Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Políticas e Sociais  »  Información da Materia

P3311208 - Escenarios electorais (Consultoría, marketing e comunicación político-electoral) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MARQUEZ CRUZ, GUILLERMO MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia Escenarios electorais (3 créditos ECTS) forma parte da materia xeral “Mercadotecnia e comunicación político-electoral” e, por tanto, relacionada co resto das materias que a comprende (Planificación e dirección de campañas, Xestionar a campaña, Goberno e campaña).

    A materia ten como obxectivo, dentro do conxunto da materia da que forma parte, a análise dos escenarios e actores da competición electoral para a elaboración de diagnósticos electorais, e a súa incorporación para as decisións derivadas da planificación, programación e xestión da estratexia da mercadotecnia política nun contexto electoral e de competición política. O coñecemento dos escenarios e actores de calquera tipo de elección directa por sufraxio universal, xa se trate, por exemplo, en España, de eleccións xerais a Cortes, eleccións autonómicas, eleccións municipais (Concellos) e locais (Xuntas Xerais do País Vasco, Cabidos Insulares de Canarias, Consellos Insulares de Baleares), ademais das eleccións ao Parlamento Europeo. Noutros sistemas políticos, ademais de eleccións parlamentarias xerais, subnacionais, no seu caso, e locais, atópanse as eleccións presidenciais.

    Contidos
    O contido da materia Escenarios Electorais é eminente práctico -estudos de caso- e analítico. A materia de Escenarios Electorais pretende profundar nas problemáticas ás que, de forma habitual, teñen que facer fronte os directores de campañas, consultores, asesores e políticos antes dunha elección.

    A análise e a valoración dun escenario e duns actores electorais, segundo consta na Memoria do Título de Máster Universitario en Marketing, Consultoría e Comunicación Política (2012: 69), é o seguinte: “1. Os escenarios socieconómicos e institucionais. 2. Coñecemento de percepcións e actitudes dos votantes. 3. Identificación e valoración dos eixos de competición políticas: cales son os cleavages estruturais e conxunturais da competición, cales son os temas do debate político en relación coas demandas e preferencias dos electores. 4. Os actores políticos en competencia. Coñecemento e valoración do liderado. 5. Análise do sistema de partidos. Relacións de cooperación e de competición entre partidos”.

    O programa operativo é o seguinte:

    1. O método de escenarios: unha técnica cualitativa para a análise exploratoria.
    2. Os escenarios institucionais: o sistema electoral.
    3. Os escenarios socioeconómicos: factores a longo prazo (cleavages, a ideoloxía e a identificación de partido).
    4. Os escenarios socioeconómicos: factores a curto prazo (situación de conxuntura, demandas, temas de debate político e de campaña).
    5. Os actores políticos en competencia. Coñecemento e valoración do liderado.
    6. Análise do sistema de partidos. Relacións de cooperación e de competición entre partidos.

    Bibliografía básica e complementaria
    -ANDUIZA, E. (1999): ¿Individuos o Sistemas? Las Razones de la Abstención en Europa Occidental, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -ANDUIZA, E. y BOSCH, A (2004): Comportamiento político y electoral, Barcelona, Ariel.
    -ANDUIZA PEREA, E.; CRESPO MARTÍNEZ, I.; MÉNDEZ LAGO, M. (2011): Metodología de la Ciencia Política, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -BAENA PAZ, G. (2009): Construcción de escenarios y toma de decisiones, Working Papers 12, UAM.
    -BAEZA PEREZ-FONTAN, E. (2012): Como crear una campaña electoral de éxito: guía para la gestión integral de campañas electorales, Pamplona, EUNSA.
    -BUDGE, I. y FARLIE, D. (1986), Pronósticos electorales, Madrid, Centro de Estudios Constitucionales.
    -CRESPO, I. (dir.) (2002), Las campañas electorales y sus efectos en la decisión de voto, Valencia, Tirant lo Blanch, Vol. I.
    -FRAILE, M. (2005): Cuando la economía entra en las urnas. El voto económico en España (1979-1996), Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -GARCÍA BEAUDOUX, V.; D'ADAMO, O.; SLAVINSKY, G. (2005): Comunicación política y campañas electorales: estrategias en elecciones presidenciales, Barcelona, Gedisa.
    -LAGO PEÑAS, I. (2005): El voto estratégico en las elecciones generales en España (1977-2000): Efectos y mecanismos causales en la explicación del comportamiento electoral, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -LIPSET, S. M. (1987): El Hombre Político. Las Bases Sociales de la Política. Madrid, Tecnos.
    -LUQUE, T. (1996): Márketing político. Un análisis del intercambio político, Barcelona, Ariel.
    -MARTIN SALGADO, L. (2002): Marketing politico: arte y ciencia de la persuasion en democracia, Paidós Iberica.
    -MARTÍNEZ COMA, F. (2008): ¿Por qué importan las campañas electorales?, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
    -MUÑOZ ALONSO, A. (y otros) (1990), Opinión pública y comunicación política, Madrid, EUDEMA.
    -MUÑOZ ALONSO A., y ROSPIR, J.L. (eds.) (1999): Democracia mediática y campañas electorales, Barcelona, Ariel.
    -NATERA, A. y VANACLOCHA, F.J. (dirs.) (2005): Los liderazgos en el mercado político y la gestión pública, Madrid, BOE.
    -VALLÉS, J. y BOSCH, A. (1997): Sistemas electorales y gobierno representativo, Barcelona, Ariel.

