Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

P3311203 - Comunicación institucional (Marketing e comunicación institucional e do goberno) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación, Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRO RIVAS, JOSE LUIS.SI
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL.NON
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Estudo dos contidos propios da comunicación institucional e a análise da xestión e os recursos da actividade de comunicación desde os aspectos estratéxicos, pedagógicos e funcionais en orde a incentivar a adhesión dos cidadáns aos programas establecidos e a súa participación cooperativa na xestión pública.
    2. Esta materia pretende trazar un panorama das diferenzas e similitudes existentes nos procesos comunicativos de Organizacións, Institucións e Empresas, habilitando ao estudante para responder ante elas de forma coherente e eficaz.
    3. Prestando especial atención á metodoloxía, preténdese que o estudante sexa capaz de entender a importancia de xerar un bo proceso comunicativo, que axude a alcanzar dunha forma máis eficiente e eficaz os fins de distintos tipos de Institucións, Organizacións e Empresas.
    Contidos
    Prof. Miguel Tuñez

    1. Comunicación Institucional I: Concepto, estratexias e análises de casos.

    1.1. O deseño estratéxico da comunicación institucional e a disrupción.
    1.2. O rol dos medios de comunicación na comunicación institucional.
    1.3. O Plan de Comunicación. A elaboración da mensaxe en función dos medios e soportes: características xerais.
    1.4. A relación da clase política coa súa Target: Audiencia/Cidadanía?
    1.5. Autores, estratexias e campañas: análise de casos.

    2. Comunicación Institucional II: Exercicios prácticos.

    2.1. A comunicación non verbal: a mímica e a posta en escena.
    2.2. A Pronuntiatio ou Actio mediáticos: a comparecencia pública.
    2.3. Mímica, proxémica e realización audiovisual.

    Prof. Dr. Xosé Luís Barreiro Rivas.

    1.1 Os actores da comunicación política. Os instrumentos prevalentes na comunicación política democrática.
    1.2 O feito político entendido como materia da comunicación.
    1.3 A mensaxe institucional e os seus contidos como fundamento da comunicación política. A función da comunicación na política democrática.
    1.4 A comunicación entendida como instrumento de xestión. A estratexia da comunicación. A implicación da sociedade civil na xestión dos grandes asuntos.
    Bibliografía básica e complementaria
    Barreiro Rivas, X. L. (2010): “El discurso de Europa: una reflexión sobre el déficit de comunicación en la construcción de la U.E. En: Campos Freire, coord. (2010): El cambio mediático. Sevilla: Comunicación Social, ediciones y publicaciones, pp. 187-206.
    Campos Freire, coord. (2010): El cambio mediático. Sevilla: Comunicación Social, ediciones y publicaciones.
    Castells, M. (2006): La sociedad red: Una visión global. Madrid: Alianza Editorial.
    Ciborra, C. (1993): Teams, Markets and Systems. Cambridge University Press.
    *Clarke, M. & Tewart, J. (1986): The Public Service Orientation. - Developing the Approach. Local Government Training Board.
    Currie, W. L., & B Galliers, eds. (1999): Rethinking Management Information Systems. Oxford University Press.
    Gil Pechuan (1996): Sistemas y tecnologías de la información para la gestión. Madrid:McGraw-Hill.
    Kaplan, B. M. (2004): Information systems research: relevant theory and informed practice. Massachusetts: Kluwer.
    *Kilmann, R. H., edit. (1985): Gaining Control of the Corporate Culture. London: Jossey-Bass.
    Latour, B. (2008) Reensamblar lo social. Buenos Aires: Manantial.
    Ponjuán Dante, G. (2008): Gestión de información: dimensiones e implementación para el exito organizacional. Gijón: Trea.
    Salas, C. (2010): Las once verdades de la comunicación. Madrid: Lid.
    Sánchez Calero, M. L. (2006): La información especializada en la gestión de crisis. Madrid: Fragua.
    VV. AA. (XIV Seminario sobre Gestión Pública Local) (2009): La incidencia de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en la política y la gestión pública. Gijón: Trea.
    Willcocks, L., and Mingers, J. eds. (2004): Social Theory and Philosophy for Information Systems. Wiley.
    Competencias
    Analise dos contextos da comunicación institucional.
    Sinalamento e programación de obxectivos da Comunicación.
    Desenvolvemento e control de programas de comunicación institucional.
    Apoio aos actores persoais e implicación dos mesmos nas tarefas do plan.
    Avaliación de resultados e aplicación dos mesmos a novas programacións.
    Realización dunha memoria do plan.
    Metodoloxía da ensinanza
    1.- Leccións maxistrais.
    2.- Lecturas sobre casos.
    3.- Selección de casos para o analise participativo nas clases.
    4.- Desenvolvemento dun traballo en grupo que será exposto e debatido en clase.
    5.- Revisión xeral dos casos utilizados.
    Sistema de evaluación
    40 % corresponde á realización e presentación do traballo práctico.
    40 % corresponde á asistencia a clase e á parcipación nas mesmas.
    20 % corresponde a probas complementarias (se as houbera).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis do tempo asignado ás actividades docentes programadas, o alumno deberá empregar as seguintes horas de traballo:

    25 horas no uso da bibliografía e a información complementaria.
    12 horas no desenvolvemento dos traballos en grupo.
    2 horas na preparación da exposición.
    Total: 39 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Utilización das TIC para a realización e exposición dos traballos.
    Selección de temas actuais nos que a información e analise complementarios sexan asequibles.
    Dar prevalencia ao traballo en grupo sobre o traballo individual.
    Ser activos nas horas dedicadas á docencia maxistral e aos análises de caso.