
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Marketing, Consultoría e Comunicación Política
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Rivera Otero, Jose Manuel
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Obxectivos xerais
Este Máster é un programa que ten como obxectivo fundamental desenvolver os coñecementos e habilidades necesarios para un correcto desempeño profesional no ámbito da mercadotecnia e a comunicación política sempre no ámbito gobernamental, administrativo e/ou institucional.
Trátase de formar profesionais cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co marketing político, que asemade posúan habilidades para responderen as múltiples tarefas que se abordan nas empresas que se dedican a estas áreas de mercado.
.
Obxectivos específicos
1. Desenvolver un pensamento exhaustivo e global da mercadotecnia política, da comunicación política en particular, e da consultoría política xeral.
2. Obter un coñecemento profundo das distintas técnicas de consultoría, dos procesos que afectan á comunicación política e das técnicas de mercadotecnia política, as estratexias e os recursos necesarios para implementar, xestionar e potenciar a mercadotecnia de organizacións e institucións.
3. Obter un coñecemento integral do contexto social e organizacional no que se desenvolve a mercadotecnia política para saber identificar públicos, interlocutores, actores e axentes da comunicación así como as ferramentas comunicativas e de mercadotecnia que se requiren para interactuar con cada un.
4. Adquirir habilidades para adaptarse ao traballo ordinario das consultoras políticas, xa en equipos de comunicación e xestión de mercadotecnia política, xa en áreas complementarias de consultoría, nas que se fai imprescindible desde saber preparar un proxecto ata ter a capacidade de presentar un bo informe.
5. Potenciar e desenvolver as súas habilidades directivas para exercer con éxito as súas responsabilidades en organizacións e institucións que utilizan a mercadotecnia e a comunicación.
COMPETENCIAS XERAIS:
Competencias Xenéricas
1.- Adquirir coñecementos actualizados sobre a Comunicación Estratéxica Integral, a Mercadotecnia Política e a Consultoría Política.
2.- Entender de forma sistemática os procesos políticos relevantes, o seu contexto e como aplicar os principios da mercadotecnia e a comunicación política a situacións complexas, tendo en conta aos diferentes actores e axentes de cada situación.
3.- Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
4.- Desempeñar diferentes roles dentro dun equipo.
5.- Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
6.- Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos campos da consultoría, a comunicación estratéxica integral e a mercadotecnia política.
7.- Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de síntese e exposición que permiten a elaboración dun informe final.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Competencias Específicas
1. - Capacidade de xestionar a mercadotecnia de organizacións complexas e de desenvolvemento e execución de campañas de comunicación política específicas no marco dunha planificación estratéxica e integral.
2. - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflitos políticos de organizacións complexas e no seguimento dos mesmos, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no táctico.
3. - Capacidade para comprender e coñecer en profundidade as funcións internas e externas da dirección estratéxica dunha organización complexa, incluídas a xestión e o liderado de equipos multidisciplinares.
4. - Adquirir habilidades para adaptarse ao traballo en equipos de mercadotecnia e comunicación integrados por persoas de diversas disciplinas e/ou lideralos.
5.- Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión da consultoría política orientada aos gobernos e campañas na contorna 2.0.
6.- Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos da mercadotecnia e da comunicación: empresarial, organizacional, institucional e política.
7.- Capacidade para desenvolver investigacións no ámbito da mercadotecnia e a comunicación política.
8.- Capacidade de deseñar e xestionar a mercadotecnia e a comunicación en situacións de crise a nivel estratéxico, operativo e táctico.
9. - Capacidade para organizar eventos e acontecementos dentro dunha estratexia de mercadotecnia.
O obxectivo fundamental do título é formar profesionais cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas coa mercadotecnia política, coa capacidade de selección, xestión e difusión da comunicación.
Así mesmo, á vista das inminentes necesidades do mercado, o máster ofrece unha ruta de especialización en consultoría política que permitirá que os estudantes coñezan as técnicas e dinámicas necesarias para a súa incorporación a este mercado.
O que se pretende con este máster é dotar ao alumno dunha visión global avanzada, que lle permita desempeñar a súa carreira laboral nunha grande variedade de organizacións e institucións tanto públicas como privadas. Neste sentido, a inserción profesional dos alumnos abarca partidos políticos, institucións públicas, empresas, organizacións non gobernamentais ou compañías privadas de comunicación ou consultoría política.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 40
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións preferentes:
- Graduados/as en Ciencias Políticas
- Graduados/as en Xornalismo ou Ciencias da Información
- Graduados/as en Económicas
- Graduados/as en Administración e Dirección de Empresas
- Graduados en Publicidade e Relacións Públicas
- Graduados en Xestión e Administración Pública
- Graduados en Dereito
Titulaciones no preferentes:
Todas as titulacións universitarias que permitan o acceso aos estudos de Máster.
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Expediente académico.
Experiencia laboral.
Os criterios de acceso e admisión deberán consultarse en cada convocatoria anual de matrícula para ter a información actualizada de cada curso académico.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3311101 | Teoría e métodos de investigación | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3311102 | Técnicas de investigación en marketing político e consultoría política | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3311103 | Técnicas de comunicación política | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3311104 | Ferramentas de marketing | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3311201 | Marketing institucional | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3311202 | Política e comunicación 2.0 | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3311203 | Comunicación institucional | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3311204 | Xestión de Crise | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3311205 | Planificación e dirección de campañas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3311206 | O consultor e a xestión da campaña | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3311207 | Goberno e campaña | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3311208 | Escenarios electorais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3311209 | Consultoría na administración pública | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3311210 | Ferramentas en consultoría | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3311211 | Tipos de consultoría | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3311105 | Prácticas externas | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 | P3311106 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable