G2011102 - Análise de datos en Psicoloxía (Métodos, deseños e técnicas de investigación en Psicoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaObxectivo xeral: Mediante esta materia preténdese introducir ao alumnado na aplicación da estatística e no uso de soporte informático para a análise de datos relevantes no dominio da psicoloxía.
ContidosINTRODUCIÓN Á MATERIA
Contextualización da materia.
Conceptos xerais. Niveis de medida e tipos de variables. (3 horas)
PARTE I. ESTATÍSTICA DESCRITIVA
1. Introdución á descrición numérica e gráfica de variables. (2 horas)
Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Primeiros índices de posición: percentís.
2. Índices de tendencia central. (1 hora)
Definición e cálculo da media aritmética. Relación con mediana e moda.
3. Índices de variabilidade. (2 horas)
Definición e cálculo da varianza e da desviación típica.
4. Índices de forma. (1 hora)
Concepto de asimetría e de curtose. Tipos e interpretación dos coeficientes de asimetría e de curtose.
5. Puntuacións típicas. (2 horas)
Definición das puntuacións típicas. Relación entre puntuacións típicas e curva normal. Puntuacións relacionadas: puntuacións T.
6. Relacións entre variables. (2 horas)
Concepto de relación lineal. Definición e cálculo da covarianza. Definición, cálculo e interpretación do coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións.
7. Regresión lineal. (3 horas)
Concepto de regresión lineal. Identificación do modelo de regresión lineal e interpretación.
PARTE II. INFERENCIA ESTATÍSTICA
8. Estimación de parámetros. (2 horas)
Mostra e poboación. Estatísticos e parámetros. Estimación de parámetros. Estimación da media aritmética. Estimación da varianza. Estimación da proporción. Selección da mostra.
9. Comprobación de hipóteses. (2 horas)
Concepto de comprobación de hipóteses. Hipótese nula. Hipótese alternativa. Nivel de significación. Nivel de confianza. Comprobación de hipóteses para a media aritmética. Comprobación de hipóteses para a varianza. Comprobación de hipóteses para a proporción.
10. Comparacións entre medias. (4 horas)
Concepto de comparación de medias. Dúas mostras independentes. Comprobación da hipótese de igualdade de varianzas. Varianzas iguais. Varianzas desiguais. Dúas mostras relacionadas.
11. Táboas de continxencia (2 horas).
Concepto de táboas de continxencia. Comprobación da hipótese de independencia nas táboas de continxencia. Corrección de Yates.
12. Inferencia non paramétrica. (2 horas)
Obxectivos da inferencia non paramétrica. Proba de Mann-Whitney para dúas mostras independentes. Proba de Wilcoxon para dúas mostras relacionadas.
13. Contraste de hipóteses en correlación e regresión. (2 horas)
Comprobación de hipóteses para o coeficiente de correlación de Pearson. Comprobación de hipóteses para os coeficientes de regresión.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arce, C. e Real, E. (2001). Introducción al análisis estadístico con SPSS para Windows. Barcelona: PPU. (Sinatura Biblioteca: PS5 2344)
Pardo, A. e Ruiz, M. A. (2009). Gestión de datos con SPSS statistics. Madrid: Síntesis. (PS5 1344)
Pardo, A., Ruiz, M. A. e San Martín, R. (2009). Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud I. Madrid: Síntesis. (PS5 2864)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA I
Botella, J., Suero, M. e Ximénez, C. (2012). Análisis de datos en psicología I. Madrid: Pirámide. (PS5 1405)
Guàrdia, J., Freixa, M., Però, M. e Turbany, J. (2008). Análisis de datos en psicología (2ª ed.). Madrid: Delta Publicaciones Universitarias. (PS5 2809/1, 2)
Howell, D. C. (2012). Statistical methods for psychology. Nova York: Cengage Learning.
Murillo, F. J. e Martínez-Garrido, C. (2012). Análisis de datos cuantitativos con SPSS en investigación socioeducativa. Madrid: UAM Ediciones (Ediciones de la Universidad Autónoma de Madrid). (PS5-2068/1)
Pardo, A. e San Martín, R. (1998). Análisis de datos en psicología II. Madrid: Pirámide. (PS5 2744/2)
Pardo, A. e San Martín, R. (2010). Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud II. Madrid: Síntesis. (PS5 1358)
Pérez, F. J., Manzano, V. e Fazeli, H. (1999). Análisis de datos en psicología. Madrid: Pirámide. (PS5 2725)
Solanas, A., Salafranca, L., Fauguet, J. e Núñez, I. (2005). Estadística descriptiva en ciencias del comportamiento. Madrid: Thomson. (PS5 2609)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA II
Amón, J. (1990). Estadística para Psicólogos (Vol. II) (7ª ed.). Madrid: Pirámide. (PS5 1150)
Aron, A. e Aron, E. N. (1998). Statistics for psychology. Nova Jersey: Prentice-Hall. (PS5 2074)
Peña, D. e Romo, J. (2003). Introducción a la estadística para las ciencias sociales. Madrid: McGraw-Hill. (PS5 2721)
Pérez, F. J., Manzano, V. e Fazeli, H. (1998). Problemas resueltos de análisis de datos. Madrid: Pirámide. (PS5 2719)
Ritchey, F. J. (2008). Estadística para las ciencias sociales (2ª ed.). Madrid: McGraw-Hill. (sinatura Biblioteca Concepción Arenal: FS2 63)
Sánchez-Carrión, J. J. (1995). Manual de análisis de datos. Madrid: Alianza Universidad. (PS5 1636)
Schweigert, W. A. (1994). Research methods and statistics for psychology. Pacific Grove, CA: Brooks/Cole. (PS5 1603)
StatSoft, Inc. (2002). Electronic statistics textbook. Tulsa, OK: StatSoft. WEB: http://www.statsoftinc.com/textbook/stathome.html.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia: Coñecer e saber aplicar as técnicas estatísticas de análise de datos e a metodoloxía e os deseños de investigación máis utilizados en psicoloxía, así como interpretar e informar dos resultados delas.
