G2011103 - Fundamentos biolóxicos da conduta (Bases biolóxicas da conducta) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Psicobioloxía
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Que o alumno entenda o concepto de Psicobioloxía e coñeza a metodoxía e as técnicas que emprega esta disciplina para comprender a conducta humana.
- Que o alumno adquira coñecementos teóricos e prácticos sobre as bases biolóxicas (xenéticas, evolutivas, sociobiolóxicas, neurofuncionais e neuroanatómicas) da conducta humana.
- Que o alumno comece a desenvolver unha actitude científica á hora de enfrontarse á comprensión da conducta humana.
- Que o alumno desenvolva unha actitude equilibrada e racional sobre o papel que a Bioloxía humana desempeña na conducta.
ContidosCONTIDOS DAS SESIÓNS DE TEORÍA
Tema 1. Concepto, obxecto, método e técnicas en Psicobioloxía.
Concepto e obxecto da Psicobioloxía. Relación con disciplinas afíns. Métodos e técnicas de traballo en Psicobioloxía. Técnicas empregadas en animais e/ou preparacións. Técnicas empregadas en humanos.
Tema 2. Bases xenéticas da conducta.
Xenes e herdanza. Xenética molecular. Modelo polixénico. Xenética cuantitativa. Xenética da conducta en humanos.
Tema 3. Bases evolutivas da conducta.
Evolución dos homínidos. Etoloxía. Sociobioloxía.
Tema 4. Células nerviosas e gliales, sinais nerviosas e comunicación interneural.
Neuronas e glia. Os potenciais neuronais: potencial de repouso e potencial de acción. Sinapsis e potenciais sinápticos. Neurotransmisores e neuromoduladores.
Tema 5. Organización anatómica e funcional do sistema nervioso.
Desenvolvemento filoxenético do SN. Desenvolvemento ontoxenético do SN. Principais divisións anatómico-funcionais do SN. Eixos e planos de referencia do SNC.
Tema 6. Meninxes e vascularización.
Envolturas do SN. Sistema ventricular. Irrigación sanguínea. Barreiras encefálicas.
Tema 7. Hemisferios cerebrais ou telencéfalo.
Descrición xeral. Córtex: estructuras laminar e columnar do córtex, fibras do córtex e áreas corticais. Núcleos oo ganglios basais. Sistema límbico.
Tema 8. Diencéfalo: Tálamo. Hipotálamo. Sistema neuroendocrino.
Tema 9. Talo ou tronco encefálico e cerebelo.
Organización lonxitudinal do tronco encefálico. Formación reticular. Circuitos locais troncoencefálicos. Cerebelo.
Tema 10. A medula espiñal
Substancia gris. Substancia branca.
Tema 11. O sistema nervioso periférico.
Descrición xeral. Nervios craneais. Nervios espiñais. SN autónomo: SN simpático e SN parasimpático
(A profesora Mónica Lindín impartirá os temas 1-4, e a profesora Montserrat Zurrón os temas 5-11)
CONTIDOS DAS SESIÓNS DE PRÁCTICAS
Práctica 1. Concepto de Psicobioloxía.
Procedemento: lectura individual de texto divulgativo e discusión por grupos sobre preguntas relacionadas co texto.
Práctica 2. Xenética.
Procedemento: realización e resolución de problemas de xenética
Práctica 3. Evolución humana e Etoloxía.
Procedemento: lectura de textos e discusión por grupos sobre preguntas relacionadas co texto.
Práctica 4. Neurona.
Procedemento: traballo coa maqueta dunha neurona e con preparacións microcópicas de tecido neural.
Práctica 5. Neurofisioloxía I.
Procedemento: traballo con programa de ordenador sobre simulación de funcionamento neural.
Práctica 6. Neurofisioloxía II.
Procedemento: realización e resolución de cuestións sobre fisioloxía neural.
