P3221108 - Xestión de Centros para a Xuventude e Servizos de Información Xuvenil (Módulo II: Políticas Públicas e Avaliación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada, Departamento Externo
- Áreas: Economía Aplicada, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar ao alumno dos recursos teórico-prácticos que lle permitan desenvolver unha correcta actividade profesional na xestión dun centro xuvenil, principalmente de casas de mocidade e de información xuvenil así como pór en marcha unha asesoría de información especializada para a mocidade
Contidos1. A normativa básica de xuventude en Galicia.
2. Tipoloxía de centros xuvenís: As casas de mocidade. Residencias xuvenís. Albergues, campamentos,
3. A Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. As casas de mocidade. Oficinas e Puntos de información xuvenil. Titulacións en materia de xuventude.
4. Informador xuvenil. Nivel 3
5. Director e coordinador de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Nivel 3.
6. Dinamizador de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil. Nivel 2
7. A carta europea de información xuvenil (Carta Eryica).
8. A información xuvenil a nivel estatal e europeo.
9. Información xeneralista e especializada mediante asesorías.
10. Observatorio galego de xuventude.
11. Habilidades para a xestión de centros de mocidade.
12. Aspectos económicos da xestión de centros de mocidade.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Antelo, Jesús: La información juvenil en perspectiva comparada, Pasionporloslibros, 2011
Alcoceba Hernado, José Antonio; Cadilla Baz, María. Los Servicios de Información Juvenil en España. Un acercamiento a su realidad y funcionamiento. INJUVE. 2005.
Encuesta sobre la demanda informativa de los jóvenes en los SIJ y el perfil de los usuarios en el año 2000. INJUVE. Servicio de Documentación y Estudios. 2000.
Información juvenil en el ámbito escolar y universitario. Seminario gecuatro. Xunta de Galicia, Junta de Castilla y León y Comunidad de Madrid. 2001.
Información juvenil: Conceptos, técnicas y organización. Xunta de Galicia, Junta de Castilla y León y Comunidad de Madrid. 2000.
La Pluralidad de modelos en los servicios de información juvenil. INJUVE, y Comunidades autónomas de Aragón, Xunta de Galicia, Instituto Navarro de Deportes y Juventud, Junta de Castilla y León y la Comunidad de Madrid. 2002.
Libro Blanco: un nuevo impulso para la juventud europea. INJUVE. 2001.
Nuevas estrategias en información dirigidas a los jóvenes. INJUVE Comunidades Autónomas de Aragón, Castilla y León, Cantabria, Galicia, Madrid, y Navarra. 2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Será comunicada aos alumnos ao longo do curso polos profesores.
CompetenciasO alumno adquirirá a competencia teórica que lle permita comprender e diferenciar a distinta tipoloxía de centros e oficinas xuvenís: residencias, casas de mocidade, oficinas, centros e puntos de información xuvenil. Así mesmo poderá deseñar e xestionar programas de atención á mocidade en función da tipoloxía de centro. Adquirirá as competencias básicas para diferenciar as peculiaridades das Redes de información xuvenil galega, estatal, das Comunidades Autónomas e Europeas: ERYICA, EURODESK.
Estas competencias encamíñanse a dotar ao alumno dos recursos teórico-prácticos que lle permitan desenvolver unha correcta actividade profesional na xestión dun centro xuvenil, principalmente de casas de mocidade e de información xuvenil así como pór en marcha unha asesoría de información especializada para a mocidade.
Básicas:
1. O estudiantado debe conseguir a capacidade de identificar e transmitir ideas, problemas e solucións nos diferentes ámbitos de traballo e reflexión sobre a problemática xuvenil; e mesmo manexar as ferramentas técnicas máis recentes que facilitan a transmisión e comprensión deses coñecementos aos cidadáns.
2. Os estudantes deberán conseguir as capacidades específicas e estandarizadas que lles permitan integrarse no ámbito profesional especializado na mocidade todo iso con autonomía.
Específicas:
1. Redactar informes sobre as materias propias de cada servizo.
2. Capacidade de interpretación, analítica e práctica, e extracción de conclusións doutros informes dos que han de dar conta
Metodoloxía da ensinanza Organización temporal: Impartiranse 42 horas de clase presencial, 18 expositivas e 24 interactivas onde se explicarán os contidos teóricos, presentando e resolvendo os problemas concernentes a estas..
Método de Explicación: A clase expositiva compaxinarase co traballo que o alumno irá realizando nas xornadas de docencia interactiva , integrando así teoría e práctica.
Traballos tutelados: O alumno, debidamente tutelado, realizará un breve traballo sobre o deseño e posta en marcha dun centro ou oficina de información xuvenil
Sistema de evaluaciónA avaliación basearase na asistencia tanto ás clases de carácter teórico como ás prácticas.
Así mesmo avaliarase o traballo do alumno con probas obxectivas.
Será obrigatoria a entrega dun traballo coas conclusións de de o estudo dos casos prácticos.
Será obxecto de avaliación tanto os coñecementos como as competencias adquiridas.
Tempo de estudo e traballo persoalO estudo da materia require, xunto coa asistencia ás aulas programadas, que o alumnado poida adicarlle un esforzo adicional tanto para o estudo e comprensión dos concepto analizados, como para a lectura dos materiais complementarios, resolución dos casos prácticos e a busca de material e realización do traballo que debe presentar.
Por suposto o número de horas non presenciais resulta só indicativo, xa que cada alumno poderá avanzar a un ritmo diferente, e o seu esforzo será determinante do resultado.
Recomendacións para o estudo da materiaActividade a desenvolver polo alumnado.
O longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
• Asistir a clase.
• Manter ó dia o estudio da materia e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase.
• Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presencial (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (a través do correo electrónico).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese
ObservaciónsTITORIAS:
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías nas horas de aulas, ou ben por correo electrónico.
Aténdense igualmente titorías a través de correo electrónico.