Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011110 - Psicoloxía da personalidade (Diversidade humana, personalidade e psicopatoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Castro Bolaño, Maria Cristina.NON
López Romero, María Laura.NON
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL.SI
Romero Triñanes, Estrella.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-k)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    XERAIS:

    1) Potenciar unha aprendizaxe significativa e funcional dos principais conceptos, principios, teorías e procedementos que configuran o corpo teórico da Psicoloxía da Personalidade.

    2) Incidir na vertente aplicada dos desenvolvementos teóricos e metodolóxicos da Psicoloxía da Personalidade; trátase de superar o mero exercicio académico de presentar o status quo da disciplina para —sen renunciar a el— penetrar de cheo nas súas implicacións clínicas.

    ESPECÍFICOS:

    1) Afondar no qué, cómo e para qué da Psicoloxía da Personalidade; máis especificamente, esbozaranse as distintas “facianas” da disciplina, desenvolverase o concepto, presentaranse as distintas unidades de análise (¿que coñecemos cando coñecemos a unha persoa?).

    2) Presentar as coordenadas, teóricas e empíricas, nas que se asenta a predición e explicación da conduta; máis concretamente, despois dun percorrido polos desenvolvementos históricos da Psicoloxía da Personalidade, desenvolveranse exhaustivamente os principais enfoques teóricos e dimensións empíricas que constitúen os piares de análise da personalidade e diferenzas individuais.

    3) Potenciar a orientación cara á aplicación, redescubrindo vellos temas que volven interesar e avanzando no xurdimento de novas tendencias encamiñadas a dar resposta aos problemas reais sentidos e vividos pola sociedade. A emoción, o estrés, a conduta desviada e a saúde constituirán, a este respecto, os argumentos dunha disciplina orientada, cada vez máis, cara á aplicación.

    Contidos
    PROGRAMA DE TEORÍA

    Bloque I . Sobre o qué, o cómo e o para qué da Psicoloxía da Personalidade

    Tema 1. Esbozando as distintas facianas da Psicoloxía da Personalidade: unha introdución necesaria
    Tema 2. A personalidade: un paseo histórico e conceptual

    Bloque II. Un obxectivo común: a explicación e predición da conduta.

    Tema 3. ¿Que coñecemos cando coñecemos a unha persoa?: o tema das unidades de análise na Psicoloxía da Personalidade
    Tema 4. Os "ter": algunhas propostas paradigmáticas do primeiro nivel
    Tema 5. Mirando cara ao futuro: os proxectos persoais
    Tema 6. O pasado reconstruído, o presente percibido e o futuro anticipado: a historia de vida

    Bloque III. A orientación cara á aplicación: redescubrimento de vellos temas e xurdimento de novas tendencias

    Tema 7. Personalidade, emocións, e saúde: o interese do aplicado
    Tema 8. Estrés e personalidade: unha cuestión contemporánea.
    Tema 9. O protagonismo do persoal noutras problemáticas psicosociais: delincuencia, drogas e adicción a compra.


    A modo de epílogo:
    ¿onde estamos e cara a onde imos?

    PROGRAMA DE PRÁCTICAS E SEMINARIOS


    SEMINARIO. O trazo como unidade básica da personalidade
    PRÁCTICA 1. Acordo na realización de xuízos acerca da personalidade
    PRÁCTICA 2. Análise de proxectos persoais
    PRÁCTICA 3. A historia de vida
    PRÁCTICA 4. O estudo do “self”
    PRÁCTICA 5. Motivación de logro
    PRÁCTICA 6. Estratexias de afrontamento ao estrés
    PRÁCTICA 1. Relacións persoais
    SEMINARIO. Optimismo e saúde
    SEMINARIO. Variables personais e un exemplo de problemática psicosocial

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA
    TEORÍA

    * AVIA, M.D. y SANCHEZ BERNARDOS, M.L. (1995). Personalidad: aspectos cognitivos y sociales. Madrid: Pirámide.
    * BERMUDEZ, J., PEREZ, A.M. y SANJUAN, P. (2003). Psicología de la Personalidad (Tomos I y II) Madrid: UNED
    * CARVER, Ch. y SCHEIER, M.F. (1997). Teorías de la Personalidad. Méjico: Prentice Hall.
    * LARSEN, R.J. y BUSS, D.M. (2005). Psicología de la Personalidad. México: MGraw-Hill.
    * FEIST, J. FEIST, G.J. (2007). Teorías de la personalidad. Madrid: McGraw-Hill
    * FIERRO, A. (1996). Manual de Psicología de la Personalidad. Barcelona: Paidós.
    * MORENO, B. (2007). Psicología de la Personalidad. Procesos. Madrid: Thomson.
    * PELECHANO, V. (Coord.) (1996). Psicología de la personalidad I. Teorías. Barcelona: Ariel
    * PELECHANO, V. (2000). Psicología sistemática de la personalidad. Barcelona: Ariel.
    * PERVIN, L.A. (1998). La ciencia de la personalidad. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
    * PERVIN, L.A. y JOHN, O.P. (1999). Personalidad: Teoría e investigación. México: Manual Moderno.


    PRÁCTICAS

    OTERO LÓPEZ, J.M. y cols. (2002): Psicología de la Personalidad. Manual de Prácticas. Barcelona: Ariel.

