G2011105 - Motivación, emoción e condicionamento (Procesos psicolóxicos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicobioloxía, Psicoloxía Básica
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Adquirir un coñecemento axeitado sobre os conceptos e fenómenos referidos aos procesos de Motivación, Emoción e Condicionamento, considerando ao mesmo tempo as súas bases psicobiolóxicas.
- Coñecer os contextos científicos onde se formulan e se tentan resolver os problemas relativos aos procesos de Motivación, Emoción e Condicionamento. así como os aspectos psicobiolóxicos implicados.
ContidosSESIÓNS EXPOSITIVAS
Concepto de motivación. Concepto de emoción. Perspectivas teóricas tradicionais. O enfoque evolucionista contemporáneo: unha visión integrada da motivación e a emoción. Concepto de adaptación de George C. Willliams. As catro cuestións de Niko Tinbergen. Niveles de análise. Estratexias de investigación.
Teoría epixenética e comportamento. Sistemas motivacionais: o enfoque dos sistemas de comportamento. Paul Ekman e a clasificación evolucionista das emocións. Variabilidade cultural e plasticidade fenotípica.
Sistema de comportamento alimentario. Apetitos específicos como adaptacións. Apetitos específicos adquiridos. Aversións adquiridas. Asco.
Sistema de comportamento defensivo e medo. Medos específicos como adaptacións. Medos específicos adquiridos. Reaccións defensivas. Teoría da inversión parental de Robert L. Trivers e diferencias sexuais en temerosidade.
Sistema de comportamento sexual. Teoría da inversión parental e diferencias sexuais nas estratexias de emparellamento. Estratexias de emparellamento femininas. Estratexias de emparellamento masculinas. Variacóns ao longo do ciclo menstrual nas preferencias femininas.
Sistema de comportamento parental. Vencellamento do infante coa nai. Apego maternal ao infante. Apego paternal aos fillos. Conflictos pais-fillos.
Evolución da cooperación e o altruismo. O altruismo como paradoxa evolucionista. William D. Hamilton e a eficacia reproductiva total (“inclusive fitness”). Robert L. Trivers e o altruismo recíproco. David S. Wilson e a selección multi-nivel: os grupos como unidades de selección.
A agresión como solución a algúns problemas adaptativos. Teoría da inversión parental e diferencias sexuais en agresividade. Dominación e estatus.
Piramide motivacional. Conflictos motivacionais. Aproximación-evitación. Aplazamento da satisfacción. Mecanismos de defensa. Disonancia cognitiva.
Expresión emocional. Expresión facial. Voz. Riso. Llanto. Posturas corporais. Emocións sociais.
Caracterización da aprendizaxe. A aprendizaxe como proceso psicolóxico. O estudio da aprendizaxe. Definición de aprendizaxe. Experimentación animal.
Conducta provocada e a súa modificación: Habituación e sensibilización. Modificacións das reaccións reflexas. A habituación e a sensibilización: características. Cambios nas reaccións complexas: Teoría do proceso oponente.
Aprendizaxe de relacións entre eventos: Condicionamiento clásico. Fenómenos básicos: adquisición e extinción. Relacións entre eventos: temporais e predictivas. O condicionamento en función das características dos eventos: significado motivacional. O condicionamento con eventos complexos: bloqueo, ensombrecemento, relacións condicionais. Resultados e mecanismos no condicionamento clásico: ¿Que se aprende? e ¿Como se aprende?
Aprendizaxe de relacións entre a conducta e as consecuencias: Condicionamento instrumental. Tipos de condicionamento instrumental. Elementos fundamentais: resposta, reforzador. Relacións resposta - reforzador. O contexto: control estimular. Programas de reforzo simples. Repercusións conductuais. Programas complexos: a conducta de elección. Condicionamento instrumental con eventos aversivos. Resultados e mecanismos no condicionamento instrumental: ¿Que se aprende? e ¿Como se aprende.
Bases biolóxicas dos procesos de regulación intrínseca. Procesos de regulación homeostática. Fame, sede, temperatura. Conducta sexual. Conducta parental.
Bases neurais da emoción. O sistema límbico: o papel da amígdala. Corteza cerebral e emocións.
Bases fisiolóxicas e neuroquímicas da habituación e da sensibilización.
Bases fisiolóxicas e neuroquímicas do condicionamento clásico: plasticidade sináptica, potenciación a longo plazo.
Sistemas fisiolóxicos de recompensa e castigo.
SESIÓNS INTERACTIVAS
Valencia e activación das emocións: compoñentes cognitivo, condutual e fisiolóxico das emocións.
O problema das emocións básicas.
Función comunicativa da expresión emocional.
Percepción da expresión emocional.
Sistemas motivacionais.
Impulso, incentivo e homeostase.
Manexo do programa de simulación.
Adquisición e extinción da conducta.
Condicionamento con estímulos compostos: ensombrecemento, bloqueo
Condicionamento inhibitorio
Condicionamento con estímulos motivacionalmente neutros: precondicionamento sensorial.
Entrenamiento co comedeiro.
Moldeamiento dunha resposta
Reforzamento parcial.
Motivación: conduta maternal. Paradigma lesión-conduta
Emoción: expresións conductuais de medo/ansiedade en modelos animais. O labirinto en cruz elevado.
Aprendizaxe espacial e hipocampo. Modelos animais: Labirinto acuático de Morris.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica:
Aguado, L. (2005). Emoción, afecto y motivación. Madrid: Alianza
Alloway, T., Wilson, G. y Graham, J. (2006). Sniffy. La rata virtual. Madrid: Thomson.
Carlson, N.R. (2005). Fisiología de la conducta. 8ª Edición. Madrid: Prentice Hall
Domjan, M. (2003). Principios de aprendizaje y conducta, 5ª ed. Madrid: Thomson.
Rosenzweig, M.R., Breedlove, M. y Watson, N.V. (2005). Psicobiología: Una introducción a la Neurociencia Conductual, Cognitiva y Clínica. Barcelona: Ariel.
Bibliografía complementaria:
Aguado, L. (1983). Lecturas sobre aprendizaje animal. Madrid: Debate.
Alcaraz, M., Redondo, J., Fraga, I. e Fernández-Rey, J. (2003). Procesos psicológicos básicos I. Madrid: Pirámide.
Alcock, J. (2005). Animal behavior: An evolutionary approach. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Alexander, R. (1989). Darwinismo y asuntos humanos. Barcelona: Salvat.
Barkow, J., Comides, L., & Tooby, J. (Eds.). (1992). The adapted mind: Evolutionary psychology and the generation of culture. New York: Oxford University Press.
Boakes, R.A. (1989). Historia de la psicología animal. De Darwin al conductismo. Madrid: Alianza.
Bowlby, J. (1998). El apego. Barcelona: Paidós.
Buss, D. M. (2004). La evolución del deseo. Madrid: Alianza Editorial.
Buss, D. M. (2008). Evolutionary psychology: The new science of the mind. Needham Heights, MA: Allyn & Bacon.
Dawkins, R. (1979). El gen egoísta. Barcelona: Salvat.
DeCatanzaro, D. A. (2001). Motivación y emoción. México: Pearson.
Dickinson, A. (1984). Teorías actuales del aprendizaje. Madrid: Debate.
Eibl-Eibesfeldt, I. (1993). Biología del comportamiento: Manual de etología humana. Madrid: Alianza Editorial.
Fridlund, A. J. (1999). Expresión facial humana: Una visión evolucionista. Bilbao: DDB.
Froufe, M. (2004). Aprendizaje asociativo. Principios y aplicaciones. Madrid: Thomson
Gaulin, S. J. C., & McBurney, D. H. (2004). Evolutionary psychology. Upper Saddle River, NJ: Prentice-Hall.
