G2011104 - Psicoloxía do desenvolvemento e da educación (Psicoloxía do ciclo vital e da educación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaÓ finalizar a materia os alumnas e alumnas deberían estar capacitados para:
1. Analizar e valorar criticamente as principais teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe e as súas aportacións a educación
2. Comprender a relación entre desenvolvemento, aprendizaxe, educación e escolarización.
3. Valorar a necesidade de coñecer o desenvolvemento para desempeñar adecuadamente a actividade profesional.
4. Analizar os procesos educativos e reflexionar críticamente sobre os fines que persigue a educación e sobre a función que ésta desempeña na vida das persoas.
5. Proporcionar os instrumentos necesarios e fomentar actitudes que impulsen ós estudantes a implicarse (no seu futuro exercicio profesional) en procesos de reflexión e valoración da propia práctica.
6. Mostrar interés e iniciativa para buscar, organizar e analizar críticamente información relacionada cos contidos da asignatura.
7. Participar activamente nas análises e discusiones grupales, cooperar con outros compañeiros no desenvolvemento de traballos conxuntos e comunicar con propiedade e corrección as suas propias ideas e reflexións, así como os resultados dos seus traballos
ContidosPrograma teórico:
Bloque I. A Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación no contexto da ciencia psicolóxica
Tema 1. Aproximación conceptual á Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación
1. A Psicoloxía do Desenvolvemento
2. A Psicoloxía da Educación
3. As relacións entre educación e desenvolvemento
Bloque II. As explicacións sobre o desenvolvemento e sobre os procesos educativos
Tema 2. Teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos I
1. Perspectiva psicoanalítica
2. Enfoque etolóxico
3. Teorías da aprendizaxe
Tema 3. Teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos II
1. A perspectiva cognitivista
2. Enfoques culturais-contextuais
Tema 4. Teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos III
1. A teoría da aprendizaxe verbal significativa
2. O enfoque constructivista como modelo explicativo dos procesos educativos
Bloque III. Os métodos de estudo
Tema 5. A investigación do desenvolvemento e dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Programa de seminarios:
Seminario 1. Determinantes e controversias no desenvolvemento.
Seminario 2. As relacións entre desenvolvemento e educación.
Seminario 3. A psicanálise: coñecemento dun test proxectivo infantil
Seminario 4. Análise das teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos I
Seminario 5. Análise das teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos II
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFIA BASICA
Berger, K. S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Coll, C. (coord). (1988) Psicología de la educación. Barcelona: Edhasa
Coll, C.; Palacios, J. y Marchesi, A. (comps) (1991). Desarrollo psicológico y educación. Vol.2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial.
Coll, C.; Palacios, J. y Marchesi, A. (comps) (2001). Desarrollo psicológico y educación. Vol.2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial.
Delval, J. (2008). El Desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI
Palacios, P., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Marchesi, A., Palacios, J. & Carretero, M. (Comps.) (2002). Psicología evolutiva: Teorias y métodos. Madrid: Alianza.
Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia (Cap. 2, pp. 43-77). México: Thomson.
Woolfolk, A. (2010). Psicología Educativa. México: Pearson.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMETARIA
Barajas, C., De la Morena, M.L., Fuentes, M.J. y Gónzalez, A.M. (1997). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Madrid: Pirámide.
Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
Pérez Pereira, M. (1995). Nuevas perspectivas en psicología del desarrollo. Madrid: Alianza.
Schaffer, D.R. (1999). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Thomson
Trianes, V. & Gallardo, J.A. (coords). (1998). Psicología de la Educación y del Desarrollo. Madrid: Pirámide.
Vasta, R., Haith, M.M. y Miller, S.A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
CompetenciasCOMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBUE A MATERIA
1. Coñecer as funcións, características, contribuccións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
2. Coñecer e comprender os marcos teóricos e metodolóxicos nos que se fundamenta o estudio do desenvolvemento psicolóxico e os procesos evolutivos ao longo do ciclo vital, así como a relación entre o desenvolvemento e a educación.
3. Extraer a información relevante sobre un tema de estudio, de libros de texto de nivel avanzado, sintetizar a información obtida e expresala por escrito.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS DA MATERIA
1. Coñecer e comprender as características do estudio científico do desenvolvemento psicolóxico, os seus factores explicativos e as súas principais controversias conceptuais.
2. Coñecer e comprender a psicoloxía da educación como disciplina de carácter aplicado e os seus diferentes ámbitos.
3. Coñecer e comprender os principais enfoques teóricos da psicoloxía do desenvolvemento e da psicoloxía da educación e as súas interaccións.
Metodoloxía da ensinanza METODOLOXÍA DA ENSINANZA E ORGANIZACIÓN DAS CLASES
A continuación especifícanse os distintos métodos docentes que permitirán desenvolver os contidos da materia e cos que se pretende acadar os obxectivos e as competencias propostas.
