Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

P3311207 - Goberno e campaña (Consultoría, marketing e comunicación político-electoral) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA AÑON, MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Nun contexto complexo e mutável coma este, os gobernos necesitan conciliar as súas reivindicacións políticas. De aí a importancia do concepto de "campaña permanente", en referencia á necesidade de estar sempre atento ás demandas do electorado, así como a necesidade de explicar os logros de goberno. Con todo, a crise socio-económica contemporánea está sometendo aos gobernos a unha presión extraordinaria respecto ás esixencias explícitas dos seus electores e, en concreto, na resposta ás demandas de bo goberno e ás necesidades sociais estruturais de confianza, emprego, benestar e progreso.

    A axenda do goberno precisa complementarse, entón, cunha planificación estratéxica global capaz de manexar e propoñer alternativas para todo tipo de escenarios: anticipando as ameazas e as oportunidades, proxectando contextos alternativos de acordo coa súa probabilidade, e propoñendo cursos de acción ou outras medidas coas que administrar o horizonte de posibilidades. Superando a inercia da política cotiá, e introducindo unha planificación de medio e longo prazo no desenvolvemento da súa actividade social.

    Así, o goberno engadiu ao seu "core business", de forma cada vez máis importante e integrada, un núcleo estratéxico que pode realizar todas estas funcións nas súas distintas fases: análise, planificación, deseño e execución. Transformando a comunicación do goberno e a publicidade institucional, converténdose non só nun servizo para as políticas públicas, senón tamén para o horizonte estratéxico do goberno.

    Neste curso imos aprender a articular este núcleo é estratéxico: vendo como desenvolver plans de goberno, como encaixan na situación actual das democracias contemporáneas, como transforan a forma de facer política dos gobernos, e como calquera goberno ou organización con aspiracións pode incorporalo e xestionalo dentro da súa actividade cotiá.
    Contidos
    1. Sociedade e goberno. O papel do goberno nas democracias avanzadas: goberno autoritario e servo do goberno. Adaptación ao cambio social: novos valores nas sociedades post-industriais. Intereses e goberno: a xestión do lobbying. Os partidos políticos e o goberno: partidos de goberno e gobernos de partido.

    2. Que é a "estratexia"? Definición: misión, visión e valores. Pensando estratexicamente: dimensións e sectores estratéxicos, actividades e capacidades clave. Planificación estratéxica: ferramentas de análise e tipos de estratexia. Execución da estratexia: Desafíos e problemas nun contexto de cambio.

    3. Goberno e estratexia. Planificación estratéxica: mirando para o horizonte. Os plans estratéxicos de goberno. Planificación e globalización: os retos dun futuro sen soberanía. A planificación estratéxica internacional: o caso da "unidade de estratexia" (Reino Unido). Planificación estratéxica en España.

    4. Rede de lobby e estratexia: curso de axustes, sen perder de vista o obxectivo. Lobby: definición, regulación, retos e problemas. A análise de redes: conceptos básicos e adaptación dos elementos clave. Estratexia en fervenza: a través da organización de xestión estratéxica.

    5. Comunicación de goberno: estratexia de comunicación. Horizonte estratéxico: un obxectivo claro para todos/as. A mensaxe: da estratexia á política pública. Portavocías: multiplicar os alto-falantes e non a mensaxe. Comunicación de crise: a emerxencia ten regras.

    6. Publicidade institucional: o fin da "campaña permanente". Primeiro dilema: estratexia global ou estratexia particular. Segundo dilema: comunicación interna ou externa. Terceira opción: mensaxe global ou orientado. Retos da publicidade institucional: control a través da transparencia e accountability.

    7. Goberno aberto: o achatamento do goberno. Inclusión: técnicas de participación do cidadán na toma de decisións. Transparencia: datos abertos e control político sobre a información pública. Contratos e programas: avaliación de políticas públicas. Ética pública: como o 15M cambiará o goberno de España. Código libre e de código aberto: o poder está nos datos. As redes sociais: a interacción social como creadora de valor.
    Bibliografía básica e complementaria
    - ALONSO PELEGRÍN, Emiliano. El Lobby en la Unión Europea : manual sobre el buen uso de Bruselas. Pozuelo de Alarcón. ESIC. 1995.

    - ARIAS, E. “Hacia una Administración centrada en el ciudadano” en Harvard DEUSTO
    Business Review, nº 63. Págs. 80-89. Bilbao, 1994.

    - FOUNTAIN, J. E. Building the virtual state. Information technology and institutional change.
    Washington D. C., United States: Brookings Institution Press, 2001.

    - GIMBERT, Xavier. Pensar estratégicamente. Barcelona. Centro Libros PAF. 2010.

    - HACKER, K. and VAN DIJK, J. Digital democracy: Issues of theory and practice. London,
    Great Britain: Sage Publications, 2000.

    - LÓPEZ CAMPS, J. y GADEA CARRERA, A. Servir al ciudadano. Gestión de la calidad en
    la Administración Pública. Barcelona, España: IVAP y Gestión 2000, 1998.

    - OHMAE, Kenichi. La Mente del estratega. Madrid. McGraw-Hill. 2005.

    - OSBORNE, D. y GAEBLER, T. Reinventing government: how the entrepreneurial spirit is
    transforming the public sector. New York, Estados Unidos: Plume/Penguin Books, 1993.

    - PORTER, Michael E. Estrategia competitiva. Barcelona. Pirámide. 2010.

    - XIFRA, Jordi. El Lobbying: cómo influir eficazmente en las decisiones de las instituciones públicas. Barcelona. Gestión 2000. 1998.
    Competencias
    Teoría:
    Competencias Básicas: CB 1, CB 2.
    Competencias Xenéricas: CG 1, CG 2, CG4, CG 5, CG 6, CG 8, CG 11.
    Competencias Específicas: CE1, CE2, CE3, CE6, CE7, CE8, CE10, CE11, CE12, CE14 y CE15.

    Práctica:
    Competencias Básicas: CB3, CB4.
    Competencias Xenéricas: CG 2, CG 3, CG 5, CG 6, CG 7, CG 8, CG 9, CG 10, CG12.
    Competencias Específicas: CE2, CE4, CE5, CE7, CE8, CE9, CE10, CE13 y CE15.

    Traballo persoal:
    Competencias Básicas: CB 1, CB2, CB 3.
    Competencias Xenéricas: CG 1, CG 2, CG 3, CG 5, CG 7, CG 8, CG 9 y CG 11.
    Competencias Específicas: CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE9, CE10, CE12 y CE14.
    Metodoloxía da ensinanza
    O Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) establece unha nova orientación metodolóxica na ensinanza universitaria que distingue dous tipos de traballos: o realizado na aula e o trabajo persoal do/da estudiante. Cada unha das sesións dividirase en dúas partes: clase teórica (ou clase de pizarra) e clase práctica (seminario). Os contidos serán complementarios en cada sesión, buscando a integración do coñecemento e o desenvolvemento das habilidades e as destrezas personais de cada alumno/a.

    a) Clases de contido teórico (clases de pizarra): desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.) se lle ofrece ao alumno/a un esquema básico; tamén co obxecto de favorecer as capacidades autodidactas e o traballo persoal.

    b) Clases de orientación práctica (seminario): son de carácter obligado, e consistirán no desenvolvemento dos esquemas teóricos a través da posta en práctica ou desarrollo das distintas perspectivas aplicables a cada tema ou aspecto da materia. Nestas sesións poderemos programar, no seu caso, actividades externas á Facultade como, por exemplo, charlas, conferencias, etc.

    c) Nas Titorías lévase a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas personais, así como a entrega e/ou discusión das actividades programadas co/coa estudante.

    d) Contidos de reforzo: a través das redes sociais crearanse dinámicas de grupo para facilitar bibliografía adicional, referencias da materia ou axuda ao estudiante. Ademais, poderemos poñer en marcha iniciativas de debate e discusión sobre temas de interese para os/as estudantes, tanto durante o transcurso da materia como ao longo do curso.
    Sistema de evaluación
    De acordo coa metodoloxía establecida polo Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), a aplicación cualitativa dos aspectos a avaliar concrétase nun sistema de avaliación continua, segundo os criterios e cos instrumentos seguintes; todos eles co seu peso na cualificación final.

    Os criterios de avaliación son:

    - Asistencia e participación nas clases que se celebren
    - Realización de todas as actividades prácticas que se desenvolvan ao longo de cada tema
    - Exercicio final


    O Sistema de avaliación e cualificador, sobre un total de 10 puntos, para aqueles estudantes cunha asistencia igual o superior ao 80%, é o seguinte:

    - Exercicio final: 50%
    - Prácticas na aula: 40%
    - Participación: 10%

    O exercicio final poderá consistir na exposición pública dun trabajo individual titorizado polo profesor, ou nun exame con dúas preguntas sobre os epígrafes do temario e un breve comentario dun estudo de caso.

    No caso dunha asistencia a clase inferior ao 80%, o exercicio final terá un peso na nota do 100% e consistirá exclusivamente no exame. Se ben, por estar relacionado cos contidos que se desenvolverán na clase, se aconsella a asistencia na medida do posible.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:

    - Clases Expositivas 9h
    - Clases interactivas 12h
    - Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo 3h
    Total: 24h


    HORAS TRABALLO PERSOAL DO/A ALUMNO/A:

    - Estudo individual do/a alumno/a 25h
    - Preparación de traballos e exposicións en grupo 12.5h
    - Realización de traballos individuais 12.5h
    - Outras tarefas 1h
    Total: 51h
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o seguimiento da materia, de cara a extraer dela o máximo rendemento académico e proveito orientado á práctica profesional, recoméndase:

    a) Acceso aos recursos da USC: tecnolóxicos, bibliográficos, formativos ou de calquera outra índole. Complementando a formación oficial co manexo de recursos adicionais que podan axudar ao estudante no seu proveito intensivo de todas as posibilidades técnicas vistas na aula.

    b) Manexo das TIC: tanto a nivel usuario das principales ferramentas ofimáticas, como de presenza e uso das redes sociais e comunidades virtuais. Durante o curso desenvolveremos aspectos relacionados co marketing directo online, e tamén utilizaremos as redes para unha comunicación profesor-alumnado máis intensiva e rica, polo que o seu manexo vai resultar indispensable para un proveito pleno da materia.