Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011106 - Neurociencia condutual (Bases biolóxicas da conducta) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Psicobioloxía
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CARRILLO DE LA PEÑA, MARIA TERESA.SI
Doallo Pesado, Sonia.NON
PAZO ALVAREZ, PAULA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-k)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P9OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición, os seus antecedentes históricos.

    2.- Comprender os principais métodos e técnicas de investigación empregados en Neurociencia Condutual.

    3.- Coñecer as bases neurofuncionais dos sistemas sensoriais e motor.

    4.- Comprender os mecanismos da activación o sono e a vixía.

    5.- Coñecer cáles son ás principais fontes documentais na disciplina.

    En todo caso o/a estudante deberá:

    6.- Acadar unha visión o máis completa posible do enfoque que desde a Neurociencia Condutual se fai en Psicoloxía, os seus supostos, a contribución dos seus principais autores, as vantaxes de tal enfoque e tamén as súas limitacións.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Tema 1. Introdución a Neurociencia Condutual (4 h.)
    1.1. Delimitación conceptual da disciplina e relación con outras afíns.
    1.2. Antecedentes históricos
    1.3. Principais métodos e técnicas de investigación en Neurociencia Condutual.
    1.4. Fontes documentais en Neurociencia Condutual

    Tema 2. Somestesia e Dor (5 h.)
    2.1. Introdución xeral os sistemas sensoriais
    2.2. Receptores e sensacións somáticas
    2.3. Transdución e codificación
    2.4. Vías e centros
    2.5. A dor e a analxesia

    Tema 3. Sistema auditivo e vestibular (5 h.)
    3.1. Introdución
    3.2. Descrición estrutural do oído
    3.3. Células receptoras e transdución auditiva
    3.4. Codificación da frecuencia e a intensidade do son
    3.5. Localización do son
    3.6. Vías e centros auditivos
    3.7. Trastornos auditivos
    3.8. Sistema vestibular

    Tema 4. Sentidos químicos: Olfato e gusto (2 h.)
    4.1. Introdución
    4.2. Olfato
    4.3 Gusto

    Tema 5. A visión (6 h.)
    5.1. Introdución
    5.2. Descrición anatómica e funcional do ollo
    5.3. Vías, centros e cortizas visuais
    5.4. A transdución visual
    5.5. Visión da forma, o movemento e a profundidade
    5.6. Visión da cor
    5.7. Principais trastornos visuais

    Tema 6. Sistema motor (6 h.)
    6.1. Introdución
    6.2. O músculo e os seus receptores
    6.3. Funcións motoras da medula espiñal e do talo cerebral
    6.4. Control superior do movemento: os cortizas motoras
    6.5. Funcións motoras dos ganglios da base. Trastornos asociados
    6.6. Funcións motoras do cerebelo. Trastornos asociados
    6.7. Plasticidade e aprendizaxe motor

    Tema 7. Ritmos biolóxicos, sono e vixía (6 h.)
    7.1. Introdución
    7.2. Activación e ritmos biolóxicos
    7.3. Caracterización fisiolóxica do sono
    7.4. Mecanismos neurofisiolóxicos do sono e a vixía.
    7.5. Funcións do sono
    7.6. Trastornos do sono

    PROGRAMA DE PRÁCTICAS

    As prácticas de Neurociencia Conductual serán obrigatorias e realizaranse en módulos de aproximadamente 90 minutos. Os e as estudantes deberán acudir necesariamente o día e a hora no que estea convocado o grupo ao que foron asignados pola Facultade. Para este curso, téñense previstas as seguintes prácticas, que salvo aviso por causas sobrevidas, terán lugar nas seguintes datas e locais:

    1. Seminario de métodos e técnicas: supuestos prácticos
    PROF. RESPONSABLE: SONIA DOALLO
    LUGAR: Seminario de Psicobioloxía (2º piso, módulo A)


    2. Estratexias de búsqueda de información no ámbito da neurociencia da dor
    PROF. RESPONSABLE: SONIA DOALLO
    LUGAR: Aula de Informática (baixos da antiga facultade de filosofía)


    3. Resolución de problemas sobre mecanismos da dor e a analxesia
    PROF. RESPONSABLE: Mª TERESA CARRILLO
    LUGAR: Seminario de Psicobioloxía (2º piso, módulo A)


