
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Xuventude e Sociedade
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 245/2011 do 15 de decembro (DOG do 03/01/2012)
Data de publicación no BOE: -
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Vara Coomonte, Antonio
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
1. Dotar os estudantes de coñecementos e instrumentos conceptuais para o estudo, desde unha perspectiva crítica, da realidade social da mocidade.
2. Coñecer a natureza dos principais métodos aplicables ao obxecto de estudo.
3. Situar os estudos sobre a mocidade no contexto das ciencias sociais e fomentar unha perspectiva interdisciplinar de achegamento ao fenómeno da mocidade.
4. Conciliar a sólida formación teórica coas habilidades necesarias para aplicar os coñecementos á práctica profesional.
5. Xerar no estudante a capacidade crítica de análise que lle permita avaliar e deseñar alternativas en ámbitos institucionais, de políticas públicas e de xestión no ámbito da mocidade.
6. Fornecer o estudante da capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios ante os diferentes problemas e obxectos de estudo.
7. Formar profesionais cualificados que sexan capaces de coñecer, diagnosticar, deseñar políticas públicas e avalialas no ámbito da xestión de políticas públicas para a mocidade.
8. Serán tamén obxectivos xerais, e de carácter transversal en todas as materias abordadas, o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e promoción dos Dereitos Humanos, Igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, de acordo cos valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos
Competencias básicas:
1. Os estudantes deben demostrar, posuír e comprender coñecementos relativos a orzamentos teóricos básicos, métodos, técnicas e problemas dos diferentes enfoques e natureza do obxecto de estudo.
2. Os estudantes deben saber aplicar os seus coñecementos de forma profesional mediante a elaboración de argumentos normativos e empíricos e mediante a resolución de problemas nos ámbitos profesionais do sector público ou privado referentes á mocidade.
3. Os estudantes deben posuír a capacidade de manexar bases documentais e de datos comúns para o traballo profesional na investigación sobre mocidade e sociedade que permitan tamén a elaboración de análise e xuízos sólidamente fundamentados e estandarizados que inclúan a reflexión sobre temas relevantes no devandito ámbito.
4. O estudante debe conseguir a capacidade de identificar e transmitir ideas, problemas e solucións nos diferentes ámbitos de traballo e reflexión sobre a problemática xuvenil; e ata manexar as ferramentas técnicas máis recentes que facilitan a transmisión e comprensión deses coñecementos aos cidadáns.
5. Os estudantes deberán conseguir as capacidades específicas e estandarizadas que lles permitan integrarse no ámbito profesional especializado na mocidade e/ou proseguir a súa posterior carreira investigadora coa obtención dun doutoramento, todo iso con autonomía.
Competencias específicas:
1. Aquelas que lle permitan a especialización profesional de maneira que o estudante adquirirá os coñecementos, as competencias, as habilidades que favorezan a súa incorporación á vida profesional á que conducen os estudos.
2. Neste sentido, as prácticas perfilarán posibilidades de orientación profesional para os nosos estudantes.
3. O estudante adquirirá competencias que lle permitan desenvolver proxectos de investigación ou incorporarse ao mundo da investigación en temas propios da disciplina.
4. Para rematar, adquirirá competencias que lle permitan competir no mercado con outros postgraduados facendo da versatilidade da súa formación un valor de importancia en organizacións complexas.
Este máster ten unha orientación mixta: Profesional e investigadora.
Coa primeira búscase a cualificación profesional no deseño e xestión de políticas públicas dirixidas á mocidade e fundamentadas nuns sólidos coñecementos tanto na socioloxía de fenómenos como na metodoloxía necesaria para a produción de datos, a súa análise e a comunicación de resultados nos seus aspectos sustantivos e operativos.
Coa segunda quérese dar conta da necesidade da xeración de coñecemento sociolóxico de calidade sobre a mocidade mediante a especialización académica na investigación neste campo. Para iso ábrese a posibilidade da obtención de de un DEA ao finalizar o curso.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de Acceso
Licenciaturas en Ciencias Políticas e da Administración, Socioloxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Documentación, Humanidades, Filosofía. Diplomaturas en Traballo Social, Relacións Laborais, Xestión e Administración Pública, Educación Social, Biblioteconomía e documentación, Mestres
Criterios de Selección:
- Expediente académico: 50%
- Experiencia profesional: 20%
- Experiencia investigadora: 10%
- Outros méritos: 20%
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3221101 | Modelos Teóricos para a Comprensión da Xuventude | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3221102 | Os Estudos sobre Xuventude e a Metodoloxía para a Producción de Datos | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3221103 | Actitudes, Valores e Comportamento Asociativo da Xuventude | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3221104 | A Temporalidade nos Xóvenes: Ocio, Tempo Libre, Consumos e Conductas de Risco | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3221105 | Xuventude e Capital Escolar | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3221106 | Inserción Laboral e Emancipación | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3221107 | Deseño, Implementación e Avaliación de Políticas Públicas para a Xuventude | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P3221108 | Xestión de Centros para a Xuventude e Servizos de Información Xuvenil | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3221109 | Prácticas en Centros de Xuventude | 12.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3221110 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable