P3291215 - Intervención social en violencia e crise (Materias Optativas Vinculadas ao Itinerario de Intervención Social) - Curso 2012/2013
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 46.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos conceptos xerais e técnicas de intervención psicosocial sobre violencia intrafamiliar, violencia social, desastres e emerxencias.
- Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos requirimentos éticos e deontolóxicos da práctica profesional como psicólogos implicados en violencia e desastres.
ContidosPrograma Teórico (clases expositivas)
Bloque 1: A parentalidade positiva
Tema 1: Recomendacións internacionais do Consello de Europa para o fomento da Parentalidade Positiva.
Tema 2: Un novo punto de vista sobre a socialización na sociedade actual.
Tema 3: O desempeño positivo do rol parenteral.
Bloque 2: Violencia social (clases interactivas)
Tema 1: Os escenarios da violencia social.
Tema 2: Estratexias de intervención en violencia social: recuperar o pasado e transformar o presente.
Tema 3: Estratexias de prevención da violencia social e establecemento de culturas de paz.
Bloque 3: Desastres e emergencias
Tema 1: Bases conceptuais da intervención en desastres.
Tema 2: Intervención psicosocial en situacións de emerxencia.
Tema 3: Catástrofes, traumas e condutas colectivas.
Tema 4: Reconstrución do tecido social.
Tema 5: Desastres, vulnerabilidade e sociedade de risco.
Programa Práctico
Práctica 1: Programas de educación para pais: desenvolvemento de competencias para unha parentalidade positiva.
Práctica 2: Modelo de intervención psicosocial en violencia socio-política.
Práctica 3: Apoio psicosocial nas catástrofes.
Bibliografía básica e complementariaBloque 1:
Boutin, G. y Durning, P. (1997). Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Madrid :Narcea.
Consejo de Europa (2006). Recommendation Rec (2006) 19 the comité of Ministers to member status on policy to support positive parenting. Explanatory Report. Estrasburgo: Consejo de Europa
Dumbrill, G.C. (2006). Parental experience of child protection intervention:
A qualitative study. Child Abuse & Neglect, 30, 27-37.
Márquez, M.J., Blanco-Villaseñor, A., Rodrigo, M.J. y Vermaes, I.P.R. (2000).
La evaluación de la eficiencia en la intervención familiar: generalizabilidad y optimización del Programa Experiencial para Padres. Psicothema, 12, 533-542.
Máiquez, M.L., Rodrigo, M.J., Capote, C. y Vermaes, I. (2000). Aprender
en la vida cotidiana: un programa experiencial para padres. Madrid:
Visor.
Rodrigo, M.J., Camacho, J., Máiquez, M.L., Byrne, S. y Cruz, J.M. (2009).
Factores que influyen en el pronóstico de recuperación de las familias en riesgo psicosocial: el papel de la resiliencia del menor. Psicothema, 21, 90-96.
Rodrigo, M.J., Capote, M.C., Máiquez, M.L., Martín, J.C., Rodríguez, G.,
Guimerá, P., y Peña, M. (2000). Manual del Programa Apoyo Personal
y Familiar. Santa Cruz de Tenerife: Fundación ECCA.
Rodrigo, M.J., Máiquez, M.L., Martín, J.C., y Byrne, S. (2008). Preservación
familiar. Un enfoque positivo para la intervención con familias. Madrid: Pirámide.
Vila, I. (1998). Intervención psicopedagógica en el contexto familiar. En
M.J. Rodrigo y J. Palacios (Coords.), Familia y desarrollo humano.
Madrid: Alianza.
Bloque 2:
Blanco, A. y Rodríguez, J. (2007). Intervención Psicosocial. España: Pearson-Prentice Hall.
De Rivera, J., Kurrien, R., y Olsen, N. (2007). The Emotional Climate of Nations and Their Culture of Peace. Journal of Social Issues, 63, 255—271.
Morales, F. & Leal, J.A. (2004). Indicator for a Culture of Peace in Spain. Peace and Conflict: Journal of Peace Psychology. 10 (2), 147-160.
Nadler, A., Malloy, T.E., y Fisher, J.D. (2008). The social psychology of intergroup reconciliation. New York: Oxford University Press.
Summerfield, D. (1998). El impacto de la Guerra y de la atrocidad en las poblaciones civiles. En B. L. Castaño, L.E. Jaramillo & D. Summerfield. Violencia política y trabajo psicosocial. Bogotá- Colombia: Corporación Avre.
United Nations (1999). Declaration and programme of action on a culture of peace. Resolutions adopted by the General Assembly (resolution 53/243). New York
Bloque 3:
Corraliza, J. A. (2000). Vida urbana y exclusión social. Intervención Psicosocial, 9, 169-183.
San Juan, C. (2001). Catástrofes y ayuda de emergencia. Icaria: Antrazyt.
Competencias- Saber identificar aos individuos e grupos de risco en situacións de violencia intrafamiliar, social, catástrofes e emerxencias (nenos, enfermos, anciáns, etc.).
-Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas específicas de intervención en violencia, emerxencias e catástrofes.
- Ser capaz de elaborar proxectos de intervención psicosocial en situacións de violencia intrafamiliar, violencia social, catástrofes e emerxencias.
- Ser capaz de analizar de forma crítica informes de intervención en violencia intrafamiliar, violencia social, situacións de emerxencia e catástrofes.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas (teóricas) consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para afondar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedementais e de investigación propias da materia. Para iso lévase a cabo a análise de casos e simulacións de informes periciais na xurisdición penal, civil e social.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento contínuo e o afondamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por un lado, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto aos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónAs clases teóricas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e a participación. Os seminarios teñen a finalidade de afondar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade deste (estrutura, orixinalidade, presentación). As clases prácticas son avaliadas seguindo os criterios de asistencia e de calidade dos informes periciais e psicosociais. A cualificación obtida polo alumno no exame final (e/ou exames parciais) valerá ata un 65% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua.
*Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima do 80% ás actividades docentes presenciais programadas.
* Materanse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais............................................................Horas
Sesións expositivas.................................................................. 20
Seminarios especializados.......................................................... 8
Clases práticas........................................................................ 16
Titorías.................................................................................... 2
Avaliación................................................................................ 2
Total horas presenciais............................................................ 48
Traballo persoal do estudante..................................................Horas
Lectura e prepraración do material de apoio................................ 25
Estudo individual e/ou grupal.................................................... 20
Preparación de presentaciones orais, debates e semellantes........ 28
Titorías.................................................................................... 4
Avaliación................................................................................25
Total horas de traballo persoal................................................ 102
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase que o alumno siga estritamente as recomendacións e suxestións dos profesores da materia, así como realice a lectura da bibliografía recomendada.
ObservaciónsO aluno debe estar en posesión do título de Licenciado/Graduado en Psicoloxía.