Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

P3311104 - Ferramentas de marketing (Técnicas e instrumentos de marketing, consultoría e comunicación política) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Rivera Otero, Jose Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os fundamentos básicos do marketing político nos seus aspectos relacionados co marketing xeral, tanto desde o punto de vista teórico como práctico. A partir do marketing mix, e da concreción das 4P's aplicadas á política, observaremos as técnicas de análise e acción sociopolítica desenvolvidas en contextos de distinto tipo. Coñeceremos as ferramentas fundamentais do marketing político, e intentaremos que o/a estudiante saiba cando e como aplicalas, e poida utilizalas para o desenvolvemento estratéxico e táctico do seu traballo profesional, tanto en campaña como en cualquiera outra situación.
    Contidos
    1. Marketing xeral e Marketing político: un marco teórico común. Do marketing de distribución ao marketing relacional. A relación política: a análise social e a creación de valor. Principais enfoques do Marketing Político.

    2. A multidimensionalidade do producto político: (a) historia e valores; (b) programa político; (c) accións e decisións; e (d) candidato/a. Planeamento e xestión do produto: (i) análise de mercado orientado ao producto; (ii) avaliación da carteira de produtos; (iii) estratexias de produto. Posicionamento: identidade e valor do producto.

    3. O prezo da acción política: barreiras e custos. Coñecer e decidir: en busca dos elementos de valor. Formas de acción política e xestión do seu desenvolvemento: sobre cando pasar á acción. Psicoloxía social: homeostase e reequilibrio do decisor ou a batalla está na túa mente. Determinar as necesidades e as demandas.

    4.- Promoción e comunicación: ferramentas do marketing directo en política. Análise de medios (1): onde y cando investir en comunicación. Análise de medios (2): análise de notoriedade e impacto. Ferramentas de comunicación tradicional: prensa, radio e televisión. Redes sociais. Estratexias pull e push.

    5. Distribución: segmentación e marketing na relación cos cidadáns. Análise de segmentación (1): factores sociodemográficos. Análise de segmentación (2): segmentación en base a necesidades. Estratexias de segmentación: do mercado masivo á subsegmentación. Marketing na relación cos cidadáns: xestionando a personalización da oferta política.

    6. Cambio social e cambio estratéxico. Análise sociolóxico do cambio: cambio cultural, de valores, de actitudes e de motivacións. Ferramentas de análise estratéxica. Estratexias de cambio: (a) estratexias competitivas; (b) estratexias de novos produtos; e (c) estratexias a través da marca. Ferramentas para o cambio: reposicionamento e diferenciación.
    Bibliografía básica e complementaria
    - Barranco Saiz, F.J. (2010), Marketing político y electoral. ESIC. Madrid.

    - Carrión Maroto, Juan (2007), Estrategia. De la visión a la acción. ESIC. Madrid, 2ª ed. revisada y actualizada.

    - Dalton, Russell J.; Klingemann, Hans-Dieter (eds.) (2006): The oxford handbook of political behavior. Oxford University Press. London.

    - Farrell, David M. e Paul Webb (2000), “Political parties as campaign organizations” in Dalton,

    - Russell e Martin P. Wattenberg (eds.) (2000), Parties whitout partisans. Political change in advanced industrial democracies. Oxford University Press. Oxford, páxs. 79-101.

    - Faucheux, Ronald A. (2002), Running for office. The strategies, techniques and messages modern political candidates need to win elections. Evans & Company. New York.

    - Johnson-Cartee, Karen S. e Gary A. Copeland (2004), Strategic political communication. Rethinking social influence, persuasion and propaganda. Rowman & Littlefield Publishers. Lanham.

    - Lakoff, George (2007), No pienses en un elefante. Universidad Complutense. Madrid.

    - Less-Marshment, Jennifer (2006): Political marketing: principles and applications. Routledge. London.

    - Losada Díaz, José Carlos (coord.) (2004), Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel. Barcelona.

    - Lucas Marín, Antonio (ed) (2009): La nueva comunicación. Trotta. Madrid.

    - Luntz, Frank (2011), La palabra es poder: lo importante no es lo que dices sino lo que la gente entiende. La esfera de los libros. Madrid.

    - Munuera Alemán, J.L.; Rodríguez Escudero, A.I. (2007): Estrategias de marketing. Un enfoque basado en el proceso de dirección. Madrid. Esic.

    - Newman, Bruce I (ed.) (1999): Handbook of political marketing. Sage. London.

    - O’Shaughnessy, Nicholas (ed.) (2002), The idea of Political Marketing. Praeger. London.

    - Sears, David. O.; Huddy, L.; Jervis, R. (eds.) (2003): Oxford handbook of political psychology. Oxford University Press. Oxford.
    Competencias
    Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou as transversais; e as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber) e profesionais (saber facer).

