Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

P3221106 - Inserción Laboral e Emancipación (Módulo I: Socioloxía da Xuventude) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Socioloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Socioloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
HERRANZ GONZALEZ, ROBERTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Nesta materia abordarase a problemática da inserción laboral e da emancipación xuvenil. En moitas sociedades a situacion de dependencia, agravada pola crise economica e de emprego, alóngase no tempo máis do que habitualmente ocurría en xeracións pasadas. Iso provocou desaxustes sociais que é necesario abordar teórica e practicamente.


    Contidos
    1. A inclusión da mocidade e emancipación no contexto comparativo e histórico: o seu significado nunha perspectiva sociolóxica

    2. Enfoques e teorías do mercado de traballo. As formas de segmentación do mercado de traballo. Educación, busca de emprego e a estrutura económica produtiva. A importancia da cualificación.

    3. O mercado de traballo en Galicia, España e Europa: unha perspectiva comparativa. Poboación activa inactiva, ocupados, parados. A profesionalización da estrutura ocupacional. Desemprego xuvenil e crise económica.

    4. A inserción dos mozos/as e as traxectorias ocupacionais. O proceso de busca de emprego. As primeriras traxectorias ocupacionais.

    5. Metodoloxía para a análise do procesos de incorporación ao mercado de traballo. Pescudas de inserción. O estudo da integración laboral e os observatorios en España.

    6. A experiencia subxectiva da xente nova: significado e actitudes para o traballo.
    Satisfacción e calidade de vida no traballo. Calidade de vida no traballo e emancipación
    Bibliografía básica e complementaria
    Albert, C. et al.(2003), Del sistema educativo al mercado de trabajo: un análisis de flujos en Revista de Educación, Nº 330, MEC
    -Davía. M.A. (2004), La inserción laboral de los jóvenes en la UE, Madrid: CES
    -Duncan Gallie, Catherine Marsh and Carolyn Vogler (edited by) (1995), Social change and the experience of unemployment Oxford: Oxford University Press
    -García Montalvo, José, Capital humano : los jóvenes y el mercado de trabajo en la España urbana : resultados del Observatorio de Inserción Laboral 2005 / J. García-Montalvo, J.Mª Peiró, A. Soro Bonmati Valencia : Fundación Bancaja, D.L. 2006
    -García-Montalvo, J. y Peiró, José-Maria Análisis de la sobrecualificación y la flexibilidad laboral, Observatorio de inserción laboral de los jóvenes, 2008. Madrid: Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas, 2009
    -Guillén Rodríguez, A. M., Gutiérrez Palacios, R., González Begega (2009), Calidad de Trabajo en la Unión Europea. Conceptos, tensiones, dimensiones. Pamplona: Ed. Thomson-CivitasPam
    -Herranz, R. (2007) , La Sociología de los Mercados Internos de Trabajo. Madrid: CES
    -Jahoda, M. (1987), Empleo y desempleo: un análisis socio-psicológico, Morata, Madrid,
    -OBJOVEM : observatorio joven de empleo en España (2007), Monográfico, Madrid: Consejo de la Juventud de España,
    -Palacio Morena, Juan Ignacio (2004), El Mercado de Trabajo: Análisis y políticas, Madrid: Akal
    -Sanchis, E. Trabajo y paro en la sociedad industrial, CES, Madrid, 2008



    Competencias
    O alumnado desenvolverá as seguintes competencias:
    Adquisición de recursos teóricos e prácticos que lle permitan diagnosticar os problemas do emprego e da emancipación.
    Manexo de fontes documentais (estatísticas, informes institucionais).
    Adquirir coñecementos e destrezas encamiñadas á orientación dos mozos no ámbito laboral

    Básicas:
    Os estudantes deben posuír a capacidade de manexar bases documentais e de datos
    comúns para o traballo profesional na investigación sobre mocidade e sociedade que permitan tamén a elaboración de análise e xuízos sólidamente fundamentados e estandarizados que inclúan a reflexión sobre temas relevantes no devandito ámbito.


    Específicas:
    Adquirir destrezas encamiñadas á orientación dos mozos no ámbito laboral

    Metodoloxía da ensinanza
    Impartiranse 21 horas de clase presencial, 9 expositivas e 12 interactivas, onde se explicarán os contidos teóricos, presentando e resolvendo os problemas concernentes aos devanditos contidos.
    Método de Explicación: A clase maxistral compaxinarase co traballo de lectura, comprensión e
    discusión de distintos textos fornecidos aos alumnos ou as alumnas onde aparecerán explicitados os contidos teóricos previamente abordados.
    Exposicións e debates: Fomentarase o diálogo e a discusión ao redor dunha serie de temas relacionados cos contidos impartidos e os textos estudados. Así mesmo, preténdese que a alumna ou o alumno elaboren unha exposición rigorosa e ao mesmo tempo persoal dalgunha temática tratada con anterioridade na aula.

    Sistema de evaluación
    A avaliación basearase na asistencia, traballo na aula e exposición individual dalgunha temática da materia.
    Será obxecto de avaliación tanto os coñecementos como as competencias adquiridas.
    Será necesario entregar un breve traballo, de contido opcional, pero vinculado a unha temática concreta da materia que tamén será obxecto de avaliación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estimase un total de 27 horas de estudo individual e 28 para a preparación e realización dos diversos traballos
    Recomendacións para o estudo da materia
    Participanas clases realizando as leituras e traballos que se propoñan dun modo regular.