P3221105 - Xuventude e Capital Escolar (Módulo I: Socioloxía da Xuventude) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Departamento Externo
- Áreas: Teoría e Historia da Educación, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia - Clarificar os conceptos básicos no ámbito da temática referida ao capital escolar da mocidade.
- Comprender a armazón socio-estrutural no que se desenvolven as variables mocidade e capital escolar.
-Valorar as consecuencias persoais e sociais do fracaso escolar e da exclusión escolar.
- Coñecer as posibilidades académicas ante o fracaso escolar do non titulados no ensino obrigatorio
Contidos1.- Clarificación conceptual de partida: capital cultural familiar, capital escolar (éxito e fracaso) e sociedade meritocrática.
2.- Claves da dimensión socio-estrutural entre familia, capital escolar e capital laboral.
3.- Consecuencias persoais e sociais do fracaso escolar e da exclusión escolar.
4.- Valoración do abandono da E.S.O sen titulación
5.- Os Programas de Cualificación Profesional (Programas de Garantía Social).
6.- O abandono escolar durante o bacharelato, e ao finalizar.
7.- Actitudes sociais cara á Formación profesional
Bibliografía básica e complementariaNon se espere un repertorio bibliográfico xeneral, senón unha simple indicación ou orientación
conforme a un compromiso teórico-metodolóxico. O profesor entregará a principio de curso un
material para o estudo básico do contido e nel detallarase a bibliografía pertinente. Ademais, o
profesor orientará a bibliografía adecuada ás exposicións de clase, así como a concreta e
puntual que poida requirir o alumno.
Entre a bibliografía que pode considerarse básica:
ESCUDERO, J.M. y RODRÍGUEZ, Mº J. (2011), Afinar la comprensión y movilizar políticas consecuentes para afrontar el abandono escolar temprano, y algo más, Avances en supervisión educativa, nº 11, Mayo
ESCUDERO MUÑOZ, J. M. (2009), Buenas prácticas y programas extraordinarios de atención al alumnado en riego de exclusión escolar, Revistas de currículum y formación del profesorado, Vol.13, nº 3
FERNÁNDEZ ENGUITA, Mariano, (2010), Fracaso y abandono escolar en España, Fundación La Caixa, Barcelona.
HOLT, John, (1987), El fracaso de la escuela, Alianza Editorial, Madrid.
PERRENOUD, Phillipe, (1990), La construcción del éxito y del fracaso escolar, Paideia, A Coruña
VARIOS: (2009), El fracaso escolar como exclusión educativa: comprensión, políticas y prácticas, Revista Iberoamericana de Educación, nº 50, pp.41-64
CompetenciasConvén aclarar que ao dicir “capital escolar” quérese facer énfase na valoración do grao de éxito ou fracaso escolar obtido, en relación proporcional ao investimento de capital cultural realizada pola familia durante o transcurso escolar. O termo capital escolar é tomado da sociología de Pierre Bourdieu e da referencia que fai Max Weber á "sociedade meritocrática”. É dicir, o capital social ou laboral da mocidade está directamente relacionado co capital escolar alcanzado e co capital cultural familiar, todo iso valorado nas peculiaridades dinámicas da sociedade en concreto.
Por tanto, o obxectivo fundamental que se persegue é proporcionar claves para entender e valorar adecuadamente a relación socio-estrutural entre mocidade e nivel escolar conseguido, tanto na dimensión de éxito como de fracaso escolar; e a partir de aquí saber contextualizar adecuadamente a relación socio-estrutural entre capital escolar conseguido e capital ou status laboral que se desempeña.
En consecuencia, co contido desta materia preténdese que o alumno aprenda a encadrar a temática escolar e laboral da mocidade nas pertinentes coordenadas socio-estruturais nas que se desenvolve e desenvolve.
Metodoloxía da ensinanza Proponse unha metodoloxía baseada no principio de participación, actividade e aprendizaxe vivencial e razoada; isto é, que fomente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos.
Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación da temática, orientando ao alumno respecto dos centros de interese nos que conveña afondar dende o punto de vista documental e bibliográfico.
As clases prácticas de seminario desenvolveranse a partir de análise de situacións e lecturas de textos que complementen e amplíen as exposicións do profesor, e que o alumno terá que traballar, a nivel individual, baixo a supervisión do profesor.
O profesor entregará a principio de curso un material para o estudo básico do contido.
As tutorías serán individuais e grupales.
Sistema de evaluaciónA asistencia será obrigatoria e o profesor a controlara
Clases expositivas: realizarase unha proba escrita do contido impartido nas clases expositivas. O alumno realizará un exame final o último día do curso. O exame consistirá en desenvolver un tema, proposto polo profesor, no que se valorará a capacidade de relación e de síntese respecto ao contido explicado. No conxunto da cualificación da materia, a nota do exame terá un valor do 50%
Prácticas de seminario: avaliación dos comentarios escritos, e persoais, solicitados polo profesor, e que terán un carácter obrigatorio. Estes comentarios serán de textos propostos en clase e de propostas concretas formuladas. No conxunto da cualificación da materia, a nota final das prácticas de seminario terá un valor de 50%.
Tempo de estudo e traballo persoalImplicación do alumnado no razoar e argumentar durante as clases expositivas. Confección dun guión persoal para preparar o exame final.
Participación activa nas prácticas de seminario, elaborando por escrito, e persoalmente, os traballos de comentarios de texto ou situacións concretas propostas polo profesor. Traballos que se entregarán no tempo previamente establecido.
Recomendacións para o estudo da materiaValorarase a aprendizaxe do razoar e argumentar e non o exercicio memorístico.