P3311101 - Teoría e métodos de investigación (Teoría e metodoloxía avanzadas de marketing e comunicación política) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaComprender e utilizar métodos avanzados e especializados de investigación propios da comunicación política e institucional.
Deseñar e desenvolver unha investigación avanzada no ámbito da comunicación política e a mercadotecnia política.
ContidosA materia resaltará o deseño dunha investigación como conxunto de pasos necesarios
para establecer a conExión entre afirmacións descritivas, explicativas ou predictivas e a
evidencia empírica xerada mediante a observación e a análise dos datos. En todo
momento, se poñerá de relevo o papel do investigador na construción dos datos e a
faceta argumentativa do proceso de investigación, o valor de cuxos resultados é
establecido mediante o control inter-subxectivo da comunidade de investigadores. Se
mostrará o papel que lles cabe desempeñar ás teorías científico-sociais no deseño da investigación. Prestarase atención primordial ao proceso de operacionalización
conceptual, é dicir, á selección de indicadores, á medición e ás definicións
operativas coas que se constrúen as variables da investigación. Expoñeranse os
principios xerais que guían (as técnicas de) a recollida de datos. Se inroducirán
algunhas ideas básicas acerca de (as técnicas de) análise dos datos. Finalmente, se
considerarán os medios de presentación da evidencia empírica.
Bibliografía básica e complementariaOs textos que recomende ou distribua o profesor ao longo do curso, tanto textos de carácter «teórico» como invextigacións.
CompetenciasDeseñar unha investigación.
Operacionalizar conceptos.
Recoller datos.
Analizar datos.
Presentar evidencia empírica.
Metodoloxía da ensinanza A materia divídese en actividades de traballo presencial na aula e en actividades de traballo persoal do alumno. As primeiras subdivídense en clases expositivas (centradas no labor explicativo do profesor), clases interactivas (intervencións dos estudantes mediante a coordinación do profesor) e titorías periódicas (co fin de avaliar o progreso individual dos estudantes). As segundas subdivídense en estudo individual, traballos en grupo e traballos individuais, con exposicións finais algún deles.
Sistema de evaluaciónCualificarase a demostración do coñecemento adquirido mediante as clases expositivas e o estudo individual do alumno nunha proba escrita final (50%). Cualificarase a participación nas clases interactivas (25%). Finalmente, cualificarase a realización de traballos en grupo e individuais (25%).
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA (48 HORAS)
Clases Expositivas (18)
Clases interactivas (24)
Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo (6)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (102 HORAS)
Estudo individual do alumno (50)
Preparación de traballos e exposicións en grupo (25)
Realización de traballos individuais (25)
Outras tarefas (2)
Recomendacións para o estudo da materiaCapacidade de análise e síntese. Razoamento lóxico. Lectura en inglés.