Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011109 - Psicoloxía do desenvolvemento I (Psicoloxía do ciclo vital e da educación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PARAMO FERNANDEZ, MA FERNANDA.NON
PEREZ PEREIRA, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-k)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Se pretende que os alumnos cheguen a:
    a) Coñecer a secuencia dos logros evolutivos dende o nacemento ate o final da infancia nos ámbitos biosociais, cognitivo, lingüístico e socio emocional.
    b) Apreciar as diferencias individuais con respecto ao desenvolvemento normativo dos nenos.
    c) Manexar as diferentes aproximacións á avaliación do desenvolvemento infantil.
    d) Valorar a diversidade cultural en relación ao desenvolvemento humano.
    e) Adquirir costumes de estudo, de análise crítica e de discusión de argumentos que promovan a construción de coñecementos por parte do alumno.
    f) Aprender a forma de exposición sintética de resultados obtidos nunha investigación ou nunha observación.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Bloque I:Os inicios do desenvolvemento: da concepción ao nacemento.

    TEMA 1. O DESENVOLVEMENTO ANTES DO NACEMENTO
    1. A fecundación.
    2. Fases do desenvolvemento prenatal.
    3. Factores que afectan ao feto.
    4. Diagnóstico prenatal.

    TEMA 2. O NACEMENTO E AS PRIMEIRAS CONDUTAS DO RECÉN NADO.
    1. O proceso de nacemento.
    2. Os estados do recén nado.
    3. Ritmos do recén nado.
    4. Os reflexos no recén nado.
    5. Diagnóstico do neonato.

    Bloque II: Desenvolvemento psicolóxico na primeira infancia: Aspectos normativos, determinantes e avaliación.

    TEMA 3. DESENVOLVEMENTO FíSICO E PSICOMOTOR.
    1. Desenvolvemento físico.
    2. Desenvolvemento psicomotor.
    3. Factores que afectan ao desenvolvemento físico e psicomotor.

    TEMA 4. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
    1. O período sensoriomotor: seis etapas do desenvolvemento cognitivo.
    2. Procesos cognitivos básicos: sensorial-perceptivo, atención e memoria.

    TEMA 5. DESENVOLVEMENTO DA COMUNICACIÓN E DA PRIMEIRA LINGUAXE.
    1. Bases sociocognitivas da comunicación e a linguaxe.
    2. A comunicación intencional.
    3. Bases sociocognitivas da comunicación e da linguaxe.
    4. Primeiras formas de comunicación intencional e contextos de uso.
    5. Percepción e comprensión da linguaxe.
    6. Produción da linguaxe.

    TEMA 6. O DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO.
    1. O apego.
    2. O desenvolvemento emocional.
    3. Os inicios do coñecemento de si mesmo.
    4. O desenvolvemento social: as primeiras interaccións.

    Bloque III. Desenvolvemento psicolóxico na segunda e na terceira infancia: Aspectos normativos, determinantes e avaliación

    TEMA 7. DESENVOLVEMENTO FÍSICO E PSICOMOTOR.
    1. A curva de crecemento despois dos dous anos.
    2. Progresos madurativos cerebrais.
    3. O control do corpo e da actividade psicomotriz.
    4. O esquema corporal: construción e compoñentes.
    5. Establecemento da dominancia lateral.
    6. A evolución do xesto gráfico e o desenvolvemento da grafomotricidade.

    TEMA 8. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
    1. A intelixencia preoperatoria.
    2. O pensamento operacional concreto.
    3. A aproximación ao procesamento da información.

    TEMA 9.DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE.
    1. Desenvolvemento fonolóxico.
    2. Desenvolvemento léxico e semántico.
    3. Desenvolvemento morfolóxico.
    4. Desenvolvemento sintáctico.
    5. Desenvolvemento pragmático.
    6. Máis aló da oración: O discurso conectado.
    7. Enfoques teóricos na explicación da adquisición da linguaxe.

    TEMA 10. DESENVOLVEMENTO PERSOAL E SOCIAL.
    1. Desenvolvemento persoal.
    2. A construción da identidade de xénero
    3. Desenvolvemento social.

    TEMA 11. COÑECEMENTO SOCIAL E DESENVOLVEMENTO MORAL.
    1. Coñecemento social.
    2. Desenvolvemento do coñecemento sobre o xénero.
    3. Desenvolvemento de normas e valores.