Práctica 7. Neuroanatomía I: observación anatómica do sistema nervioso e términos de orientación.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 8. Neuroanatomía II: estructura externa do encéfalo.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 9. Neuroanatomía III: estructura interna do encéfalo en sección saxital.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 10. Neuroanatomía IV: estructura interna do encéfalo en seccións horizontais e coronais I.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 11. Neuroanatomía V: estructura interna do encéfalo en seccións horizontais e coronais II.
Procedemento: traballo con maquetas e con programa de ordenador.
Práctica 12. Neuroanatomía VI: estructura externa e interna do encéfalo en preparacións de tecido encefálico humano.
Procedemento: traballo con preparacións de tecido encefálico humano.
(A profesora Mónica Lindín impartirá as prácticas 1 e 3; o profesor Santiago Galdo impartirá as prácticas 2, 4, 5 e 6; e a profesora Dolores Rodríguez impartirá as prácticas da 7 á 12)
Bibliografía básica e complementariaBásica:
Abril Alonso, A., Ambrosio Flores, E., Blas Calleja, M.R., Caminero Gómez, A. A., García Lecumberri, C., Pablo González, J.M., Sandoval Valdemoro, E. (2005) Fundamentos biológicos de la conducta (vols. I y II), 2ª edición. Madrid: Sanz y Torres.
Carlson, N.R. (2009). Fisiología de la conducta. Madrid: Pearson.
Crossman, A.R. e Neary, D. (2007). Neuroanatomía: texto y atlas en color. 2ª edición. Barcelona: Masson.
Complementaria:
Abril, A., Ambrosio, E., Blas, M.R., Caminero, A., Claro, F., Ortiz-Caro, J., Pablo, J.M. e Sandoval, E. (1999). Cuestiones resueltas de fundamentos biológicos de la conducta I. (2ª Ed.; 3ª reimp.). Madrid: Sanz y Torres.
Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. e Flores, G. (2006). Invitación a la biología (6ª Ed.). Madrid: Panamericana.
Eibl-Eibesfeldt, I. (1993). Biología del comportamiento humano. Manual de etología humana. Madrid: Alianza.
Felten, D.L. e Shetty, A.N. (2010). Netter, Atlas de Neurociencia. Barcelona: Elsevier.
Friedrich, P. e Jens, W. (2012). Sobotta. Atlas de anatomía humana. Vol III: Cabeza, cuello y neuroanatomía. Madrid: Elsevier.
Haines, D.E. (2007). Principios de neurociencia. 2ª Edición. Madrid. Elsevier
Kalat, J.W. (2004). Psicología Biológica. Madrid: Thomson
Maier, R. (2001). Comportamiento animal. Madrid: McGraw-Hill.
Mora, F. (Ed.). (1996). El cerebro íntimo. Ensayos sobre neurociencia. Barcelona: Ariel.
Nolte, J. e Angevine, J.B. (2009). El encéfalo humano en fotografías y esquemas. Madrid. Elsevier Mosby.
Peláez del Hierro, F., Gil Burman, C. e Sánchez Rodríguez, S. (2002). Introducción a la etología: el estudio comparado del comportamiento animal. Madrid: Biblioteca Nueva.
Plomin, R., DeFries, J.C., McClearn, G.E. e McGuffin, P. (2002). Genética de la conducta. Madrid: Arial.
Purves, D. Augustine, G.J., Fizpatrick, D., Katz, L.C., LaMantia, A.S. e McNamara J.O. (2001). Invitación a la Neurociencia. Buenos Aires: Panamericana.
Schünke, M., Schulte, E., Schumacher, U, Voll, M. e Wesker, K. (2007). Prometeus: texto y atlas de anatomía. Tomo III: Cabeza y neuroanatomía. Madrid: Panamericana.
Acceso a libros en formato electrónico da USC (para preparar os temas 5-11):
http://busc.usc.es/Buscar_informacion/libros.asp. En acceso ao editor picar en “Anatomy Plus Platinum Package: Regional”.
