P3221109 - Prácticas en Centros de Xuventude (Módulo III: Prácticum) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 6.80
- Horas de Titorías: 21.25
- Total: 28.05
Outros Datos
- Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa da USC
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFormar profesionais na xestión de centros de mocidade.
ContidosA alumna ou o alumno porán en práctica laboral as competencias adquiridas ao longo do máster nunha contorna laboral especializado
CompetenciasXestión de centros de mocidade
Básicas:
Os estudantes deben saber aplicar os seus coñecementos de forma profesional mediante a elaboración de argumentos normativos e empíricos e mediante a resolución de problemas nos ámbitos profesionais do sector público ou privado referentes á mocidade
Os estudantes deberán conseguir as capacidades específicas e estandarizadas que lles permitan integrarse no ámbito profesional especializado na mocidade e / ou proseguir a súa posterior carreira investigadora coa obtención dun doutoramento, todo iso con autonomía.
Específicas:
Desenvolver a capacidade de traballo en equipo.
Competencia na xestión de Centros de Mocidade
Manexo, interpretación e redacción de informes científicos e profesionais no campo de estudo da mocidade
Metodoloxía da ensinanza As prácticas realizaranse en dependencias da administración pública galega destinadas á atención e xestión de asuntos relacionados directamente coa mocidade.
Serán tutoradas por un Profesor do persoal do máster e por un traballador cualificado integrado no persoal da dependencia correspondente.
A alumna ou o alumno terá que redactar un informe de fin de prácticas no que describa detalladamente a actividade desenvolvida e que destrezas e competencias desenvolveu ao longo das mesmas.
Sistema de evaluaciónSendo como é unha actividade práctica parece o máis razoable realizar a avaliación en función dos informes realizados polos dous titores (académico e de prácticas) e o redactado polo propio estudante.
Hai que considerar que as diversas dependencias onde se realizarán as prácticas teñen dimensións e características diferenciadas, o que supón modos distintos de xestión do servizo público.
Trátase, por tanto, dunha avaliación global na que se avaliarán a adquisición das seguintes competencias involucradas na práctica profesional:
Competencias específicas 1:
Coñecemento en profundidade das fontes documentais secundarias e o seu correcto tratamento.
Adquirir destrezas encamiñadas á orientación dos mozos no ámbito laboral.
Competencias específicas 2:
Adquirir competencia para pór en marcha unha asesoría de información especializada para a mocidade.
Comprender os elementos centrais de funcionamento das administracións públicas que
implementan políticas de mocidade
Desenvolver a capacidade de traballo en equipo.
Competencia na xestión de Centros de Mocidade.
Competencias específicas 2:
Redactar informes sobre as materias propias de cada servizo.
Capacidade de interpretación, analítica e práctica, e extracción de conclusións doutros informes dos que han de dar conta.
Diagnóstico dunha situación específica da mocidade e elaboración dunha proposta de intervención.
Deseño dunha política pública referida á devandita intervención.
Elaboración dun plan de avaliación de dita política.
Corresponde aos titores, académico e de prácticas, incluír no seu informe unha avaliación específica
para cada un das competencias sinaladas.
Para iso a avaliación fundamentarase os seguintes elementos:
Informes de prácticas realizados polo titor académico.
Informe de prácticas emitido polo titor do centro de prácticas.
Informe de fin de prácticas presentado pola alumna ou o alumno.