    PROGRAMA DE PRÁCTICAS/SEMINARIOS

    Práctica de campo 1: Desenvolvemento da intelixencia: a Escala de Casatti-Lezine. (Tema 4)
    Práctica de campo 2: Aplicación do Inventario do Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas. (Tema 5)
    Seminario 1: Formación do apego. (Tema 6)
    Práctica de campo 3: Do pensamento preoperatorio ás operacións concretas. (Tema 8)
    Práctica de campo 4: Avaliación do desenvolvemento da linguaxe: Aplicación do PLON (Tema 9)
    Práctica de campo 5: Comprensión de oracións complexas. (Tema 9)
    Práctica de campo 6: Clasificación de condutas e actividades de xogo en función dos estereotipos sexuais. (Tema 10)
    Práctica de campo 7: Evolución e funcións da amizade na infancia. (Tema 10)
    Seminario 2: Dilemas morais. (Tema 11)

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Berko Gleason, J., & Ratner, J. B. (Eds.). (2010). Desarrollo del lenguaje. 7ª edición. Madrid: Pearson.
    Enesco, I. (Coord.) (2003). El desarrollo del bebé. Cognición, emoción y afectividad. Madrid: Alianza.
    Golinkoff, R. y Hirsh-Pasek, K. (2001). Como hablan los bebés: La magia y el misterio del lenguaje durante los tres primeros años de vida. México: Oxford México.
    Karmiloff, K. y Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el lenguaje: Del feto al adolescente. Madrid: Morata.
    López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. y Ortiz, M. J. (Coords.) (2005). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide
    Palacios, J., Marchesi, A. y Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
    Shaffer, D. R. y Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. México: Thomson.


    Bibliografía complementaria:

    Berger, K. S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
    Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
    Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Madrid: Síntesis.
    Cantón, J. y Cortés, M. R. (2000). El apego del niño a sus cuidadores. Madrid: Alianza.
    Conde, J. L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.
    Córdoba, A. I., Descals, A. y Gil, M. D. (Coords.) (2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide.
    Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
    Hoff, E. (2004). Language Development. 3rd edition. Belmont: Wadsworth.
    Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Madrid: Pirámide.
    Owens, R.E. (2003). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
    Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Editorial Ariel.
    Tomasello, M. (2007). Los orígenes culturales de la cognición humana. Buenos Aires: Amorrortu.
    Vasta, R., Haith, M. M. y Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.

    Competencias
    Competencias específicas

    1) Coñecer as pautas normativas e a cronoloxía do desenvolvemento psicolóxico nas súas diferentes facetas dende o nacemento ate o final da infancia.
    2) Coñecer os factores que inciden no desenvolvemento psicolóxico nos seus aspectos normativos e diferenciais.
    3) Empregar os coñecementos adquiridos sobre o desenvolvemento para a análise da conduta infantil en diferentes contextos.
    4) Avaliar o nivel de desenvolvemento psicomotor, cognitivo, lingüístico e socioafectivo durante a infancia.
    5) Aprender a redactar un informe sobre diferentes aspectos do desenvolvemento do neno.
    6) Desenvolver unha actitude favorable para a mellora das condicións do desenvolvemento dos individuos ou grupos máis vulnerables e desfavorecidos.
    7) Promover o respecto e o interese pola diversidade individual e cultural no estudo do desenvolvemento.

    Competencias transversais

    1) Capacidade de organización e planificación.
    2) Capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
    3) Capacidade para asumir responsabilidades.
    4) Capacidade de autocrítica.


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente ten que ver cos procesos de ensinanza/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de modo que conduza á consecución das competencias e dos obxectivos formulados. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e reflexiva que combine as actividades individuais e grupais e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan na materia. Esta metodoloxía esixe tanto unha análise teórica como unha aproximación práctica á materia, polo que os métodos que incluímos responden a unha serie de modalidades de ensinanza que se reparten entre un horario presencial obrigatorio, de asistencia a clases e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos alumnos.

    Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumnado disporá previamente dunha guía didáctica de cada un dos temas, na que se especifican pormenorizadamente as competencias e obxectivos a obter, os contidos a traballar, os seminarios e prácticas a realizar e a bibliografía que se recomenda consultar. Do mesmo modo, inclúense unha serie de actividades con ditos contidos que guiarán ao alumnado de cara a unha mellor comprensión dos mesmos. Na medida do posible tratarase de promover a discusión colectiva na aula, de modo que potencie a construcción de significados comúns.

