P3311201 - Marketing institucional (Marketing e comunicación institucional e do goberno) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia "Marketing Institucional" persegue como obxectivo principal introducir ao alumnado nos procesos de planificación e desenvolvemento de accións de promoción corporativa das institucións públicas dende a perspectiva do marketing. Para iso pretende:
- Facer comprender o concepto de marketing institucional, os seus enfoques e compoñentes.
- Dar a coñecer os principais métodos empregados na Administración pública para planificar as accións de marketing institucional e as súas aplicacións prácticas.
- Dotar ao alumnado de competencias para decidir que enfoque é o máis idóneo para cada organización.
- Dar a coñecer o proceso de xestión da imaxe corporativa.
- Facilitar a comprensión do deseño e implementación dun plan de marketing institucional
- Facer entender o encaixe que o enfoque de marketinginstitucional ten en éraa dixital e, en concreto, nunha contorna de e-goberno.
ContidosO programa a desenvolver vai abranguer os seguintes temas:
Tema 1: Concepto de marketing institucional
Tema 2: Sistema de información e investigación de mercados
Tema 3: Posicionamento e estratexia
Tema 4: Identidade, imaxe e personalidade corporativa.
Tema 5: Planificación estratéxica da acción do marketing institucional
Tema 6: Ferramentas de marketing institucional e implementación on line
Tema 7: Aplicacións sectoriais e marketing de cidades
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Rufín, R. y Medina, C., Marketing Público. Investigación, Aplicaciones y Estrategia. Madrid: ESIC, 2012.
COMPLEMENTARIA:
Asensio Romero, P., Marketing Municipal. Madrid: Díaz de Santos, 2008.
Chaves, N., La Imagen corporativa: teoría y metodología de la identificación institucional. (3ª Ed.). Barcelona: Gustavo Gili, 2010.
Chías, J., Marketing Público. Madrid: McGraw-Hill, 1995.
De Elizagarate, V. , Marketing de Ciudades. Madrid: ESIC / Pirámide, 2008
García López, M., Publicidad institucional: el estado anunciante. Málaga: Universidad de Málaga, 2001.
Kotler, P. et Al., Marketing de las Naciones. Barcelona: Paidós, 1998.
Kotler, P. y Lee, N., Marketing en el Sector Público. Madrid: Pearson, 2007.
Puig, T., Manual para la Producción de los Servicios Municipales: La Construcción de los Servicios para la Calidad de Vida desde las Necesidades de los Ciudadanos o Cómo Usar el Márketing en los Municipios. Oñati: Instituto Vasco de Administración Pública, 1998.
Van Cees, B.M., Comunicación Corporativa. Madrid: Prentice Hall, 1997.
CompetenciasÁ marxe das competencias que figuran no plan do máster en que se integra este curso, ao finalizar a materia espérase que o alumnado adquira maiores destrezas nas seguintes competencias:
- Comprensión do concepto de marketing institucional, a súa orixe disciplinar e a súa evolución.
- Coñecemento do concepto de consumidor e usuario no ámbito do marketing institucional
- Comprensión da potencialidade das técnicas de investigación de mercados, posicionamento e deseño de estratexia.
- Comprensión dos conceptos de identidade, imaxe e personalidade corporativa.
- Deseño e implementación de plans de marketing institucional.
Metodoloxía da ensinanza A materia Marketing Institucional articúlase ao redor da exposición por parte do docente de cada un dos temas que conforman o programa e da participación do alumnado en sesións interactivas (exercicios de debate; estudos de caso) que pretenden reforzar os coñecementos e habilidades adquiridos.