    4. Sistema visual e auditivo: manexo de maquetas y láminas
    PROF. RESPONSABLE: SONIA DOALLO
    LUGAR: Laboratorio de Fundamentos de Psicobioloxía (Soto de Filosofía)


    5. Activación, sono e vixía: Introducción ó rexistro poligráfico: Polisomnografía e EEG. Sesión I
    PROF. RESPONSABLE: PAULA PAZO
    LUGAR: Laboratorio de Psicofisioloxía (piso –2 do módulo A)


    6. Activación, sono e vixía: Introducción ó rexistro poligráfico: Polisomnografía e EEG. Sesión II
    PROF. RESPONSABLE: PAULA PAZO
    LUGAR: Laboratorio de Psicofisioloxía (piso –2 do módulo A)


    7. Activación, sono e vixía: Introducción ó rexistro poligráfico: Polisomnografía e EEG. Sesión III
    PROF. RESPONSABLE: PAULA PAZO
    LUGAR: Laboratorio de Psicofisioloxía (piso –2 do módulo A)


    8. Resolución de casos prácticos relacionados cos trastornos do sono
    PROF. RESPONSABLE: Mª TERESA CARRILLO
    LUGAR: SEN FIXAR


    HORARIO DE TITORIAS:
    O horario de titorias estará exposto no taboeiro da Facultade ou/e na porta dos profesores responsables.

    Bibliografía básica e complementaria
    MANUAIS RECOMENDADOS:

    - CARLSON, N.R. (2005). Fisiología de la conducta. 8ª Edición. Madrid: Prentice Hall.

    - ROSENZWEIG, M.R., BREEDLOVE, M. e WATSON, N.V. (2005). Psicobiología: Una introducción a la Neurociencia Conductual, Cognitiva y Clínica. Barcelona: Ariel.

    A BIBLIOGRAFÍA XERAL PARA A MATERIA É A SEGUINTE:

    1. ALLMAN, J.M. (2003). El cerebro en evolución. Barcelona: Ariel.

    2. BEAR, M.F., CONNORS, B.W. e PARADISO, M.A. (1998). Neurociencia: explorando el cerebro. Barcelona: Masson.

    3. BRIDGEMAN, B. (1991). La biología del comportamiento y de la mente. Madrid: Alianza.

    4. BUNGE, M. e ARDILA, R. (1988). Filosofía de la Psicología. Barcelona: Ariel.

    5. CARLSON, N.R. (2005). Fisiología de la conducta. 5ª Edición. Madrid: Prentice Hall.

    6. DE ABRIL, A. AMBROSIO, E., BLAS, M.R., CAMINERO, A.A., DE PABLO, J.M., e SANDOVAL, E. (1999).
    Fundamentos biológicos de la conducta. Madrid: Sanz y Torres.

    7. DELGADO, J.M., FERRÚS, A., MORA, F. e RUBIA, F.J. (eds.) (1998). Manual de neurociencia. Madrid: Síntesis.

    8. GUYTON, A.C. (2003). Tratado de Fisiología Médica (10ª ed.). Madrid: Interamericana-McGraw Hill.

    9. KANDEL, E.R. SCHWARTZ, J.H. e JESSELL, T.M. (1997). Neurociencia y conducta. Madrid: Prentice Hall.

    10. KANDEL, E.R. SCHWARTZ, J.H. e JESSELL, T.M. (2001). Principios de neurociencia. Madrid: McGraw Hill/Interamericana.

    11. KOLB,B. e WISHAW, I.Q. (2002).Cerebro y Conducta: Una introducción. Barcelona: Labor.

    12. MORA, F. (1996). El cerebro íntimo. Barcelona: Ariel.

    13. MORGADO, I. (2005). Psicobiología de los genes a la cognición y el comportamiento. Barcelona: Ariel.

    14. PURVES, D. et al. (2007). Neurocienciencia. Madrid: Panamericana.

    15. PINEL, J.P.J. (2007) Biopsicología. Madrid: Pearson Educación.

    16. ROSENZWEIG, M.R., BREEDLOVE, M. e WATSON, N.V. (2005). Psicobiología: Una introducción a la Neurociencia Conductual, Cognitiva y Clínica. Barcelona: Ariel.

    17. SHEPHERD, G.M. (1985). Neurobiología. Barcelona: Labor.

    Para cada un dos temas darase unha bibliografía específica na que se incluirán algúns dos textos da Bibliografía Xeral, algunhas monografías e artigos especializados nese ámbito e direccións de internet especialmente interesantes. Así mesmo, indicaranse algunhas lecturas recomendadas para o tema.

    Competencias
    As competencias/destrezas/habilidades que pretendemos fomentar a través da materia son

    Xerais:
    1.- Coñecer e comprender as bases biolóxicas da conduta.
    2.- Extraer información relevante de libros de texto de nivel avanzado e de bases de datos científicas.
    3.- Comprender i explicar o comportamento humano integrando diferentes perspectivas.

    Específicas:
    1.- Coñecer a perspectiva aportada pola neurociencia ao estudio do comportamento, as súas técnicas, as súas contribucións e limitacións.
    2.- Comprender os mecanismos fisiolóxicos dos sistemas sensoriais e motores.
    3.- Coñecer as bases neurais dos procesos de activación sono e vixía.
    4.- Coñecer as principais fontes documentais en neurociencia condutual

    Asemade, en coordinación cos profesores das outras materias do grao contribuír ao logro de algunha das seguintes competencias transversais:

    - Manexo das fontes documentais.
    - Manexo de información en inglés.
    - Elaboración de informes escritos a partir de fontes diversificadas.
    - Traballo en equipo.


    Metodoloxía da ensinanza
    Medios didácticos:

    Para a exposición dos temas, recórrese á utilización de medios audiovisuais (presentacións en Power Point). De forma previa ao inicio dun tema, entregarase a documentación necesaria a través da plataforma "Blackboard" do campus virtual, si fose necesario recurrirase tamen a fotocopiadora da facultade.

    En xeral, na primeira clase, presentarase polo miúdo o tema e resaltaranse os seus aspectos máis relevantes. Ao comezo de cada unha das seguintes clases que se dediquen ao tema, farase unha breve recapitulación do máis significativo da clase anterior. Ao remate de cada tema, farase un resumo dos aspectos máis relevantes nel tratados.

    Para as clases prácticas contase co seminario de psicobioloxía, unha aula de informática e dous laboratorios dotados dos medios necesarios para as actividades programadas.

    Por último, e co fin de dar apoio á actividade presencial, a materia contará con outras ferramentas da plataforma "Blackboard" do campus virtual.


    Sistema de evaluación
    As prácticas realizadas ó longo do cuatrimestre (asistencia +informes), as avaliacións formativas e o exame da parte práctica terán conxuntamente un peso do 30% da cualificación final. O exame final, centrado fundamentalmente na avaliación de coñecementos, terá un peso do 70%. O exame será de formato tipo test (correxido según a fórmula acertos - erros/4). É necesario ter ó menos un 5 sobre 10 no exame para que poda sumarse a nota da parte práctica. No caso de non chegar a aprobado, a puntuación na acta será a do exame teórico sobre 10.

    Para aprobar a materia, será obrigatorio ter feitas as prácticas.O aprobado nas prácticas (1,5/3) manterase para os cursos seguintes.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas presenciais expositivas: 35 h.

    - Horas presenciais interactivas: 15 h.

    - Horas titoria personalizada: 1 h.

    - Avaliación formativa 2 h:

    - Horas de traballo persoal: 102.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Estudo da materia conforme se desenvolve o programa.

    - Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.

    - Implicación activa na dinámica de clase.

    - Aproveitamento das titorías.

    Coñecementos previos recomendados: Coñecementos básicos de bioloxía do comportamento, neurofisiología e neuroanatomía humana. Coñecemento dos principais enfoques e perspectivas teóricas da psicología actual.

    Coñecemiento da estructuración básica do sistema cognitivo humano

    Observacións
    Idioma: As clase expositivas impártense en castelán (M. Carrillo). As prácticas en galego ou castelán.

    Aos efectos que corresponda a coordinadora da materia é M. Carrillo. Para as cuestións que afecten en particular a cada práctica, a primeira persoa de contacto será o profesor/a encargado desa práctica.