Competencias específicas:
- Organizar datos propios do desenvolvemento profesional, de forma que poidan ser sometidos a tratamento estatístico mediante soporte lóxico específico.
- Realizar análises estatísticas básicas mediante ferramentas informáticas tales como SPSS ou outras semellantes e complementarias.
- Aplicar criterios de toma de decisión estatística baseados nas propiedades dos datos e no coñecemento das distribucións de probabilidade.
- Interpretar o significado dos cálculos básicos propios da estatística descritiva e inferencial.
- Realizar informes do proceso metodolóxico e dos resultados obtidos a partir de datos recollidos de xeito sistemático.
Metodoloxía da ensinanza O traballo a realizar durante o semestre pode resumirse nas seguintes categorías: (1) clases expositivas, (2) clases interactivas, (3) titorías, e (4) traballo de curso como parte da avaliación formativa.
As clases expositivas serán impartidas para grandes grupos (A, B) nas aulas 1 e 2 da Facultade, e terán unha duración de 1,15 horas. Serán fundamentalmente de presentación dos contidos, aínda que requirirán a participación activa do alumnado, que deberá resolver as cuestións e exercicios ilustrativos que se formulen para cada tema ou pequeno grupo de temas.
As clases interactivas realizaranse no laboratorio de proceso de datos do módulo A da Facultade, en grupos de aproximadamente 20 estudantes, que disporán de ordenadores e soporte lóxico específico para o tratamento estatístico de datos numéricos. As principais tarefas a realizar consistirán en gravar datos, elixir os procedementos estatísticos apropiados e interpretar os resultados das análises.
As titorías programadas serán para os grupos máis reducidos e dedicaranse especificamente a comentar o desenvolvemento do traballo de curso e a facer un seguimento por parte de profesorado e alumnado dos progresos e dificultades na aprendizaxe.
A ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES ANTES DESCRITAS É OBRIGATORIA.
Tamén está prevista a solicitude dun espazo virtual para ir depositando información útil sobre a materia, como programa, calendario de clases interactivas e de titorías, exercicios e outro material complementario á docencia na aula.
Sistema de evaluaciónAvaliación formativa.
A avaliación formativa comprenderá neste curso os seguintes elementos:
- Por unha banda, os exercicios que se formulan dentro de cada tema ou pequeno grupo de temas teñen como finalidade proporcionarlle ao/á estudante unha idea precisa sobre o nivel de coñecementos que se pretende esixir e sobre a súa propia situación ao respecto. Ademais, axudan a aclarar conceptos e a corrixir posibles erros na aprendizaxe.
- Por outra banda, realizarase un traballo de curso. O traballo consistirá en dar resposta a varios interrogantes sobre a análise de datos dun exemplo e na elaboración do informe. O proceso semellará o seguido nas sesións interactivas de laboratorio. Agárdase que os alumnos e alumnas sexan capaces de levar a cabo estas tarefas de xeito autónomo, en grupos reducidos, e que despois presenten un informe individual do traballo efectuado. A realización e entrega deste informe terá lugar ao remate da primeira parte da materia. Será voluntario, aínda que contribuirá á nota final do modo que se especifica máis abaixo.
Avaliación final.
Este tipo de avaliación terá lugar ao final do semestre (concretamente o día 16 de xaneiro de 2014) e posteriormente no mes de xuño (o día 30). Será un exame de carácter eminentemente práctico. Esta proba referirase a coñecementos e competencias que representan ao conxunto da materia e consistirá na resolución por escrito, con axuda dunha calculadora, de diferentes problemas semellantes aos realizados nas clases. Para esta parte o alumnado disporá dun formulario de apoio e poderá empregar tamén táboas estatísticas.
A cualificación final calcularase do seguinte xeito:
- Avaliación formativa (exercicios realizados periodicamente + traballo de curso): ata 2 puntos (1 punto por cada tipo de actividade).
- Avaliación final (exame referido ao conxunto do programa): hasta 8 puntos.
Para superar a materia é necesario que o/a alumno/a alcance polo menos a cualificación de Aprobado 5.
Se o/a alumno/a obtén unha cualificación global inferior a 5, deberá presentarse de novo ao exame da materia, nalgunha das convocatorias posteriores ao seu dispor. A tales efectos conservará a nota que obtivese previamente na avaliación formativa.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e de traballo persoal que o alumnado debería dedicar á materia para maximizar as súas posibilidades de éxito no seu rendemento académico son:
(a) lectura de materiais (20 horas),
(b) traballo de xeito autónomo e realización de informe (30 horas),
(c) estudo (52 horas),
(d) exame final (2 horas).
Recomendacións para o estudo da materiaPara garantir o éxito nesta materia, recoméndase:
(a) A asistencia continua ás clases tanto expositivas como interactivas. Procurar que non existan intermitencias na asistencia.
(b) A participación activa na dinámica das clases.
(c) Traer en cada clase repasados os conceptos da anterior.
ObservaciónsOs/As estudantes poderán realizar a maiores calquera consulta que desexen acerca da materia durante o horario habitual de titorías. O horario de titorías propio de cada profesor da materia para o primeiro semestre comunicarase a principios de curso, estará permanentemente exposto na páxina web da Facultade e nos seus respectivos despachos:
Eulogio Real: despacho 67 (módulo A da Facultade de Psicoloxía, andar 2);
Elena M. Andrade: despacho 84 (módulo B da Facultade de Psicoloxía, andar 2).