Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011224 - Neurociencia cognitiva (Bases biolóxicas da conducta) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Psicobioloxía
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA.NON
PAZO ALVAREZ, PAULA.NON
Pinal Fernández, Diego.NON
RODRIGUEZ HOLGUIN, SOCORRO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24HorariosHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia

    Para superar con éxito o curso os e as estudantes deben, ao seu remate:

    -Coñecer a perspectiva da Neurociencia Cognitiva no estudo do comportamento humano e os procesos psíquicos, as súas contribucións e limitacións e a tela en conta ao conformar o seu coñecemento do comportamento humano.
    -Coñecer, a un nivel básico e xeral, as bases biolóxicas dos procesos cognitivos superiores, nomeadamente atención, memoria, linguaxe, procesos de resposta e funcións executivas.
    -Coñecer e saber manexar, a un nivel de iniciación, as técnicas e procedementos de rexistro psicofisiolóxico no estudo dos procesos cognitivos.

    Contidos

    1. Introdución á Neurociencia Cognitiva
    Que estuda e como o fai. Aproximación ás técnicas e procedementos de estudo das bases neurais dos procesos cognitivos.

    2. Atención
    Formas básicas da atención: atención esóxena vs. endóxena. Bases neurais da atención: substratos neuroanatómicos e neurofuncionais das redes atencionais. Alerta, orientación e atención executiva. Influencia das emocións sobre a atención. Rexistro de correlatos psicofisiolóxicos da atención en humanos mediante electrofisioloxía non invasiva.

    3. Memoria.
    Bases neurais da memoria: substratos neuroanatómicos e neurofuncionais dos sistemas de memoria e dos procesos de memoria. Sistemas de memoria: memoria a curto prazo e memoria a longo prazo; memoria declarativa e memoria non declarativa. Procesos de memoria: codificación, almacenamento e recuperación. Influencia das emocións sobre a memoria. Rexistro de correlatos psicofisiolóxicos da memoria en humanos mediante electrofisioloxía non invasiva.

    4. Linguaxe
    Bases neurais da linguaxe: substratos neuroanatómicos e neurofuncionais da linguaxe. Comprensión e produción lingüística. Linguaxe e fala. Adquisición da linguaxe. Linguaxe e especialización hemisférica. Rexistro de correlatos psicofisiolóxicos de procesos relacionados coa linguaxe en humanos mediante electrofisioloxía non invasiva.

    5. Procesos de resposta
    Bases neurais dos procesos de resposta: substratos neuroanatómicos e neurofuncionais dos mecanismos de selección e preparación de respostas motoras. Rexistro dos correlatos psicofisiolóxicos dos procesos de resposta en humanos mediante electrofisioloxía non invasiva

    6. Funcións executivas
    Bases neurais das funcións executivas: planificación da conduta, conduta dirixida a obxectivos; control da conduta e das emocións; flexibilidade. O córtex prefrontal. Influencia das emocións sobre os procesos executivos. Rexistro de correlatos psicofisiolóxicos de funcións executivas en humanos mediante electrofisioloxía non invasiva.

    7. Aproximacións desde a Neurociencia Cognitiva a outros procesos.


    Bibliografía básica e complementaria

    NOTA: Alén dos manuais xerais referenciados aquí, para cada tema se proporcionará, nas clases a bibliografía máis específica.

    Bibliografía básica:

    Carlson, N.R. (2006/2009). Fisiología de la conducta, 8ª ed. Madrid: Pearson – Addison Wesley (orixinal en inglés: 2004). [Ref. Biblioteca: PS6-1532]

    Rosenzweig, M.R., Breedlove, S.M., Watson, N.V. (2005). Psicobiología. Una introducción a la Neurociencia Conductual, Cognitiva y Clínica, 2ª ed. Barcelona: Ariel. (orix. 2005, 4th Ed). [Ref. Biblioteca: PS6-1525]

    Bear, M.F., Connors, B., Paradiso, M. (2008). Neurociencia. La exploración del cerebro, 3ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer, Lippincott Williams & Wilkins. (orixinal en inglés: 2007). [Ref. Biblioteca: PS6-1719]

    Maestú Unturbe, F., Ríos Lago, M., Cabestrero Alonso, R. (2008). Neuroimagen. Técnicas y procesos cognitivos. Barcelona: Elsevier-Masson. [Ref. Biblioteca: PS6-1683]

    Mora, F., Sanguinetti, A.M. (2004). Diccionario de Neurociencias. Madrid: Alianza Editorial. [é un dicionario de peto, útil para a solución de dúbidas terminolóxicas; Ref. Biblioteca: DIC15 71]

    Kandel, E.R., Jessel, T.M., Schwartz, J.H. (1996/2005). Neurociencia y conducta. Hertfordshire, UK: Prentice Hall (orixinal en inglés: 1995). [Ref. Biblioteca: PS6-1001; PS6-1244; PS6-1668; PS6-1591]. Nota: existen varias reimpresións, entre 1996 e 2005, deste manual; as referencias distintas corresponden a estas diferentes impresións]

    Kolb, B., Whishaw, I.Q. (2006). Neuropsicología humana. Madrid: Editorial Médica Panamericana (orixinal en inglés: 2003). [Ref. Biblioteca: PS6-1582]

    Bibliografía complementaria:

    Breedlove, S.M., Watson, N.V., Rosenzweig, M.R. (2010). Biological Psychology. An Introduction to Behavioral, Cognitive, and Clinical Neuroscience, 6th ed. Sunderland, MA-US: Sinauer Ass., Inc. [Ref. Biblioteca: PS6-1806A] [Nova edición do Rosenzweig, Breedlove e Watson, de momento non traducida ao castelán]

    Purves, D., Brannon, E.M., Cabeza, R., Huettel, S.A., LaBar, K.S., Platt, M.L., Woldorff, M.G. (2008). Principles of Cognitive Neuroscience. Sunderland, MA-US: Sinauer Ass., Inc. [Ref. Biblioteca: PS6-1700]

    Ward, Jamie (2010). The student's guide to Cognitive Neuroscience, 2nd Ed.. New York-US: Psychology Press. [Ref. Biblioteca: PS6-1809A]

    Competencias

    Das competencias establecidas para o Título, nesta materia abórdanse as seguintes:

    - Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
    - Coñecer e comprender as leis básicas dos procesos psicolóxicos
    - Coñecer e comprender os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas
    - Identificar as características relevantes do comportamento mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da psicoloxía
    - Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios da psicoloxía
    - Elaborar informes psicolóxicos
    - Axustarse ás obrigas deontolóxicas da psicoloxía.

    Estas competencias xerais da titulación concrétanse, no marco da materia en:

    - Coñecer e comprender as bases biolóxicas dos procesos cognitivos, cunha noción básica e xeral das estruturas anatómicas, os circuítos e redes de relacións funcionais entre elas, e os mecanismos fisiolóxicos que dan lugar a estes procesos.

    - Incorporar a perspectiva psicobiolóxica á comprensión, avaliación e explicación do comportamento humano en xeral, e dos procesos cognitivos en particular

    - Ler comprensivamente e extraer a información relevante de materiais científicos do nivel de manuais avanzados en materia de Neurociencia Cognitiva. Ler e extraer a información esencial de materiais do nivel de artigos científicos en materia de Neurociencia Cognitiva.

    - Manexar, a un nivel inicial, algunhas técnicas de rexistro electrofisiolóxico non invasivo en humanos como procedemento de aproximación neurocientífica aos procesos cognitivos e informar dos resultados das avaliacións mediante estas técnicas.
    Metodoloxía da ensinanza

    SESIÓNS EXPOSITIVAS para introducir e explicar os tópicos principais do programa (temas 1 a 6 do epígrafe de "contidos"), utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes e estean disponibles. Nestas sesións facilitarase bibliografía básica de referencia para traballar cada tema e poderanse introducir actividades (do tipo de exercicios breves) para incentivar e facilitar a atención e o seguimento das clases. Prográmanse un total de 24 sesións de unha hora.

    SESIÓNS INTERACTIVAS para traballar máis directamente sobre os contidos, ben a través do traballo sobre materiais complementarios como vídeos e textos ou ben a través da realización de prácticas de laboratorio (rexistros psicofisiolóxicos). Prográmanse un total de sete sesións de hora e media cada unha. A primeira dedicarase ao repaso de coñecementos de Neuroanatomía correspondentes á materia de 1º curso "Fundamentos Biolóxicos da Conduta" que é necesario ter presentes para un bó seguimento do programa, mediante o manexo de maquetas e atlas de neuroanatomía. As sesións segunda a sexta dedicaranse á aproximación psicofisiolóxica ao estudo da atención, memoria, linguaxe e procesos de resposta mediante o rexistro de correlatos electrofisiolóxicos periféricos e centrais destes procesos. A séptima e última sesión concíbese como un seminario breve no que se traballarán algúns materiais representativos das aproximacións máis recentes desde a Neurociencia Cognitiva a aspectos do comportamento humano como o razonamento ou a conduta social (este tema do programa tratarase neste formato de clases, e non nas sesións expositivas). Sobre os traballos desenvolvidos nestas sesións deberanse presentar informes escritos que se terán en conta na avaliación (ver epígrafe "Sistema de avaliación").

    SESIÓNS EN GRUPO REDUCIDO (GRUPOS DE TITORÍA) para revisar o seguimento do curso e o grao de cumprimento das actividades previstas até eses momentos e proporcionar, de ser o caso, indicacións correctoras. Serán dúas sesións, na metade e ao final do cuadrimestre, de 30 minutos de duración cada unha.

    TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE alén da asistencia ás actividades presenciais, o/a estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios, a elaboración dos informes asociados ás sesións interactivas e ao estudo dos contidos. Ao longo do curso iranse indicando as ocasións en que sexa preciso traballar algún material antes das sesións presenciais, sexa de repaso do curso anterior, sexa material introdutorio aos tópicos a tratar. Noutros casos, recomendarase a lectura e traballo de materiais complementarios á bibliografía básica de estudo. Por último, é esencial o estudo da bibliografía básica recomendada para os diferentes temas tratados no programa, e a súa integración coas actividades desenvolvidas nas clases e cos materiais complementarios.

    ASISTENCIA A CLASES E ACTIVIDADES PRESENCIAIS: considérase fundamental para unha adecuada consecución dos obxectivos da materia. Haberá control de asistencia na totalidade das sesións interactivas e de grupo reducido, e un control variable (sexa específico, sexa a través da entrega de exercicios escritos que se realicen en clase) nas sesións expositivas. A consideración da asistencia na avaliación do/a estudante indícase no epígrafe correspondente do programa.

    TITORÍAS: as profesoras da materia están disponibles en titorías (nos sitios e horas indicados nos seus horarios), para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.

    SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DAS TIC: Os materiais de apoio gráfico utilizados nas clases e os guións das mesmas estarán a disposición dos e das estudantes a través do Campus Virtual da USC (subsidiariamente, do servizo de reprografía).Tamén se dispoñerá neste soporte de materiais complementarios de estudo que se consideren pertinentes

    REVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO DO CURSO: Prevese realizar, cara a metade e ao final do cuadrimestre, sendas sesións de revisión do desenvolvemento do curso, para valorar os aspectos do mesmo que poidan precisar dalgún axuste.


    Sistema de evaluación

    A avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realízase con base en varios elementos, cuxo peso relativo no resultado final se expresa a continuación. Para que calquera destes elementos sume na cualificación final, debe acadarse nel un mínimo do 30% da puntuación máxima. A realización/entrega de calquera das probas implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que conlevará unha cualificación final da materia aínda no caso de non concorrer ao exame final.

    (1) Requírese a entrega dos informes correspondentes ás sesións interactivas, que formarán parte da avaliación. Os informes deberán entregarse cando se indique (xeralmente, o día da seguinte sesión). Prográmanse dúas sesións, á metade e ao final do curso, para avaliación/resolución de dúbidas das prácticas (última semana de outubro e última semana de decembro, aproximadamente). Non se aceptarán -nin avaliarán- informes correspondentes a prácticas ás que non se asistíu. A avaliación dos informes pesará un 10% na cualificación final.

    (2) Realizaranse dous exames de avaliación parcial, en torno á metade do curso e ao final do mesmo (última semana de outubro e última semana de decembro, aproximadamente). Estas probas pesarán o 20% (10% cada unha) na cualificación final.

    (3) Realizarase un exame final, na data oficialmente prevista para o mesmo (mes de xaneiro), que versará sobre a totalidade do programa (as avalacións parciais, xa que logo, non "liberan materia"). Este exame terá un peso do 70% na cualificación final, e contará cunha segunda oportunidade no mes de xullo para aquelas persoas que non superasen a materia en xaneiro.

    Os exames (parciais e finais) serán de preguntas abertas de extensión breve. Versarán sobre os contidos explicados e traballados nas clases (sesións expositivas e interactivas) e tomarán como referencia principal a bibliografía que para a súa preparación se recomende ao longo do curso. Avaliarase o dominio e asimilación dos contidos, a corrección terminoloxica e formal no uso da linguaxe e a calidade expresiva. Na avaliación dos informes de prácticas terase en conta a corrección da información e dos datos recollidos e a súa correcta interpretación.

    Na segunda oportunidade de superación da materia, prevista no mes de xullo para aqueles/as estudantes que non aprobasen ao remate do cuadrimestre, realizarase un exame das mesmas características do exame final do mes de xaneiro. Poderán entregarse de novo os informes de prácticas, corrixidos ou mellorados, e se terá en conta tamén, de ser o caso, a cualificación das probas parciais realizadas durante o curso.

    A asistencia a clase terase en conta na avaliación final. É obrigatoria no caso das prácticas: non se poderá superar a materia se non se asistíu a un mínimo do 70% das prácticas ou non se entregaron en prazo os correspondentes informes. A cualificación final poderá ser modulada até nun 5% pola asistencia a clase, sempre e cando se verifique, a través dos procedementos de control referidos no epígrafe de Metodoloxía da ensinanza, a asistencia a un mínimo do 70% da totalidade das actividades presenciais da materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal

    A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:

    Asistencia a actividades presenciais (docencia, avaliación): 40,5 h (ver distribución e obxectivos no epígrafe de "metodoloxía da ensinanza").

    Traballo non presencial: 72 h. Este deberá distribuirse na elaboración de informes de prácticas (aprox. 3 h), preparación previa das clases (aprox. 9 h) e a lectura e estudo de materiais (aprox. 60 h).


    Recomendacións para o estudo da materia


    Para un correcto seguimento desta materia recoméndase:

    (1)Ter conseguidos os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1º curso do Grao, nomeadamente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Motivación, Emoción e Condicionamento.

    (2) Levar ao día as restantes materias de 1º cuadrimestre de 2º curso, con especial atención tamén ás máis vinculadas a esta: Percepción e Atención; Psicoloxía da Memoria; Aprendizaxe.

    (3) Capacidade de lectura de textos científicos básicos, do ámbito da Psicoloxía, en inglés.

    (4) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura dos materiais e estudo dos contidos. Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas ou a orientación no proceso de aprendizaxe.