
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Xestión Pública
Rama de coñecemento: Ciencias Xuridicas e Sociais
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 28/02/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Bastos Boubeta, Miguel Anxo
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
1. Formar ao estudante no coñecemento avanzado e os principais debates sobre os conceptos, métodos e técnicas fundamentais da Xestión Pública.
2. Proporcionar unha visión multidisciplinar e avanzada da xestión pública.
3. Conciliar unha sólida formación en fundamentos das ciencias sociais coas habilidades necesarias para aplicar os coñecementos á xerencia pública profesional.
4. Xerar co estudante a capacidade crítica de análise que lle permita avaliar e deseñar alternativas aos problemas e dilemas do sector público.
5. Fornecer ao estudante a capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios ante os dilemas e retos que expón a xestión dos problemas públicos.
6. Dotar aos estudantes dos coñecementos e fundamentos precisos para proseguir a súa formación con carácter permanente e criterio propio.
COMPETENCIAS XERAIS:
1. Os estudantes deben demostrar, posuír e comprender coñecementos sobre a natureza dos problemas públicos, a xestión pública e os seus métodos e técnicas e a xestión e dirección das organizacións públicas.
2. Os estudantes deben saber aplicar os seus coñecementos de forma profesional mediante a elaboración de argumentos normativos e empíricos, a análise estratéxica e a toma de decisións, o deseño e implementación de políticas públicas, a avaliación de resultados e a xerencia e dirección de organizacións e entes públicos
3. Os estudantes deben posuír a capacidade de manexar bases documentais e de datos comúns para o traballo profesional, a análise estratéxica e a toma de decisións públicas.
4. O estudante debe conseguir a capacidade de identificar e transmitir ideas, problemas e solucións nos diferentes ámbitos da Xestión Pública, da administración, da consultoría, da empresa, da investigación e da opinión pública en xeral. En especial, deberá manexar as ferramentas técnicas máis recentes e innovadoras para a transmisión e comprensión deses coñecementos por parte dos seus clientes e a opinión pública.
5. Os estudantes recibirán as capacidades específicas e estandarizadas que lles permitan proseguir investigando e mellorando o seu coñecemento sobre os problemas públicos, a xestión pública e o funcionamento e xestión das organizacións públicas.
6. Os estudantes deberán conseguir aquelas capacidades e os fundamentos que lles permitan desenvolver un posterior proceso de formación permanente, vinculado á súa actividade profesional como xestores e xerentes públicos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. O estudante adquirirá os coñecementos, as competencias, as habilidades que favorezan a súa incorporación á vida profesional na xestión, xerencia e dirección de toda clase de organizacións e entes públicos.
2. O estudante adquirirá competencias que lle permitan desenvolver proxectos de investigación ou incorporarse ao mundo da investigación en temas propios da xestión e a administración públicas.
3. Adquirirá competencias que lle permitan competir no mercado con outros titulados facendo da versatilidade e o carácter multidisciplinar da súa formación un valor crítico para a mellora da xestión pública e a xerencia de organizacións públicas.
Situándose nun marco teórico e de investigación, o máster ofrece unha orientación mixta: Profesional e investigadora.
Coa primeira búscase a cualificación profesional no deseño e xestión de políticas públicas e na xestión e dirección dos organismos e entidades da administración pública. Unha cualificación fundamentada na solidez dos coñecementos tanto na natureza dos problemas da xestión públicos e os problemas públicos como na metodoloxía necesaria para a análise estratéxica, a toma de decisións e a implementación e avaliación dos seus resultados.
O Master responde así á crecente demanda de profesionais da xestión de entidades e organizacións públicas dotados dunha formación transversal e multidisciplinar que lles permita afrontar a complexidade dos dilemas públicos desde un mellor coñecemento da súa natureza e un mellor coñecemento do funcionamento do sector público. Profesionais que desenvolvan un abanico de destrezas e coñecementos respecto dos procesos de reforma do estado e da administración pública, así como as máis innovadoras modalidades de xestión pública..A esta demanda só pode responder este tipo de estudos e formación como o Master en Xestión Pública. Unha demanda ademais emerxente e crecente para a cal existe un marcado déficit de oferta tanto no sistema universitario galego como no español.
Coa segunda quérese dar conta da necesidade da xeración de coñecemento cualitativo e cuantitativo sobre a eficacia e a calidade das políticas públicas e a xestión pública mediante a especialización académica na investigación neste campo.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de Acceso:
1. Titulacións nivel preferencia 1:
Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración / Grao en Ciencia Política e da Administración
2. Titulacións nivel preferencia 2:
Lic. Dereito, Lic. Economía, Lic. Administración e Dirección de Empresas
3. Titulacións nivel preferencia 3:
Resto de titulacións da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas.
4. Titulacións nivel preferencia 4:
Calquera outra titulación universitaria
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3211101 | Macroeconomía e Sector Público | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3211102 | Microeconomía e Sector Público | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3211103 | Dilemas Actuais do Sector Público | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3211104 | Calidade Pública | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3211105 | Habilidades Directivas | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3211106 | Xestión Operativa | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3211107 | Xestión Financeira | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3211108 | Negociación e Xestión de Conflictos | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3211109 | Xestión de Clientes | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3211110 | Avaliación e Mellora Continua | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3211111 | Prácticas Externas Obligatorias | 30.00 | OB | PEGM | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3211112 | Traballo Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable