Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011108 - Psicoloxía social (Bases sociais da conducta) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO.NON
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-k)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Presentar algunhas das variables, estructuras e procesos que están incidindo no comportamento das persoas.
    2. Poñer de manifesto a relevancia do contexto na explicación do comportamento.
    3. Explicar algunhas das estructuras e procesos cognitivos que están incidindo na percepción da realidade e no comportamento social.
    4. Mostrar o carácter distintivo do nivel de análise psicosocial para analiza-lo comportamento humán.

    Contidos
    Contidos Teóricos:

    Tema 1: Cognición social (Semanas 1 á 4)
    Contexto e comportamento. Ambiente, cultura e cognición. Procesamento da información. O emprego de heurísticos. Estruturas e procesos cognitivos. Teoría dos esquemas. Proceso de inferencia social. Cognición e emoción.

    Tema 2: Percepción de persoas e das súas accións (Semanas 5 e 6)
    Formación de impresións. Factores que inflúen na percepción de persoas. Aplicacións. O proceso atributivo. Erros e sesgos no proceso de atribución.

    Tema 3: Estereotipos (Semanas 7 e 8)
    Definición. Orixe e funcións. Estereotipos como mecanismos psicosociais. Identidade social. Estereotipo de xénero. Estereotipos, prexuízo e discriminación.

    Tema 4: Natureza das actitudes (Semanas 9 á 11)
    Definición. Formación e funcións das actitudes. Relación actitude-conduta.

    Tema 5: Cambio de actitudes (Semanas 12 á 14)
    Comunicación e persuasión. Disonancia cognitiva. Resistencia á persuasión. Persistencia dos efectos persuasivos

    Contido para as sesións interactivas:

    Hai planificadas 10 sesións de hora e media de duración cada unha, que se desenvolverán ao longo de 10 semanas. Das catro semanas restantes do cuadrimestre, dúas serán ocupadas para a a realización dun traballo dos grupos reducidos e a titorización dos mesmos.

    1. Fontes de documentación en Psicoloxía Social
    2. Psicoloxía Social e Sentido común
    3. Importancia da situación para a análise da conduta humana
    4. Percepción social e de persoas
    5. Estereotipos
    6. Prexuizo e discriminación
    7. Exposición selectiva
    8. Disonancia cognitiva
    9. Comunicación e persuasión: as campañas negativas

    As tres primeiras sesións interactivas farán uso de distinto material (audiovisual e escrito) para profundizar nas habilidades de achegamento crítico a material psicosocial publicado, resaltar a importancia do contexto na configuración dos comportamentos, e a pluralidade do coñecemento psicosocial e a súa distinción do coñecemento de sentido común. As seis restantes supoñen, segundo o caso, información sobre respostas e réplicas de experimentos clásicos de psicoloxía social, seguidos de comentarios e resultados actuais relevantes sobre esas problemáticas, e de casos de vida cotidiá onde se manifestan as problemáticas abordadas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Manual Básico:

    Morales, J.F. (2007). Psicología Social. Madrid: McGraw Hill.


    Outros manuais:
    Baron, R.A. y Byrne, D. (2005). Psicología Social (10ª ed.). Madrid: Prentice-Hall.
    Hogg, M. y Vaughan, G.M. Psicología Social. Madrid: Panamericana
    Morales, J.F.,; Huici, C.; Gómez, Á. & Gaviria, E. (coords.) (2008). Métodos, teoría e investigación en psicología social. Madrid: Prentice-Hall.

    Competencias
    Xerais:
    - Coñecer e comprender as leis e principios básicos dos procesos psicosociais
    - Coñecer e comprender os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos, grupos e das organizacións

    Específicas:
    - Que o alumno coñeza e comprenda a influencia da interacción e dos elementos contextuais no comportamento
    - Que o alumno comprenda o carácter distintivo do nivel de análise psicosocial para analizar o comportamento humano
    - Que o alumno coñeza e comprenda o funcionamento dos procesos psicosociais básicos e a súa incidencia no comportamento
    - Fomentar a adquisición de valores de respeto e igualdade, desde o estudo dos estereotipos e a discriminación

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaránse as seguintes metodoloxías:

    Sesións expositivas (28 sesións de 75 minutos cada unha). Nelas farase fincapé nos contidos relevantes para cada tema teórico, co apoio de novas tecnoloxías existentes na aula. Tamén se indicarán as lecturas recomendadas e/ou obrigatorias.

    Sesións interactivas (10 sesións de 90 minutos cada unha). Estas actividades enfatizarán o traballo en grupo para fomentar tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas.

    Titorías (2 sesións de 30 minutos por grupo). Nestas sesións comprobaranse as destrezas na búsqueda e manexo de información bibliográfica relevante para a disciplinas así como a utilización de la normativa de estilo establecidas pola APA para la redacción de textos científicos.

    Sistema de evaluación
    Parte teórica:

    Farase unha avaliación continua que suporá o 85% da cualificación final. Nela inclúense os diferentes controis formativos realizados e o examen oficial que se realizará en data aprobada pola Xunta de Facultade.


    Parte interactiva:

    Requírese unha asistencia mínima a 7 das sesións interactivas programadas. A súa avaliación, que suporá un 10% da cualificación final, farase en función da asistencia as sesión, o traballo desenvolvido nas mesmas, e a avaliación que se fará no exame oficial en data aprobada pola Xunta de Facultade.


    Titorías:

    Require tanto taraballo individual como grupal (grupos reducidos), e o coñecemento de determinados aspectos do manual de estilo da APA (os referidos prinicpalmente ás referencias bibliográficas). Está vinculado á sesión interactiva 1. Esto suporá un 5% da cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O/A estudiante debe dedicar un total de 150, das cuais 51 serán presenciais e 99 serán de traballo máis persoalizado