Como complemento dos temas tratados durante as sesións expositivas e interactivas, a través da plataforma virtual da USC (Campus Virtual), proporcionarase documentación adicional para unha maior profundización na aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación conterá unha combinación de elementos de carácter individual e grupal con arranxo aos seguintes compoñentes:
Elementos individuais (45% da nota final):
- Seguimento das sesións (20% da nota): A avaliación final compensará a constancia do alumnado no seguimento das sesións, así como a súa participación e esforzo. Valorarase a actitude que o alumnado manteña durante as sesións expositivas e interactivas, e, en xeral, o seu interese na materia e compromiso reflectidos tanto pola súa participación nas actividades realizadas en clase como pola atención concedida aos materiais fornecidos a través do Campus Virtual. A puntuación máxima que se concederá a este compoñente será de 2 puntos.
- Proba de coñecementos (25% da nota): Co obxectivo de determinar o coñecemento que o alumnado posúe acerca dos principais conceptos da materia, antes da finalización do curso realizarase unha proba escrita breve que vai abranguer a totalidade dos temas impartidos. A súa estrutura e avaliación serán comunicadas con antelación. A puntuación máxima que se concederá será de 2,5 puntos.
Elementos grupais (55% da nota final):
Durante a primeira sesión do curso requirirase do alumnado a súa distribución en grupos conformados por 5 persoas. Todos os exercicios de carácter grupal serán avaliados en función do desempeño conxunto dos seus membros, que recibirán, con independencia do modo en que acorden organizarse, a mesma nota.
- Estudo de caso (35%): consiste na preparación dun estudo descritivo sobre unha experiencia -a proposta do alumnado e coa conformidade do responsable da materia- de desenvolvemento dun plan de marketing institucional.
O traballo realizado será valorado en función da súa estrutura, calidade expositiva, as fontes de información manexadas para a súa elaboración e o nivel de integración dos conceptos abordados ao longo da materia. Así mesmo, durante a última xornada do curso, todos os grupos deberán facer unha presentación pública do estudo que será tida en conta como elemento de valoración (estrutura da presentación, síntese, capacidade expositiva).
Con independencia da exposición pública, o prazo de entrega de traballos -improrrogable- comprenderá ata a data oficial de exame.
A puntuación concedida (máximo 3,5 puntos) será o resultado da suma da valoración por parte do docente da calidade da presentación pública realizada (0,5 puntos) e a do propio estudo (2 puntos) e da puntuación concedida á presentación polos restantes alumnos (1 punto).
- Exercicios prácticos (20%): Durante as sesións interactivas pedirase aos diferentes grupos de traballo a resolución de exercicios prácticos que teñen como obxectivo reforzar a aprendizaxe e pór en práctica as competencias adquiridas. Globalmente, o rendemento dos grupos durante a súa realización será valorada ata 2 puntos.
En caso de non alcanzar un mínimo de 5 puntos na suma da totalidade dos compoñentes do sistema de avaliación, entenderase non superada a materia. Para aprobala, na convocatoria extraordinaria, o/a alumna/ou deberá facer un novo exame que será cualificado como apto ou non apto. No caso de que obteña a cualificación de apto, recibirá, como nota final da materia, un Aprobado (5).
Tempo de estudo e traballo persoalPara o seguemento da materia, á marxe da asistencia a clase (9 horas) e a participación activa nas sesións interactivas (12 horas), o plano de estudos do máster en que se integra a materia estima unha dedicación de 25 horas ao estudo individual e, aproximadamente, 24 á realización de traballos. Aconséllase o manexo da bibliografía recomendada, a lectura da documentación complementaria (depositada no Campus Virtual), así como o uso dos recursos electrónicos (Internet) que ao longo do desenvolvemento da materia iranse indicando.
A secuenciación de contidos deseñouse de modo que a meirande parte do traballo relacionado con esta materia vaise realizar durante as sesións expositivas e interactivas. Con todo, como parte do proceso de avaliación do rendemento do alumnado, requirirase a realización adicional dun traballo grupal cuxa dedicación se estima en 10 horas, aproximadamente.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguir con atención as exposicións do docente; expor todas as dúbidas necesarias; participar activamente e revisar detidamente a documentación facilitada.