SESIÓNS EXPOSITIVAS (28 sesións de 75 minutos cada unha en grupos grandes de alumnos). Consisten principalmente na exposición dos contidos por parte da profesora. Nelas farase fincapé nos contidos relevantes para cada tema do programa, co apoio de novas tecnoloxías existentes na aula. Tamén se indicarán as lecturas recomendadas e/ou obrigatorias. En algunha sesión poderanse introducir actividades (do tipo de exercicios breves) para incentivar e facilitar a atención e o seguimento das clases. Sobre as actividades desenvolvidas deberan presentarse informes escritos que serviran para controlar a asistencia a clase e teranse en conta na avaliación (ver epígrafe “avaliación”).
SESIÓNS INTERACTIVAS (10 sesións de 90 minutos cada unha, en grupos reducidos de alumnos). Nestas sesións desenvolveranse seminarios/prácticas sobre aspectos concretos do temario co fin de promover a reflexión e debate sobre algúns tópicos da materia, así como fomentar unha maior comprensión dos contidos expostos nas sesións expositivas. Están programados 5 seminarios/prácticas. Os alumnos deberán presentar informes escritos sobre o traballo realizado que se terán en conta na avaliación (ver epigrafe “avaliación”)
TITORIAS: Os alumnos dispoñen de titorías individuais e/ou de pequeno grupo que permiten un seguimento mais pormenorizado da materia. A profesora da materia estará dispoñible en titorías (nos sitios e horas indicados nos seus horarios), para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DAS TIC: No campus virtual estarán dispoñibles as presentacións dos temas a tratar nas clases expositivas así como as instrucións para o desenvolvemento das actividades interactivas.
ASISTENCIA A CLASES E ACTIVIDADES PRESENCIAIS: considérase fundamental para unha axeitada consecución dos obxectivos da materia. Haberá control de asistencia na totalidade das sesións interactivas, e un control variable (sexa específico, sexa a través da entrega de exercicios escritos que se realicen en clase) nas sesións expositivas. A consideración da asistencia na avaliación do/a estudante indícase no epígrafe correspondente do programa.
ACTIVIDADES DO/A ESTUDIANTE
Ao longo do curso os alumnos traballarán individualmente, por parellas ou en pequenos grupos (4/6 membros) de forma cooperativa, e terán que realizar as seguintes tarefas e traballos:
1. Asistir ás clases e participar no desenvolvemento das mesmas conforme as dinámicas de traballo que en cada caso se establezan.
2. Realizar unha serie de lecturas obrigatorias propostas pola profesora.
3. Realizar un traballo grupal, formando parte de equipos cooperativos con compañeiros
4. Estudio persoal dos contidos do curso.
5. Realizar os exercicios ou probas que permitan complementar a avaliación do aprendido
Sistema de evaluaciónModalidade A
A avaliación realizarase respecto ao nivel de logro ponderado seguinte:
1. Realizarase un exame final centrado na avaliación de coñecementos que versará sobre os contidos explicados e traballados nas clases (sesións expositivas e interactivas). O exame será tipo test (corrixido segundo a formula acertos-erros/2). Para superar o exame será necesario responder correctamente ao 60% das preguntas, unha vez restados os erros. A nota do exame terá un peso do 70% na cualificación final en actas do alumno (é dicir, a nota oscilará entre 0 e 7). A puntuación mínima para superar o exame será polo tanto de 4,2 (sobre 7). É imprescindible aprobar este exame, cos criterios antes expostos, para poder sumar a nota por outras actividades. Este exame contará cunha segunda oportunidade no mes de xullo para aquelas persoas que non superasen a materia en xaneiro.
2. Participación e informes dos traballos realizados nas sesións interactivas (seminarios e prácticas). Terán un peso na cualificación final dun 25% (a nota poderá oscilar entre un 0 e un 2,5). Está nota sumarase á obtida no exame si este está aprobado.
3. Asistencia ás clases expositivas e interactivas. Terá un peso dun 5% sobre a cualificación final. Solo se poderá obter nota pola asistencia si o alumno asistiu ao 85% (dos controles de asistencia realizados) (a nota será 0 ou 0,5).
4. Para superar a materia pola modalidade A de avaliación, o alumno deberá obter un 5 sobre 10.
5. A realización/entrega de calquera das probas implica a incorporación ao proceso de avaliación Modaliade A, polo que conlevará unha cualificación final da materia aínda no caso de non concorrer ao examen final.
Modalidade B
Nesta modalidade o alumno é avaliado de forma global soamente polo apartado 1 da modalidade A, é dicir, soamente pola avaliación de coñecementos que se realiza mediante o exame final. Neste caso, é dado que o exame final ten un peso do 70% sobre a cualificación total, o alumno debe obter un 5 sobre 7 para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 6 créditos, o que corresponde a un total estimado de 150 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia a actividades presenciais (50h) (ver distribución e obxectivos no epígrafe de "metodoloxía da ensinanza").
Traballo non presencial: 100 h. Este deberá distribuírse na elaboración de informes de prácticas (aprox. 30 h), preparación previa das clases (aprox. 10 h) e a lectura e estudo de materiais (aprox. 60 h).