    O programa de prácticas de campo e seminarios que presentamos garda unha estreita relación co programa teórico e son de asistencia obrigatoria. Os dous seminarios programados están destinados a complementar e contrastar a información transmitida nas clases teóricas e a promover o contacto directo coas fontes orixinais. As actividades a realizar basearanse na lectura e comentario de materiais, respostas a preguntas, discusión sobre cuestións de opinión ou repercusións de situacións hipotéticas, visionado de vídeos e análise do seu contido, etc Algunhas destas actividades poden implicar un traballo previo por parte do estudante (lectura de documento, etc.). Con estes traballos pretendemos animar aos estudantes a reflexionar sobre conceptos centrais da materia, sacando á luz aqueles aspectos que non quedaron claros e fortalecer os que foron ben comprendidos. Ademais, mediante o traballo en grupo facilitarase a confrontación de distintos puntos de vista e a elaboración de significados compartidos. De modo indirecto, o alumnado exercita tamén as súas habilidades para traballar cooperativamente, para defender as súas propias ideas, aceptar aos demais, integrar argumentos e chegar a acordos.

    As sete prácticas de campo propostas constitúen o ámbito ideal onde o alumno terá posibilidade de familiarizarse coa aplicación de algúns instrumentos de avaliación máis característicos desta disciplina, aproximarse ao uso dalgunhas das metodoloxías máis empregadas para a recollida de datos evolutivos, observación de pautas evolutivas in situ e realización de informes. O profesores dedicarán varias sesións de asistencia obrigatoria para describir e explicar ao pormenor en que consiste cada unha das prácticas a realizar, así como o tipo de informes que deberán presentar os alumnos. Con anterioridade ao comezo destas sesións, os estudantes terán a súa disposición un dossier completo con todas as lecturas, material e información que precisan para a súa realización. Do total de prácticas/seminarios presentadas na aula, o alumnado deberá realizar un máximo de tres (dúas prácticas de campo e un seminario).

    Sistema de evaluación
    O criterio xeral de partida é que a cualificación final debe proceder nun 60% dos contidos teóricos, un 30% de prácticas de campo/seminarios e un 10% das actividades de avaliación formativa.

    - Os contidos de carácter teórico serán avaliados mediante un exame final (peso 60%) na data que consta na convocatoria oficial de exames da Facultade de Psicoloxía. O exame será tipo test e a puntuación mínima para considerarse aprobado é de 5.

    A avaliación das actividades teórico-prácticas levarase adiante a partir de tres tipos de índices: informe do seminario (peso 10%), prácticas de campo (peso 20%) e actividades de avaliación formativa (peso 10%). Na corrección destas actividades valorarase especialmente o grado de claridade e organización conceptual acadado polo estudante. Tamén terase en conta a presentación dos informes e prácticas dentro dos prazos e datas establecidos. A puntuación destas actividades sumarase para dar lugar á cualificación global da materia, se está aprobado o exame teórico.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS: Total 48 h.

    - Clases expositivas, explicación de temas e presentación do material audiovisual complementario, instruccións para as prácticas de campo, presentación oral dos traballos de grupo. Actividades de autoavaliación: 32 h.

    - Seminarios/prácticas de campo presenciais: 12 h.

    - Titorías de traballo de curso: 2 h.

    - Exame final: 2 h.


    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: Total 102 h.

    - Estudo: 56 h.

    - Prácticas de campo: 14 h.

    - Informes de seminarios: 4 h.

    - Informe de prácticas : 6 h.

    - Traballo titorizado: 10 h.

    - Lecturas: 12 h.



    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecementos básicos relacionados coa natureza e funcionamento dalgúns procesos cognitivos e afectivos básicos e as aproximacións metodolóxicas básicas para a investigación en Psicoloxía.. En calquera caso, esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á materia de Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, na que se aportan os fundamentos teóricos e metodolóxicos da disciplina.

    Recomendacións: É importante que o alumno se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.

    Observacións
    Antes do inicio de cada tema, os alumnos disporán no servizo de reprografía do material de apoio para o seguimento das clases.