Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011228 - Psicoloxía da linguaxe (Procesos psicolóxicos) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 22.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 37.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Básica
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fraga Carou, Isabel.SI
REDONDO LAGO, JAIME MAURO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24HorariosHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    . Que o alumno lea e resuma axeitadamente a literatura científica sobre Psicoloxía da Linguaxe.
    . Que os alumnos coñezan e valoren a diversidade teórica e experimental da Psicoloxía da Linguaxe.
    . Que o alumno coñeza os distintos deseños de investigación e se inicie no uso dos procedementos e tarefas experimentais propios da Psicolingüística.
    . Que os alumnos sexan capaces de realizar axeitadamente os informes experimentais correspondentes ás prácticas da materia.
    . Que os alumnos desenvolvan un interese xenuíno pola Psicolingüística.
    . Que o alumno sexa capaz de traballar, non só de xeito eficaz, senón tamén do mellor xeito posible.

    Contidos
    Sesións expositivas

    1. Ámbito de estudo da Psicoloxía da Linguaxe.
    . Nacemento da moderna Psicolingüística.
    . Chomsky e a Psicoloxía da Linguaxe.
    . Definición de Psicoloxía da Linguaxe.
    . O concepto de linguaxe e as súas dimensións.
    . Modalidades da actividade lingüística.
    . Os temas da Psicolingüística.

    2. Procedementos experimentais e observacionais para o estudo da comprensión e a produción.
    . Variables dependentes.
    . Diferenzas entre os procedementos "off-line" e "on-line".
    . Procedementos "off-line".
    . Procedementos "on-line".
    . A técnica de "priming" en Psicolingüística.
    . Investigacións con medidas de tempo: as pausas da fala.
    . O fenómeno da punta da lingua.
    . A análise dos erros da fala espontánea: os lapsus linguae.

    3. Modularidade e niveis de procesamento da linguaxe.
    . A modularidade da mente.
    . Procesos no uso da linguaxe.
    . Fases do procesamento lingüístico.
    . Relacións entre comprensión e produción (existe un módulo da linguaxe?).

    4. Procesamento de palabras.
    . Información relativa á palabra.
    . Acceso léxico.
    . Efectos experimentais.
    . Modelos de recoñecemento de palabras.

    5. Procesamento de oracións.
    . Compoñentes do procesamento de oracións.
    . Distinción forma-significado.
    . Ambigüidade estrutural.
    . Distinción entre oracións primarias e non primarias.
    . Estratexias estruturais de desambiguación.
    . Modelos de procesamento de oracións ambiguas.

    6. Comprensión de textos e discursos.
    . Nivel de procesamento do discurso.
    . Formas de representación.
    . Conceptos básicos.
    . Inferencias.
    . Procesos inferenciais e factores que lles afectan.
    . Teorías do procesamento do discurso.

    7. A produción da linguaxe.
    . Caracterización xeral do proceso de produción.
    . Fases do proceso de produción: o modelo de Levelt.
    . A codificación lingüística das oracións e os seus procesos.
    . Procesamento léxico na produción da linguaxe.
    . Procesos de codificación fonolóxica: o modelo de Dell.
    . A produción escrita.


    Sesións interactivas

    1. Os desafíos da Psicolingüística.
    2. A estrutura do sistema lingüístico: arquitectura funcional.
    3A. O inabarcable mundo das palabras.
    3B. Procesamento de palabras: efectos de frecuencia e lexicalidade.
    4A. Resolución de ambigüidades sintácticas: como decidimos quen estaba no balcón?
    4B. Estratexias de adxunción ante cláusulas de relativo ambiguas.
    5. Procesamento de textos e discursos: a culminación do proceso de comprensión.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    de VEGA, M., CUETOS, F. (1999). Psicolingüística del español. Madrid: Trotta.

    FERNÁNDEZ-REY, J., FRAGA, I., REDONDO, J., ALCARAZ, M., PARDO-VÁZQUEZ, J.L. (2010, 2ª ed.). Procesos psicológicos básicos II. Manual y cuaderno de prácticas de memoria y lenguaje. Madrid: Pirámide.


    Bibliografía complementaria

    BELINCHON, M., RIVIERE, A., IGOA, J. M. (1992). Psicología del lenguaje. Investigación y teoría. Madrid: Trotta.

    FRAGA, I. (1997). Psicología del lenguaje: Aspectos teóricos y metodológicos. Santiago: Tórculo.

    HARLEY, T.A. (2009 [3ª ed. orig. 2008]). Psicología del Lenguaje. De los datos a la teoría. Madrid: McGraw-Hill.

    PINKER, S. (1995, [1994]). El instinto del lenguaje. Cómo crea el lenguaje la mente. Madrid: Alianza.

    Competencias
    As competencias xerais da Titulación abordadas nesta materia son as seguintes:

    . Coñecer e comprender as leis e os principios básicos dos procesos psicolóxicos.
    . Extraer información relevante de libros de texto de nivel avanzado.
    . Comprender e explicar o comportamento humano integrando diferentes perspectivas
    . Valorar e apreciar as achegas da investigación científica ao coñecemento e a práctica profesional.
    . Ser capaz de elaborar informes orais e escritos.
    . Saber traballar en equipo.


    Estas competencias xerais concrétanse, nesta materia, nas seguintes competencias específicas:

    . Coñecer e comprender os principios básicos do procesamento da linguaxe, así como as contribucións e limitacións dos modelos que tratan de explicalos.
    . Ser capaz de relacionar eses coñecementos cos temas que se estudan no resto das materias do plan de estudos, en especial cos outros procesos psicolóxicos básicos.
    . Iniciarse na utilización dos procedementos e tarefas experimentais propios da Psicolingüística.
    . Analizar e interpretar os datos cuantitativos e cualitativos procedentes das investigacións en Psicolingüística.
    . Reflexionar sobre o papel da linguaxe na cognición humana.

    Metodoloxía da ensinanza
    Para poder chegar a unha aprendizaxe significativa dos coñecementos anteriormente sinalados e adquirir as competencias descritas, ademais da presentación dos temas por parte dos profesores, os estudantes han de abordar as lecturas dos materiais seleccionados dun xeito activo. Por esta razón levarán a cabo unha serie de lecturas previamente ás sesións de seminario, onde se traballará sobre elas resolvendo dificultades conceptuais, contestando a breves cuestionarios, realizando cadros sinópticos, presentando oralmente algúns dos contidos máis importantes dos temas, etc. Nas devanditas sesións favorecerase o traballo en equipo a través de actitudes de cooperación e solidariedade. Con este sistema a motivación do alumnado aumenta significativamente, dando lugar a resultados de aprendizaxe sólidos e estables no tempo.

    Ademais, os alumnos dispoñerán dunha serie de materiais (manual e caderno de prácticas, programas informáticos, paquetes estatísticos, etc.) cuxa utilización lles servirá para: coñecer os principais efectos experimentais, aprender a analizar e interpretar os datos obtidos e recoller a información derivada deste proceso en informes experimentais de calidade.

    O traballo individual, en suma, debe preceder e seguir ás clases expositivas e interactivas. Polo tanto, esixirase unha dedicación constante á materia, con elaboración de glosarios, esquemas e resumos propios, o que facilitará enormemente a comprensión e favorecerá a identificación de dúbidas que poderán ser consultadas nas titorías e nas propias sesións de clase.

    Sistema de evaluación
    Avaliaranse as actividades e exercicios realizados ou presentados nas sesións de aula e os seminarios, valorando o traballo sistemático, a participación activa nos seminarios e a calidade desta, a capacidade de organizar a información, a claridade expositiva e o dominio no manexo da terminoloxía propia da disciplina. Ademais, avaliarase o rendemento nas prácticas mediante a corrección dos informes individuais correspondentes. Polo tanto, para poder superar a materia será requisito asistir, como mínimo, ao 75% das sesións interactivas de seminario e realizar con aproveitamento polo menos un 75% das tarefas derivadas das devanditas sesións. Ademais, será obrigatorio asistir ao 100% das sesións interactivas de laboratorio, así como presentar os informes correspondentes. Por último, realizarase un exame de toda a materia na data oficial establecida. O exame constará de 50 preguntas con tres alternativas de resposta, das que só haberá unha correcta. Para acadar o “5” (sobre 10) neste exame, dado que non penalizarán os erros, será necesario obter un 70% de respostas correctas (35 acertos). A cualificación final resultará da contribución destas tres notas, cun peso máximo do 40% para a primeira e dun 30% para cada unha das dúas últimas, sempre que en todas elas se obtivese polo menos un 4,5 (sobre 10) e que a media final sexa igual ou superior a 5. Todo alumno que comece a avaliación continua terá unha cualificación ao final do cuadrimestre.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo total estimado para a consecución dos obxectivos e competencias e, en última instancia, para poder superar a materia é de 112,5 horas, distribuídas do seguinte xeito:

    . Para a preparación dos contidos teóricos, ademais da asistencia ás 22 horas de clases expositivas e as 10 horas de clases interactivas presenciais, o estudante deberá dedicar 40 horas á preparación dos temas e a realización de lecturas individuais e unhas 10 horas á realización das actividades de avaliación continua.
    . Para a preparación das prácticas, ademais das 4 horas presenciais, o alumno dedicará 9,5 horas á lectura previa dos capítulos do manual de prácticas e á elaboración posterior dos informes correspondentes.

    . Para a preparación do exame, estimamos que o alumno necesitará unha media de 15 horas de estudo.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para preparar esta materia recoméndase un traballo constante por parte do alumno ao longo do cuadrimestre. O devandito traballo será tamén guiado, tutorizado e avaliado de forma continuada por parte dos profesores. Dende principios do cuadrimestre os alumnos dispoñerán dunha Guía docente, así como de Guías de estudo correspondentes a cada unidade didáctica nas que se recollen -ademais dos contidos básicos e a bibliografía recomendada- as principais actividades a desenvolver nas clases interactivas e un resumo dos conceptos clave.
    Observacións
    A Psicoloxía da Linguaxe parece unha materia especialmente adecuada para traballar activamente no acceso ao coñecemento por parte dos estudantes a través do adestramento nas catro habilidades lingüísticas (falar, escoitar, ler e escribir) que configuran os contidos desta materia e que son a base da comprensión e a comunicación humanas.