081442 - Farmacoloxía do Comportamento (OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE 1º E 2º CICLO - OR. PSICOLOXÍA CLÍNICA) - Curso 2011/2012
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Psicobioloxía
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA:
• Coñecer as bases neuroquímicas das accións dos fármacos sobre a conduta.
• Identificar os principais grupos de psicofármacos, coñecer os seus mecanismos de acción, as súas accións farmacolóxicas principais e os seus usos terapéuticos.
• Manexar as fontes de información e documentación sobre psicofármacos para facer posible a actualización dos coñecementos adquiridos.
ContidosAspectos teóricos
1. Introdución á Farmacoloxía do Comportamento
- Bases neuroquímicas dos efectos condutuais dos fármacos
2. Farmacoloxía do comportamento emocional e o comportamento motivado
- Depresión e fármacos antidepresivos
- Ansiedade e fármacos ansiolíticos
- Farmacoloxía do sono e dos estados de alerta
- Fármacos nos trastornos obsesivo-compulsivos
3. Farmacoloxía das funcións cognitivas e da interacción persoal co medio
- Psicose e fármacos antipsicóticos
- Farmacoloxía da memoria, aprendizaxe e funcións cognitivas
- Demencias e farmacoloxía das doenzas neurodexenerativas
4. Drogas de abuso e adicción a psicofármacos
- Principais grupos de drogas de abuso
- Farmacoloxía do comportamento aditivo
Aspectos prácticos
1. Coñecementos prácticos xerais sobre fármacos e drogas: Xenéricos e fórmulas. Presentacións
Documentación sobre fármacos. Uso do vademecum. Tipificación legal. Receita e dispensa de fármacos. Sistemas de farmacovixilancia
2. Principios de farmacocinética. Vías de administración. Dosificación de fármacos
3. Introdución á terapéutica psicofarmacolóxica
Bibliografía básica e complementariaLIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS:
• STAHL, S.M. (2009): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL. BARCELONA, ARIEL
• SALAZAR VALLEJO, M. ;PERALTA RODRIGO, C; PASTOR RUIZ J. (2009): TRATADO DE PSICOFARMACOLOGÍA : BASES Y APLICACIÓN CLÍNICA EDICIÓN 2ª ED .MADRID: MÉDICA PANAMERICANA, COP. 2009
• FERNÁNDEZ TERUEL, A. (2008): FARMACOLOGÍA DE LA CONDUCTA. DE LOS PSICOFÁRMACOS A LAS TERAPIAS PSICOLÓGICAS. BARCELONA. UNIVERSITAT AUTONOMA DE BARCELONA. SERVEI DE PUBLICACIONS
• LÓPEZ-MUÑOZ, F.; ÁLAMO GONZÁLEZ, C. (2007): HISTORIA DE LA PSICOFARMACOLOGÍA. MADRID : MÉDICA PANAMERICANA,
• STAHL, S.M. (2002): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL DE LA DEPRESIÓN Y EL TRASTORNO BIPOLAR. BARCELONA, ARIEL
• STHAL, S.M. (2000): ESSENTIAL PSYCHOPHARMACOLOGY OF DEPRESSION AND BIPOLAR DISORDER. N.Y.-U.S.A., CAMBRIDGE UNIVERSITY PRESS
• PIES, R.W. (2000): MANUAL DE PSICOFARMACOLOGÍA BÁSICA. BARCELONA, MASSON
• GOMEZ JARABO (ED.) (1998): FARMACOLOGÍA DE LA CONDUCTA: MANUAL BÁSICO PARA PSICOTERAPEUTAS Y CLÍNICOS. MADRID: SÍNTESIS
• FLÓREZ, J.(2001 ): FARMACOLOGÍA HUMANA. 3ºED.
BARCELONA: MASSON-SALVAT MEDICINA
CompetenciasTrátase de cumprir os obxectivos propostos que, segundo o expresado no apartado correspondente tenden a lograr que os alumnos e alumnas:
• Coñezan as bases neuroquímicas das accións dos fármacos sobre a conduta.
• Poidan identificar os principais grupos de psicofármacos, coñecer os seus mecanismos de acción, as súas accións farmacolóxicas principais e os seus usos terapéuticos.
• Poidan manexar as fontes de información e documentación sobre psicofármacos para facer posible a actualización dos coñecementos adquiridos.
Metodoloxía da ensinanza - A docencia teórica presencial emprega un modelo de clase maxistral modificada mediante o emprego de diversos procedementos de fomento da interacción e a utilización de material complementario audiovisual.
- A existencia dun libro de texto da materia (adecuado para o seu estudo directo) evita a copia de apuntamentos durante as sesións de clase teórica.
- As prácticas (de asistencia presencial obrigatoria) complementan directamente o programa teórico proposto e realízanse en pequenos grupos con supervisión personalizada.
- Existe un web da materia con documentación complementaria e ferramentas de comunicación directa coa profesora.
Sistema de evaluaciónAvaliación
• Cumprimento do programa de prácticas presenciais.
• Exame final na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade.
Tipo de exame: test.
Tempo de estudo e traballo persoalESTIMACIÓN GLOBAL: 2 horas de traballo persoal por cada hora de docencia presencial.
80 horas de traballo, entre a reparación e o coñecemento global do material e o seu estudo.
Recomendacións para o estudo da materiaUn consello do mesmo demo:
MEFISTÓFELES:
Pero, ante todo, en este curso próximo
seguid el mejor orden
Oíd cinco lecciones cada día
entrando en cuanto toque la campana
Estudiadlas primero con cuidado
para observar mejor que ellos no dicen
sino lo que ya pone vuestro libro
Pero tomad apuntes siempre
como si el Espíritu Santo les dictara.
Cita do Fausto de Goethe
Tradución española de 2000