    Na Guía Docente figura a bibliografía básica e complementaria para cada sesión.

    Competencias
    As competencias que adquire o estudantado coa materia, coa teoría, a práctica e o traballo persoal son as seguintes:

    Competencias básicas:

    -Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

    -Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

    Competencias xenéricas:

    -Adquirir coñecementos actualizados sobre a Comunicación Estratéxica Integral, a Mercadotecnia Política e a Consultoría Política.

    -Entender de forma sistemática os procesos políticos relevantes, o seu contexto e como aplicar os principios da mercadotecnia e a comunicación política a situacións complexas, tendo en conta aos diferentes actores e axentes de cada situación.

    -Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos socio-políticos así como prever escenarios posibles de desenvolvemento dos acontecementos e o papel da comunicación nestes procesos.

    -Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos campos da consultoría, a comunicación estratéxica integral e a mercadotecnia política.

    Competencias específicas:
    -Capacidade de xestionar a mercadotecnia de organizacións complexas e de desenvolvemento e execución de campañas de comunicación específicas no marco dunha planificación estratéxica e integral.

    -Capacidade de deseñar e xestionar a mercadotecnia e a comunicación en situacións de crise a nivel estratéxico, operativo e táctico.

    -Capacidade para desenvolver un estudo avanzado sobre aspectos relevantes da mercadotecnia política e a comunicación estratéxica integral, así como defender a metodoloxía e as conclusións alcanzadas ante especialistas neste ámbito disciplinar.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas e interactivas combinando a explicación coa lectura comentada por parte do estudantado de textos referidos e casos prácticos.

    Realización de traballos individuais ou colectivos titorizados polo profesor. O alumnado disporá das horas de titorías para consultar dúbidas e realizará unha exposición final dos seus traballos. Ademais fixaranse citas de titorías co fin de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada do desenvolvemento dos traballos.

    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación da materia figuran na Memoria do Título de Máster Universitario en Marketing, Consultoría e Comunicación Política son os seguintes: “Contemplará todos os aspectos integrados na docencia. A parte teórica avaliarase nun exame final no que se preguntará a sobre os contidos estudados. A avaliación completarase coa valoración dos traballos, as exposicións e prácticas realizadas a través do sistema de titorías e, en xeral, a valoración da participación das actividades prácticas nas clases presenciais”.

    En consecuencia, a aplicación cualitativa dos aspectos citados concrétase nun sistema de avaliación continua, con carácter xeral e ordinario.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
    -Clases expositivas: 9 h.
    -Clases interactivas: 12 h.
    -Titorías e traballos relacionados co obxecto de estudo: 3 h.
    TOTAL: 24 h.

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
    -Estudo individual: 25 h.
    -Preparación de traballos e exposicións en grupo: 12,5 h.
    -Realización de traballos individuais: 12,5 h.
    -Outras tarefas: 1 h.
    TOTAL: 51 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o estudo da materia recoméndase, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada sesión, ao obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e interactivas, e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos

    O estudantado disporá na aula VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das clases interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.