081557 - Selección de Persoal (OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE 1º E 2º CICLO - OR. PS. SOCIAL E DO TRABALLO) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo ÚNICO | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
| Grupo UNICO | Ordinario | Prácticos | SI | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAo remate deste curso de Selección de Persoal, o alumno deberá ser capaz de responder as seguintes cuestións:
· ¿Que é o recrutamento de persoal e cal é a súa finalidade?
· ¿Que métodos de recrutamento existen? ¿Utilízanse de xeito adecuado?
· ¿Que modelos de selección existen?
· ¿Cales son os instrumentos avaliativos máis utilizados e en que consisten?
· ¿De que depende o grao de acerto na decisión de selección?
· ¿Como inflúen as novas tecnoloxías no recrutamento e na selección de persoal?
· ¿Como inflúe a estratexia competitiva da compañía na elección dos instrumentos?
Contidos· A selección de persoal na función de recursos humanos. Selección de persoal convencional e selección de persoal estratéxica
· A análise de postos de traballo e ocupacións
· A medida do desempeño laboral. O criterio. Desempeño de tarefa. Desempeño contextual. Tipos de medidas do criterio
· As propiedades psicométricas dos instrumentos de selección de persoal: fiabilidade e validez
· Instrumentos preditores en selección de persoal: o currículum vitae e follas de solicitude. Entrevista convencional e entrevista conductual estructurada. Probas de habilidades mentais, perceptivas e motrices. Inventarios de personalidade. Biodatas. Simulacións: Role-Play, In-basket test, Business Game. Assessment Center. Entrevistas de selección de persoal. Referencias persoais.
· Novas tecnoloxías e recrutamento e selección de persoal
· A decisión e o informe de selección
Bibliografía básica e complementariaAlcaide Castro, M., González Rendón, M. y Flórez Saborido, I. (1996). Mercado de trabajo, reclutamiento y formación en España. Madrid: Pirámide.
Cooper, D., Robertson, I. y Tinline, G. (2003). Reclutamiento y selección. Thomson (Colección negocios).
Gómez Mejía, L.R. (2001). Dirección y gestión de Recursos Humanos. Prentice Hall. Capítulo 5.
Goodale, J.G. (1994). La entrevista: técnicas y aplicaciones para la empresa Madrid- Pirámide.
Klinnuex, K.C. (2001). Contrate a los número uno. Madrid: MacGraw-Hill- Interamericana de España.
Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill. Capítulo 4: La evaluación de individuos.
Larson, W.W. (2002). Realizar entrevistas de trabajo. Madrid: Prentice-Hall. Pearson Educación.
Muchinsky, P.M. (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thomson Learning. Capítulos 4 y 5.
Osca, A. ( ED.) (2006). Selección, evaluación y desarrollo de los Recursos Humanos. Madrid: Diaz de Santos.
Salgado J. y Moscoso S. (2001). La entrevista conductual estructurada: Teoría, práctica y rentabilidad económica. Madrid: Pirámide.
Spector, P. (2002). Psicología industrial y organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno. Capítulo 5: Métodos de evaluación para selección y ubicación.
Competencias- Coñecer as diferentes técnicas de análise de postos necesarias para poder levar a cabo un proceso de selección.
- Distinguir os conceptos estatísticos de fiabilidade e validez das medidas e a súa interpretación nos procesos de selección.
- Coñecer, distinguir e relacionar as diferentes dimensións do desempeño laboral cos instrumentos de selección, así como coñecer diferentes métodos de avaliación do desempeño.
- Coñecer e saber distinguir cáles son os mellores instrumentos para utilizar para avaliar as persoas en cada proceso de selección.
- Aprender a aplicar correctamente os diferentes métodos de selección e as habilidades necesarias para iso.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases teóricas explicaranse os conceptos correspondentes aos contidos do programa. Nas clases prácticas, os alumnos realizarán exercicios prácticos e simulacións propias da función de selección de persoal.
Sistema de evaluaciónO examen consistirá nunha proba tipo test na cal entrará toda la materia dada na parte teórica e na parte práctica, así como o contenido estudiado nas las lecturas obligatorias.
Os alumnos deberán contestar a todas as preguntas para que seu examen sexa considerado válido.
Aqueles alumnos que desexen subir nota ou optar a Matrícula de Honor poderán facer un traballo optativo, previo acorrdo co profesor e con suficiente antelación.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 15 horas
Horas de prácticas de laboratorio: 25 h.
Horas non presenciais: teoría: 40 h. + prácticas: 20 h. + proxecto: 20 h.
Horas de avaliación: 2
Total: 122 h.
Recomendacións para o estudo da materiaUnha recomendación importante é a asistencia ás clases tanto teóricas como prácticas (obrigatorias) e, sobre todo, a participación activa nelas. É esencial para superar a materia con éxito e acadar os obxectivos propostos neste programa.
Unha segunda recomendación é que os contidos da materia se vaian estudando de forma sistemática e regular ao longo do curso e que se aproveite o material das clases prácticas para afondar nos contidos dalgunhas das cuestións tratadas nas clases teóricas.