P3311102 - Técnicas de investigación en marketing político e consultoría política (Técnicas e instrumentos de marketing, consultoría e comunicación política) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTransmitirlle ao alumno as técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación máis utilizadas no marco do márketing político.
Técnicas cuantitativas: A presentación das técnicas cuantitativas de investigación realizarase en torno a catro eixes temáticos centrados en procesos que se combinan na construción da evidencia empírica: os tipos de deseños da investigación cuantitativa, a selección dos casos, especialmente a través da mostraxe, o deseño dos instrumentos de medición e a recollida de datos.
Técnicas cualitativas: mostraranse os obxectivos, as características, as vantaxes e as limitacións das técnicas cualitativas de investigación para abordar os fenómenos sociais que suceden en escenarios naturais cun enfoque sensible ao contexto e orientado a obter un coñecemento deles caracterizado pola proximidade a axentes e escenarios, o detalle e a profundidade descritivos e o potencial analítico para responder ás preguntas sobre o porque e o como de tales fenómenos.
Contidos1.Técnicas cuantitativas:
1.1. Análise de resultados electorais: as dimensións do voto.
1.2. A enquisa: tipoloxía.
1.3. Elaboración de cuestionarios: tipos de variables, escalas.
1.4. Tipos e técnicas de mostraxe.
1.5. Análise descritivo.
1.6. Análise bivariante.
1.7. Análise multivariante.
1.8. Interpretación de resultados.
2.Técnicas cualitativas:
2.1. A entrevista en profundidade.
2.2. O grupo de discusión.
2.3. O análise de discurso.
Bibliografía básica e complementariaAnder-Egg, E. “Métodos y técnicas de investigación social”. Lumen, Buenos Aires, 2001.
Azofra, MJ. “Cuestionarios”, CIS, Madrid, 2002.
Cea D’ancona, M.A. “Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social”. Síntesis, Madrid, 1996.
Conde Gutiérrez del Alamo, F. “Análisis sociológico del sistema de discursos”, CIS, Madrid, 2009.
Filgueira López, E. “Análisis de datos con SPSSWIN”. Alianza, Madrid, 2001.
García Ferrando, M., Ibáñez, J y Alvira, F. “El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación”. Madrid, Alianza Universidad Textos, 1990.
Lévy Mangin, JP & Varela Mallou, J. “Análisis multivariable para las ciencias sociales”. Prentice Hall, Madrid, 2005.
Morgan, DL, et al. “The Focus group kit”, SAGE, California, 1998.
Rodriguez Osuna, J. “Métodos de muestreo”. Cuaderno Metodológico nº1, Madrid, CIS, 1991.
Sánchez Carrión, J.J. “Manual de análisis de datos”. Madrid, Alianza, 1999.
Sierra Bravo, R. “Técnicas de Investigación Social”. Thomson, Madrid, 2003.
Valles, M.S. “Entrevistas cualitativas”. CIS, Madrid, 2002.
Competencias1. Capacidade para manexar as técnicas cuantitativas e cualitativas aplicadas ao estudo de caso no marketing e a comunicación política.
2. Capacidade para a explotación de datos cuantitativos a través de cálculo estatístico avanzado.
3. Capacidade para manexar las técnicas para la elaboración e o análise de discurso.
4. Capacidade de comprender e manexar as ferramentas do marketing tradicional e online aplicadas á comunicación e xestión estratéxicas.
5. Capacidade para elaborar dossiers e informes.
Metodoloxía da ensinanza Seguindo as directrices das ensinanzas adaptadas ao EEES a metodoloxía de ensino comprende unha serie de clases maxistrais ou expositivas, a realización de exercicios prácticos de laboratorio ou sesións interactivas, e as titorías. Fomentarase o traballo en grupo e a participación na clase.
Sistema de evaluación- O sistema de avaliación de esta materia combina tres aspectos fundamentais contemplados nos plans de ensinanza adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior:
- A asistencia a clase: para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
- Os alumnos realizarán un exame final que computará o 60% da cualificación total da materia.
- Durante as clases interactivas e prácticas de laboratorio faranse exercizos e traballos que deberán ser entregados para a súa corrección e avaliación continua, supoñendo un 40% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalSegundo consta na memoria do Master en Master en Márketing, Consultoría e Comunicación Política, os alumnos ademais das diferentes clases e titorías, deberán adicar unha media de 50 horas ao estudo, 25 para a preparación dos traballos e exposicións, 25 horas para a realización de traballos individuais.