económica
    6.4 Retos da integración económica no século XXI

    Bibliografía básica e complementaria
    ALBI, E., J.M. GONZÁLEZ-PARAMO e I. ZUBIRI (2009) Economía Pública, Ariel.

    ARNAL SURIA, S. e J.M. GONZÁLEZ PUEYO Manual de Presupuestos y Contabilidad de las Corporaciones Locales, El Consultor de los Ayuntamientos y de los Juzgados.

    FERREIRO LAPLATZA, J.J. Curso de Derecho Financiero Español (Parte General), Marcial Pons.

    GOUGH, I (1982) Economía Política del Estado del bienestar, H. Blume.

    MONASTERIO ESCUDERO, C. e J. SUÁREZ PANDIELLO Manual de hacienda autonómica y local, Ariel.

    MUÑOZ DE BUSTILLO LLORENTE R. e R. BONETE PERALES (1997) Introducción a la Unión Europea: un análisis desde la economía, Alianza Universidad Textos.

    OATES, W.E. (1998) Federalismo fiscal, Instituto de Estudios de la Administración local.

    SALINAS, J. (1993) Economía política constitucional de los Presupuestos Públicos, Tecnos.

    WYPLOSZ C. e M. BURDA (1994) Macroeconmía: un texto europeo, Ariel.
    Competencias
    Capacidade individual de análise da información, identificación das ideas máis importantes, e expresión sintética das mesmas de forma oral e escrita. Capacidade de traballo en grupo.
    Metodoloxía da ensinanza
    Ademais das clases de encerado, realizaranse traballos titorados pola profesora en grupos reducidos. Os alumnos disporarán das horas de titorías para consultar dúbidas, e realizarán unha exposición final dos seus traballos na aula.
    Sistema de evaluación
    A parte teórica avaliarase cun exame final, no que se deberá acadar unha nota mínima de 4 puntos para poder superar a materia. A calificación obtida representará o 30% da nota final. A avaliación do traballo representará o 40%, e a da presentación oral o 30% restante.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo individual: 30 horas
    Preparación de traballos e exposicións en grupos: 70 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ningunha en particular.