    LECTURAS COMPLEMENTARIAS

    * AVIA, M.D. y VAZQUEZ, C. (1998). Optimismo inteligente. Madrid: Alianza.
    * OTERO-LÓPEZ, J.M. (2000). Carta de un Personólogo. En M.D. Avia, Cartas a un joven psicólogo. Madrid: Alianza Editorial.
    * OTERO-LÓPEZ, J.M. y cols. (1997). Lecturas de Psicología de la Personalidad. Santiago de Compostela.
    * SANZ, J. (2000). Carta de un Psicólogo de la Personalidad. En M.D. Avia, Cartas a un joven psicólogo. Madrid: Alianza Editorial.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    *AVIA, M.D. (2000). Cartas a un joven psicólogo. Madrid: Alianza Editorial.
    *BRODY, N. y EHRLICHMAN, H. (2000). Psicología de la Personalidad. Madrid: Prentice-Hall.
    *CLONINGER, S.C. (2003). Teorías de la Personalidad. Madrid: Prentice-Hall.
    * LIEBERT, R. M. y SPIEGLER, M.D. (2000). Personalidad. Madrid: Thompson.
    * MIRON, L. y OTERO-LOPEZ, J.M. (2005). Jóvenes delincuentes. Barcelona: Ariel.
    * OTERO-LOPEZ, J.M. (1997). Droga y Delincuencia. Un acercamiento a la realidad. Madrid: Pirámide.
    *OTERO-LOPEZ, J.M. y cols. (2000). Psicología de la personalidad. Guía Didáctica. Santiago de Compostela. Tórculo.
    * OTERO-LOPEZ, J.M. y VILLARDEFRANCOS, E. (2009). Adicción a la compra, Materialismo y Satisfacción con la vida. Relatos, vidas, compras. Granada: GEU.
    * OTERO-LOPEZ, J.M. y cols. (2012). Estrés laboral y burnout en profesores de enseñanza secundaria. Madrid: Díaz de Santos.
    * PELECHANO, V. (1993). Personalidad: un enfoque histórico-conceptual. Valencia: Promolibro.
    * SCHULTZ, D.P. y SCHULTZ, S.E. (2003). Teorías de la personalidad. Madrid: Thomson
    * TOUS, J.M. (1996). Psicología de la Personalidad. Diferencias individuales: biológicas y cognitivas en el procesamiento de la información. Barcelona: EUB.

    Competencias
    - Habilidade no manexo da terminoloxía psicolóxica en xeral e da disciplina en particular.
    - Ser capaz de desenvolver unha actitude reflexiva ante as principais controversias que salpican a disciplina.
    - Potenciar o coñecemento crítico das principais unidades e desenvolvementos teóricos que conforman a disciplina.
    - Ser capaz de desenvolver unha visión global e integradora dos vellos temas e as novas tendencias.
    - Saber relacionar os contidos teóricos coa dimensión práctica-aplicada.
    - Ser capaz de axuizar de forma coherente o pasado, o presente e as tendencias de futuro da disciplina.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas versan sobre o contido do temario e consisten na exposición de temas e comentarios de textos. O método máis frecuentemente utilizado é o de “clase maxistral”; aínda que, na medida do posible, realízanse tamén “grupos de discusión”, co que se potencia a participación activa do alumno. Ademais dos temas teóricos, o alumno deberá realizar unha serie de lecturas sobre aspectos importantes dalgúns temas (fixaranse ao comezo do curso).
    As clases prácticas consistirán no desenvolvemento das distintas unidades, sempre baixo a estrita supervisión do profesor. Estas prácticas están en perfecta simbiose cos contidos desenvolvidos na teoría e dan adecuada cobertura aos distintos temas e tópicos da disciplina. Levaranse a cabo asimesmo seminarios que posibiliten afondar nalgunhas cuestións de interese da disciplina.

    Sistema de evaluación
    * Avaliación da materia
    • Avaliarase tanto a teoría coma as restantes actividades (prácticas, seminarios, lecturas, traballos complementarios)

    * Avaliación da teoría:
    • Realizaranse dous controis (optativos) tipo test de carácter eliminatorio dos contidos da materia.
    • O exame final (para aqueles que non se teñan presentado ou, no seu caso, non teñan superado os contidos dalgún dos controis) coincidirá coa data que fixe o Decanato.

    * Avaliación das prácticas, seminarios e outros traballos.
    • Tanto a asistencia como a realización das prácticas son obrigatorias (condición necesaria para aprobar a materia).
    Avaliarase, asimesmo, a participación nos seminarios e realización doutros traballos. Os profesores da materia calificarán o longo do curso estas actividades constituindo o 30% da nota.

    * Cálculo de Notas:
    • A cualificación obtida nos exames teóricos equivale ao 60% da nota, mentres que o 40% restante outórgaselle ás restantes actividades (o alumno deberá aprobar ambas as partes independentemente —é dicir, o alumno, para aprobar, deberá alcanzar polo menos un 3 na teoría e un 2 nas outras actividades–).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    .
    Recomendacións para o estudo da materia
    *Implicación activa na dinámica da clase
    * Seguemento continuado de clases e outras actividades
    * Manexar, a nivel usuario, bases de datos relevantes en Psicoloxía