P3211110 - Avaliación e Mellora Continua (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs principais obxectivos da materia serán o capacitar aos alumnos no coñecemento e manexo das técnicas de avaliación de programas e de políticas públicas; en especial a avaliación dos resultados e o deseño e implantación de sistemas de avaliación. Doutra banda, tamén a capacitación para a contrucción de indicadores e sistemas de indicadores orientados dirixidos á medición e evalución das organizacións. Deste xeito obter os parámetros necesarios para o deseño e implantación de plans para a mellora continua e os programas para a apredizaxe das organizacións encadradas dentro do sector público.
ContidosOs contidos da materia concéntranse arredor de catro eixes básicos:
* Por un lado o relativo á avaliación de programas e políticas públcias. Máis en concreto coa avaliación dos resultados e o deseño e implantación de sistemas con esa finalidade.
* Un segundo eixe sería o da construción de indicadores e sistemas de indicadores.
* Un terceiro eixe versaria sobre a causalidade dos programas e das políticas
* E por último, teríamos a mellora continua e os sistemas de aprendizaxe nas organizacións públicas
Bibliografía básica e complementariaAibar Guzmán, Cristina; (2004) Diseño y comunicación de instrumentos de medición del rendimiento en el marco de la nueva gestión pública = design and communication of measurement perfomance tools in the framework of new public management Revista española de financiación y contabilidad. -- Vol. 33, n. 123 (oct.-dic. 2004; p. 991-1023)
Albert C. Hyde, (1992): “The Proverbs of Total Quality Management: Recharting the Path to Quality Improvement in the Public Sector” Public Productivity & Management Review, Vol. 16, No. 1 (Autumn, 1992), pp. 25-37
Ballart Hernández, Xavier (1992) Evaluación de programas y servicios públicos [Microfoma]:aproximación sistemática y estudios de caso. Bellaterra: [Universitat Autònoma de Barcelona], Facultat de Ciències Polítiques i de Sociologia.
Bates, R. (2004). “A critical analysus if evaluation practice: The Kirkpatrick model and the principle of beneficence”. Evaluation & Program Planningm 27 (3), 341-347.
Brewer, J, and Hunter, A. (1989) Multimethod research: A synthesis of styles. Newbury Park: Sage.
Brinkerhoff, R (1981) Making evaluation more useful. Training & Development Journal, 35 (12), 66-70.
Clrak, R. E. & Estes F. (2002). Turning researhc into results: A guide to selecting the right perfomance solutions. Atlanta, Ga.:CEP Press.
Karen J. Fryer, Jiju Antony, Alex Douglas (2007) “Critical success factors of continuous improvement in the public sector: A literature review and some key findings”; The TQM Magazine. Volume: 19; Issue 5; Page 497 517.
Milakovich, Michael E. (1990) “Total Quality Management for Public Sector Productivity Improvement” ; Public Productivity & Management Review, Vol. 14, No. 1 (Autumn, 1990), pp. 19-32
Moore, Mark H. (2005) “Break-Through Innovations and Continuous Improvement: Two Different Models of Innovative Processes in the Public Sector” Public Money & Management, Volume 25, Issue 1 January 2005 , pages 43 – 50.
Nirenberg, Olga , (2ooo) Evaluar para la transformación: innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Buenos Aires, Paidós.
Olías de Lima Gete, Blanca (1996) “La Gestión de los servicios públicos y la evaluación del rendimiento” Revista Galega de Administración Pública (REGAP). N. 12 (1996) ; p. 11-32.
Pollitt C. and Bouckaert G. (1995), Quality improvement in european public services : concepts, cases and commentary. London : Sage
CompetenciasQue o alumno sexa capaz de realizar o deseño de sistemas de de control e avaliación tanto da administración coma das diferentes organizacións públicas. Para iso terá que proporcionarselle o dominio necesario sobre as ferramentas para a avaliación da xestión como para a mellora continua dunha organización. En conexión con iso mostrar os principais marcos teóricos onde se inscriben as técnicas tando de avaliación do rendemento como de mellora continua. Ademais búscase que o alumno desenvolva a capacidade de traballo en equipo e as capacidades de análise, síntese e expresión sintética das mesmas ademais do reforzamíento do espírito crítico na realización destas actividades.
Metodoloxía da ensinanza Céntrase en tres eixes básicos: por un lado, as clases presenciais de tipo convencional; por outro, a analise e debate de certos temas propostos na aula; e en derradeiro lugar, a posiberl realización de traballos titorizados de carácter individual os cales se articularan sobre a temática da materia.
Para a correcta realización deste tipo de actividades os alumnos disponrán das horas de titorías previstas no programa, e en caso de realizar algún traballo titorizado, éste será exposto públicamente na Aula.
Sistema de evaluaciónA parte teórica, vehiculada a través das clases presenciais covencionais, avaliarase mediante exame final onde se preguntará polos contidos impartidos. A proba constará do desenvolvemento de epígrafes de entre os que figuran dentro do programa da materia así como a posibilidade de que se esixa o desenvolvemento dun caso práctico breve.
A avaliación complétase coa valoración da paricipación nas clases presenciais, nos debates e exposicions e os traballos realizados a o longo do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalNo referente ao estudo individual do alumno, suponse un esforzo de alrdedor de 50 horas; para a preparación e exposición de traballos 25. E noutras tarefas relativas ao estudo e realización de traballo outras 25.
Recomendacións para o estudo da materiaO estudo do material das clases teóricas e a aplicación deses conceptos aos casos prácticos así como a constante aplicación da capacidade de análise e síntese á hora de abordar os diferentes casos desde unha perspectiva de sentido crítico.
ObservaciónsSeria moi recomendable que o alumnado tivera frescos certos coñecementos sobre: estadística, economía e políticas públicas.
A asistencia as clases considérase necesaria pra entender, seguir e superar a materia.