Gluck, MA., Mercado, E., Myers, C. (2008). Learning and Memory: From Brain to Behaviour. New York : Worth Publishers.
Gray, J. (1993). La psicología del miedo y el estrés. Barcelona: Labor.
Klein, S.B. (1994). Aprendizaje. Principios y aplicaciones. Madrid: McGraw-Hill.
LeDoux, J. (1999). El cerebro emocional. Barcelona: Planeta.
Marks, I. M. (1990). Miedos, fobias y rituales. Barcelona: Martínez Roca.
Pearce, J.M. (1998). Aprendizaje y cognición. Barcelona: Ariel
Pinker, S. (2007). Cómo funciona la mente. Barcelona: Destino.
Rudy, W (2008). The Neurobiology of Learning and Memory. Sunderland, Mass. : Sinauer Associates, Inc. Publishers.
Sober, E., & Wilson, D. S. (2000). El comportamiento altruista: Evolución y psicología. Madrid: Siglo XXI.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribue a materia:
• Coñecer e comprender as leixes e principios básicos dos procesos psicolóxicos así como as súas bases biolóxicas.
• Contribuir á comprensión do sistema cognitivo desde unha perspectiva interdisciplinar.
• Recoller e manexar información relevante de libros de texto de nivel avanzado.
• Iniciarse na elaboración e presentación de informes de xeito oral e/ou escrito.
• Iniciación ao traballo en equipo
Competencias específicas da materia:
• Coñecer ols mecanismos básicos explicativos da motivación, emoción e condicionamento así como as súas bases anatomofisiolóxicas.
• Describir as variables máis importantes relacionadas cos procesos motivacionais, emocionais e de condicionamento.
• Analizar a súa influencia sobre outros procesos psicolóxicos e relacionalos con outras materias e disciplinas psicolóxicas.
• Iniciarse na aplicación dos principios básicos a situacións cotiás.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula adicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introducción e explicación dos aspectos básicos dos temas contenidos no programa, proporcionándolle ao alumnado información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Ëstas desenvolveranse a través de exposicións do profesor.
Tanto as prácticas como os seminarios desenvolveranse en grupos reducidos. As prácticas están encamiñadas a que o alumnado se familiarice coa simulación de diferentes situacións experimentais e o análise dos procesos psicolóxicos implicados co obxectivo de conquerirr unha mellor comprensión dos contidos básicos. As sesións de seminario caracterízanse pola presentación de problemas que os alumnos deberán analizar e resolver traballando en grupos reducidos, fomentando así a cooperación e o traballo en equipo.
Os traballos e informes individuais e/ou grupais programados ao longo dol cuatrimestre pretenden contribuir a la adquisición de habilidades para elaborar y presentar de manera oral y/o escrita la información que se haya obtenido. Para su diseño, seguimiento y evaluación se programa el sistema de tutorías en pequeños grupos.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa nas actividades programadas con un peso na avaliación final dun 30%. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos, con un peso na avaliación final dun 70%, realizarase mediante controles (actividades de evaluación formativa) e/ou un examen final. Para poder superar a materia é requisito imprescindible alcanzar un nivel mínimo do 50% da puntuación máxima na calificación dos coñecemeentos adquiridos.
A asistencia ás actividades programadas é obligatoria, de tal xeito que controlarase a asistencia. Para poder presentarse aos exámenes débese ter asistido ao 70% de ditas actividades.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo total estimado de traballo persoal do alumno é de 90 horas, distribuído do seguinte xeito:
28 horas de adicación a lecturas e preparación de temas.
38 horas de adicación á elaboración de informese realización de traballos.
24 horas de adicación á preparación de avaliacións.
Recomendacións para o estudo da materia-A asistencia ás actividades programadas considérase de suma importancia para ir seguindo a evolución da materia.
-É moi importante distribuir axeitadamente as horas de traballo ao longo de todo o curso.
-Entender a materia e ir solucionando as dúbidas a medida que vaian xurdindo, para iso recoméndase facer uso das titorías.