Competencias COMPETENCIAS
- Coñecer os fundamentos biolóxicos da conducta humana e das funcións psicolóxicas.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade para traballar de forma autónoma, e tamén en equipo colaborando eficazmente con outras persoas.
- Habilidades nas relacións interpersoais.
- Razoamento crítico.
- Capacidade para adaptarse a novas situacións.
- Capacidade para asumir responsabilidades.
- Saber obter información de forma efectiva a partir de libros e revistas e doutra documentación.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas: exposición maxistral dos temas con apoio dos medios técnicos dos que se dispoñen na aula (ordenador e cañón), e entrega previa aos alumnos do material gráfico exposto na clase para facilitarlles o seguimento da mesma.
Nas clases prácticas empregaranse as seguintes metodoloxías docentes:
- Traballo en grupos reducidos empregando material adecuado aos distintos contidos da materia (microscopios, programas de ordenador, maquetas da neurona, do encéfalo e da médula, seccións de tecido nervioso humano).
- Traballo individual de elaboración de informes a partir de lecturas ou videos, seguindo o esquema aportado polo profesor, que recolla o grado de comprensión, integración de coñecementos e análise crítica do alumno; e debate e discusión en grupo posterior.
- Realización de exercicios e cuestións, tanto de forma individual como en grupo, e corrección dos mesmos na clase.
Titorías a grupos reducidos de alumnos/as, dirixidas polas profesoras co obxectivo de que os alumnos e alumnas adquiran unha maior comprensión dos coñecementos, resolvendo as súas dúbidas e dificultades. As datas destas titorías serán informadas aos/as alumnos/as nas clases de teoría.
Titorías individuais, para resolver dúbidas e problemas individuais relacionados coa materia. O horario das titorías de cada profesor/a figura na guía docente (que se deixará na fotocopiadora a principios de curso), na porta do seu despacho e na páxina web da facultade.
Os contidos desta materia pódense consultar na USC virtual. Recoméndase aos alumnos a utilización deste servizo proporcionado pola USC e polos profesores da materia.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua:
- Farase un seguimento da asistencia ás clases teóricas e prácticas. Nas clases de teoría, se controlará a asistencia nalgunhas sesións. Nas clases prácticas se controlará a asistencia en tódalas sesións. Si o alumno asiste a todas as clases teóricas e prácticas, obterá 0,5 puntos, é dicir un 5% da nota.
- Realizarase un seguimento do aproveitamento que o alumno/a realiza sobre a docencia recibida. Con ese obxectivo, realizaranse dúas avaliacións formativas ao longo do cuatrimestre que poderán supoñer ata un 20% da nota (10% cada unha). A primeira avaliación formativa realizarase ao finalizar o tema 4 de teoría, e dita avaliación terá lugar un venres ás 16 horas. A segunda avaliación formativa realizarase ao finalizar o tema 11, tamén un venres ás 16 horas. Estas avaliacións formativas non liberan materia para o exame final.
Avaliación final:
Realizarase un exame final en data oficial que suporá un 75% da nota.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: 35 h.
Clases prácticas: 15 h.
Avaliación formativa: 1h.
Titorías dirixidas a grupos reducidos: 1h.
Exame final: 2h.
Horas de estudio do alumno: 80 h. (estimadas).
Elaboración de informes e exercicios por parte do alumno: 20 h. (estimadas)
Recomendacións para o estudo da materiaQue o alumno estudie de forma continuada a materia conforme se desenvolvan os temas.
Que faga uso das titorías para resolver a súas dúbidas.
Que empregue a bibliografía recomendada.
Que alumno asista ao curso de nivelación en Bioloxía no caso de non ter cursado, no bacharelato, as materias de Física, Química ou Bioloxía. Este curso impartirase no mes de setembro, na facultade de Psicoloxía, nas datas oficiais expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web da facultade.
ObservaciónsÉ obrigatoria a asistencia ás clases teóricas, ás clases prácticas e ás titorías de grupos reducidos.