P3311211 - Tipos de consultoría (Consultoría política ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia aborda as técnicas utilizadas nos diferentes tipos de consultoría política, facendo especial referencia aos tipos de consultoría específica máis habituais: A consultoría medioambiental e enerxética (estudos de impacto ambiental, informes de sostenibilidade, estudos hidrolóxicos, declaracións de residuos perigosos, plans de eficiencia enerxética,…).
A consultoría de calidade, orientada ao cumprimento das normas de calidade (ISO 9001, ISO
14001, EFQM, Q de calidade turística,…).
A consultoría de políticas públicas en xeral, especialmente a orientada á planificación e xestión de políticas sociais e de igualdade (plans de igualdade, plans de accesibilidade, de integración de persoas en risco de exclusión,…).
A consultoría internacional, solucións de internacionalización no ámbito das políticas e das relacións de cooperación internacional a nivel institucional e empresarial (planificación e xestión de proxectos de cooperación internacional, presentación de proxectos para a consecución de financiamento das institucións europeas ou outro tipo de organismos internacionais,…).
A consultoría orientada ao desenvolvemento económico, fundamentalmente a nivel local (plans estratéxicos, plans de promoción económica, de competitividade ou promoción turística,…).
Contidos- A figura do consultor como asesor
- Funcións: identificar, avaliar e ofrecer alternativas.
- Multicriterios e outros instrumentos de avaliación e alternativas.
- Consultoría especializada:
- Servizos profesionais de persoal.
- Consultores independentes e autónomos.
- A Asociación Española de Empresas de Consultoría. Resolución de 18 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo estatal de empresas de consultoría e estudos de mercado e da opinión pública.
- Colisión entre Empresas de Consultoría e Administración Pública (Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público)
Competencias- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Adquirir coñecementos actualizados sobre a Comunicación Estratéxica Integral, o Marketing Político e a Consultoría Política.
- Entender de forma sistemática os procesos políticos relevantes, o seu contexto e como aplicar os principios do marketing e a comunicación política a situacións complexas, tendo en conta aos diferentes actores e axentes de cada situación.
- Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
- Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos socio-políticos así como prever escenarios posibles de desenvolvemento dos acontecementos e o papel da comunicación nestes procesos.
- Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
- Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análise e de acción nos campos da consultoría, a comunicación estratéxica integral e o marketing político.
- Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de sínteses e exposición que permiten a elaboración dun informe final.
- Capacidade de xestionar o marketing de organizacións complexas e de desenvolvemento e execución de campañas de comunicación específicas no marco dunha planificación estratéxica e integral.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflitos de organizacións complexas e no seguimento dos mesmos, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no táctico.
- Capacidade para comprender e coñecer en profundidade as funcións internas e externas da dirección estratéxica dunha organización complexa, incluídas a xestión e o liderado de equipos multidisciplinares.
- Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión dos gobernos e campañas na contorna 2.0 desde unha perspectiva estratéxica e para deseñar proxectos de marketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc…
- Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do marketing e da comunicación: empresarial, organizacional, institucional e política.
- Capacidade para deseñar plans de comunicación ligados á construción de determinados produtos políticos, implementalos e avalialos.
- Capacidade de pensar estratexicamente os procesos de comunicación, a súa posta en marcha e a súa avaliación.
- Capacidade de deseñar e xestionar o marketing e a comunicación en situacións de crise a nivel estratéxico, operativo e táctico.
- Capacidade para entender e transmitir as necesidades de institucións, organizacións e empresas, do marketing e a comunicación política, tanto a nivel interno como externo desde unha perspectiva integral.
- Capacidade para organizar eventos e acontecementos dentro dunha estratexia de marketing.
- Capacidade para desenvolver un estudo avanzado sobre aspectos relevantes do marketing político e a comunicación estratéxica integral, así como defender a metodo
Metodoloxía da ensinanza O alumno poderá liberar a materia por Curso, o que leva consigo a realización dun traballo titorizado ao longo do mesmo e a súa cualificación final dependerá da súa calidade. O devandito traballo deberá axustarse ao tema acordado e comprenderá: investigación e estudo detido de toda a documentación acerca do tema, utilización de métodos científicos de análise, entrevistas con expertos na materia e realización dunha matriz, na que han de figurar unha serie de Indicadores a través dos cales, expoñeranse os seus Puntos Fortes, Puntos Débiles, Medidas Correctoras e Alternativas.
Sistema de evaluaciónO alumno poderá liberar a materia por Curso, o que leva consigo a realización dun traballo titorizado ao longo do mesmo e a súa cualificación final dependerá da súa calidade. O devandito traballo deberá axustarse ao tema acordado e comprenderá: investigación e estudo detido de toda a documentación acerca do tema, utilización de métodos científicos de análise, entrevistas con expertos na materia e realización dunha matriz, na que han de figurar unha serie de Indicadores a través dos cales, expoñeranse os seus Puntos Fortes, Puntos Débiles, Medidas Correctoras e Alternativas.
Tempo de estudo e traballo persoalEN HORAS
Clases Expositivas 9
Estudo individual do alumno 25
Clases interactivas 12
Preparación de traballos e exposicións en grupo 12.5
Realización de traballos individuais 12.5
Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo 3
Outras tarefas 1