P3311209 - Consultoría na administración pública (Consultoría política ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaNesta materia téntase transmitir ó alumnado o contexto no que se desenvolve a actividade da consultoría do sector público, facer un percorrido pola historia do sector así como dar a coñecer cal é o papel que xoga a consultoría no actual funcionamento das administracións públicas. Búscase asimesmo que o alumno obteña os coñecementos e habilidades que precisa a creación e xestión dun equipo consultor prestando especial atención á relación e coordinación que o mesmo debe manter coa Administración e os seus diversos órganos. Considerarase tamén como aspecto esencial dentro da labor de consultoría a capacitación na xestión das relacións cos clientes, par ao que se fai fincapé nos seguintes aspectos:
Contidos1 - Papel do Consultor na Administración Pública:
1.a A actividade de consultoría dentro das perspectivas de xestión pública.
1.b Papel da consultoría interna / externa na estrutura, funcionamento e actividade das Administracións.
1.c Retos e oportunidades da actividade de consultoría no entorno do sector público.
1.d Áreas de intervención da consultoría.
2 - Habilidades directivas
2.a Detección de carencias e desenvolvemento de habilidades de liderazgo.
2.b Liderazgo e xerarquía.
2.c Estilos de liderazgo, estrutura, motivación e cultura.
2.d Construción de equipos.
2.e Liderazgo e cambio.
3 - Xestión de clientes
3.a Enfoques da relación cos clientes: Operativa, colaboración e análise.
3.b Segmentación e factores de fidelización.
3.c Xeneración de valor, prestación de servizos e satisfacción
3.d Atención ó cliente: Xestión de incidentes.
3.e Xestión de queixas e suxerencias.
Bibliografía básica e complementaria- Barzelay, Michael “La Nueva gestión Pública”, México, 2003.
- Brugué Quim y Subirats Joan, Lecturas de Gestión Pública, MAP, Madrid, 1996.
- López Camps, J. y Gadea, A. (1995), Servir al ciudadano: Gestión de la Calidad en la Administración Pública. Barcelona: Gestión 2000
- Olías de Lima Gete, Blanca. La Nueva Gestión Pública, Prentice Hall, Madrid, 2001.
- Ruiz, J. y González, E. (2003), Guía para la implantación de cartas de servicios (2ª ed.). Madrid: Ministerio de Administraciones Públicas
- Velázquez López, Francisco Javier “Liderazgo y trabajo en equipo en las administraciones públicas”, en Natera, Antonio y Vanalocha. Universidad Carlos III de Madrid,2005.
- Villoria Mendieta, Manuel “El liderazgo en las organizaciones públicas: problemas metodológicos y éticos”, en Natera, Antonio y Vanalocha. Universidad Carlos III de Madrid, 2005.
CompetenciasComprender o papel da consultoría no funcionamento das Administracións Públicas, a sua orixe e a sua evolución.
Coñecer as habilidades necesarias para a creación e funcionamento dos equipos de consultoría
Desenvolver capacidades de comunicación cos clientes e interorganizativamente adaptándose ás distintas necesidades xeneradas.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desenvolverase mediante clases presenciais nas que se discutirán e debatirán as diversas cuestións prantexadas na exposición dos textos propostos. Presentaranse casos prácticos que deberán ser analisados e comentados polos alumnos.
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación nas clases (50 %), exame final (50%)
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo individual: 25 horas
Tempo de preparación de traballos e exposicións: 26 horas