    1. Competencias xenéricas

    1.1 Capacidade para a autoaprendizaxe
    1.2 Capacidade de organización, planificación e traballo en equipo
    1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita
    1.4 Coñecemento do vocabulario e a terminoloxía básica da materia
    1.5 Comprensión das relacións entre conceptos e variables
    1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación
    1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución da información (utilización das TIC)
    1.8 Resolución de problemas
    1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados
    1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses
    1.11 Capacidade de síntese ante unha información
    1.12 Capacidade de razoamento crítico
    1.13 Capacidade de tomar decisións
    1.14 Ética de servizo público

    2.1 Coñecementos disciplinares (saber):

    2.1.1 Coñecer o marketing político e os seus principais enfoques teóricos e ferramentas prácticas
    2.1.2 Coñecer e distinguir os principais elementos do 'marketing mix', así como as principais teorías e ferramentas prácticas que permiten o seu desenvolvemento
    2.1.3 Aprender os conceptos básicos das teorías supletorias do marketing e saber aplicalas
    2.1.5 Comprender a organización e o funcionamento das ferramentas básicas do marketing político

    2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):

    2.2.1 Identificar e utilizar fontes documentais específicas sobre a materia
    2.2.2 Argumentar desde diferentes perspectivas teóricas
    2.2.3 Identificar e analizar os elementos que compoñen o 'marketing mix' e o conxunto integrado de información resultante
    2.2.4 Relacionar os sistemas políticos co sistema social e electoral
    2.2.5 Relacionar e interpretar críticamente os procesos político-electorais e as súas consecuencias sociopolíticas no contexto contemporáneo
    2.2.6 Realizar estudos de caso que integren os diferentes elementos do 'marketing mix' aplicados ao deseño e traballo de campaña

    Ao finalizar o curso, o/a estudante debería adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e as habilidades propias da materia, das ferramentas da aprendizaxe, e das actitudes específicas.
    Metodoloxía da ensinanza
    O Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) establece unha nova orientación metodolóxica na ensinanza universitaria que distingue dous tipos de traballos: o realizado na aula e o trabajo persoal do/da estudiante. Cada unha das sesións dividirase en dúas partes: clase teórica (ou clase de pizarra) e clase práctica (seminario). Os contidos serán complementarios en cada sesión, buscando a integración do coñecemento e o desenvolvemento das habilidades e as destrezas personais de cada alumno/a.

    a) Clases de contido teórico (clases de pizarra): desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.) se lle ofrece ao alumno/a un esquema básico; tamén co obxecto de favorecer as capacidades autodidactas e o traballo persoal.

    b) Clases de orientación práctica (seminario): son de carácter obligado, e consistirán no desenvolvemento dos esquemas teóricos a través da posta en práctica ou desarrollo das distintas ferramentas do marketing aplicables a cada tema ou aspecto da materia. Nestas sesións poderemos programar, no seu caso, actividades externas á Facultade como, por exemplo, charlas, conferencias, etc.

    c) Nas Titorías lévase a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas personais, así como a entrega e/ou discusión das actividades programadas co/coa estudante.

    d) Contidos de reforzo: a través das redes sociais crearanse dinámicas de grupo para facilitar bibliografía adicional, referencias da materia ou axuda ao estudiante. Ademais, poderemos poñer en marcha iniciativas de debate e discusión sobre temas de interese para os/as estudantes, tanto durante o transcurso da materia como ao longo do curso.
    Sistema de evaluación
    De acordo coa metodoloxía establecida polo Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), a aplicación cualitativa dos aspectos a avaliar concrétase nun sistema de avaliación continua, segundo os criterios e cos instrumentos seguintes; todos eles co seu peso na cualificación final.

    Os criterios de avaliación son:

    - Asistencia e participación nas clases que se celebren
    - Realización de todas as actividades prácticas que se desenvolvan ao longo de cada tema
    - Exercicio final


    O Sistema de avaliación e cualificador, sobre un total de 10 puntos, para aqueles estudantes cunha asistencia igual o superior ao 80%, é o seguinte:

    - Exercicio final: 50%
    - Prácticas na aula: 40%
    - Participación: 10%

    No caso dunha asistencia a clase inferior ao 80%, o exercicio final terá un peso na nota final do 100%. Se ben, por estar relacionado cos contidos que se desenvolverán na clase, se aconsella a asistencia na medida do posible.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:

    - Clases Expositivas 9h
    - Clases interactivas 12h
    - Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo 3h
    Total: 24h


    HORAS TRABALLO PERSOAL DO/A ALUMNO/A:

    - Estudo individual do/a alumno/a 25h
    - Preparación de traballos e exposicións en grupo 12.5h
    - Realización de traballos individuais 12.5h
    - Outras tarefas 1h
    Total: 51h
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o seguimiento da materia, de cara a extraer dela o máximo rendemento académico e proveito orientado á práctica profesional, recoméndase:

    a) Acceso aos recursos da USC: tecnolóxicos, bibliográficos, formativos ou de calquera outra índole. Complementando a formación oficial co manexo de recursos adicionais que podan axudar ao estudante no seu proveito intensivo de todas as posibilidades técnicas vistas na aula.

    b) Manexo das TIC: tanto a nivel usuario das principales ferramentas ofimáticas, como de presenza e uso das redes sociais e comunidades virtuais. Durante o curso desenvolveremos aspectos relacionados co marketing directo online, e tamén utilizaremos as redes para unha comunicación profesor-alumnado máis intensiva e rica, polo que o seu manexo vai resultar indispensable para un proveito pleno da materia.