Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011222 - Psicoloxía da memoria (Procesos psicolóxicos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Básica
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAMPOS GARCIA, ALFREDO.NON
FERNANDEZ REY, JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Adquirir coñecementos básicos sobre os distintos sistemas da memoria, as súas funcións e características.
    - Adquirir un coñecemento adecuado da metodoloxía máis utilizada no estudo da memoria.
    - Desenvolver a capacidade de identificar as implicacións dos mecanismos de memoria en situacións da vida cotiá.
    Contidos
    Contidos teóricos:

    1.- Concepto e tipos de memoria.

    2.- Memoria sensorial.

    3.- Memoria a curto prazo, memoria de traballo.

    4.- Memoria a longo prazo: procesos de codificación, procesos de recuperación e esquecemento.

    5.- Representación do coñecemento.

    6.- Estudo da memoria en situacións naturais: memoria autobiográfica, memoria de testemuñas e falsos recordos.




    Actividades prácticas:

    1.- A experimentación no campo da memoria.

    2.- As medidas de memoria.

    3.- Procesos de busca na memoria a curto prazo.

    4.- Capacidade da memoria de traballo ou memoria operativa: medidas da amplitude operacional (operation span)

    5.- Influencia do tempo de exposición das palabras no recordo.

    6.- Interferencia retroactiva.

    7.- Codificación específica e recuperación na memoria episódica.

    8.- Memoria e imaxe. Paseo mental.

    9.- Memoria e imaxe. O Método de Loci.

    10.- Rotación mental de imaxes.

    11.- Influencia dos esquemas (guións) na memoria.

    Bibliografía básica e complementaria
    Baddeley, A. D., Eysenck, M.W. e Anderson, M.C. (2010). Memoria. Madrid: Alianza Editorial.

    Ballesteros, S. (2010). Psicología de la memoria. Madrid: Universitas.

    Fernández-Rey, J., Fraga, I., Redondo, J.M., Alcaraz, M. A. e Pardo-Vázquez, J.L. (2010). Procesos psicológicos básicos II: manual y cuaderno de prácticas de memoria y lenguaje (2ª ed.). Madrid: Pirámide.

    Ruíz-Vargas, J. M. (2010). Manual de Psicología de la memoria. Madrid: Síntesis.

    (Proporcionarase bibliografía específica sobre cada un dos temas xunto cos guións de clase)
    Competencias
    Competencias xerais da titulación ás que contribúe a materia:

    - Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
    - Coñecer e comprender as leis e principios que rexen os procesos psicolóxicos.
    - Comprender e explicar o comportamento humano integrando diferentes perspectivas.
    - Coñecer e comprender os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análises de datos propios da Psicoloxía.
    - Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
    - Traballar en equipo.
    - Ser capaz de elaborar informes orais e escritos.

    Competencias específicas da materia:

    - Coñecer e comprender os principais modelos teóricos propostos no estudo da memoria e ser capaz de valorar críticamente as súas contribucións e limitacións.
    - Comprender os principios básicos de funcionamento da memoria e a súa interrelación con outros procesos psicolóxicos.
    - Coñecer as técnicas e os procedementos experimentais máis utilizados no estudo da memoria.
    - Ser capaz de analizar e interpretar datos cuantitativos e cualitativos procedentes da investigación empírica en memoria.
    - Ser capaz de identificar as medidas da memoria máis adecuadas para valorar o funcionamento da mesma.
    - Ser capaz de identificar as implicacións dos mecanismos de memoria en situacións da vida cotiá.


    Metodoloxía da ensinanza
    As liñas básicas que caracterizarán o traballo nesta materia son as seguintes:

    Utilizaranse clases expositivas para introducir e explicar os contidos fundamentais de carácter básico incluídos no programa, complementando a explicación dalgúns contidos con presentacións audiovisuais ilustrativas dos mesmos.

    Clases interactivas. Realizaranse actividades prácticas co obxectivo de que sirvan de complemento ás clases teóricas, familiarizando aos estudantes co estudo experimental da memoria. Trátase, en xeral, de replicar ou realizar versións modificadas de experimentos relevantes dentro da materia.

    As actividades de traballo persoal do estudante inclúen a lectura de materiais bibliográficos e a elaboración de traballos e informes de prácticas.

    Esta materia contará con apoio virtual, a través do servizo de Campus Virtual da USC (plataforma Moodle 2.0).
    Sistema de evaluación
    A avaliación basearase na valoración das tarefas desenvolvidas ao longo do curso (actividades prácticas, actividades de avaliación formativa, realización de traballos, asistencia e participación), cun peso do 40% (0-4 puntos) na cualificación final, e a realización dun exame final que servirá sobre todo para avaliar competencias conceptuais, cun peso do 60% (0-6 puntos). O exame consistirá nunha proba obxectiva de múltiple elección sobre os contidos teóricos do programa.

    A realización das actividades prácticas é un requisito preceptivo para superar a materia. Será necesario, polo menos, un 90% de asistencia as devanditas actividades. A avaliación das prácticas farase sobre 2 puntos a partir dos correspondentes informes que o estudante deberá entregar (0-1 puntos) e das respostas a preguntas de elección múltiple sobre as devanditas actividades (0-1 puntos).

    A mediados do curso terá lugar unha actividade de avaliación formativa, mediante unha proba obxectiva con formato similar á do exame final. A materia de avaliación non será eliminatoria. Os alumnos que superen a devandita proba obterán 1 punto para a cualificación final. Esta avaliación formativa desempeña unha función indicadora do grao de cumprimento de obxectivos, fomentando tamén no alumno o estudo e traballo persoal dedicado á materia.

    Os alumnos deben realizar un traballo obrigatorio sobre un tema do programa que se especificará na clase e que será elaborado a partir da bibliografía recomendada para o mesmo, cunha extensión mínima de 15 páxinas. Os alumnos que non realicen este traballo serán penalizados con 0,5 puntos sobre a cualificación final.

    Valorarase a asistencia ás clases expositivas ata un máximo de 1 punto. Para o control de asistencia utilizarase unha folla de firmas que se pasará, ao longo do curso, en 6 sesións de clase elixidas aleatoriamente.

    A cualificación final obterase a partir da suma das avaliacións mencionadas, sempre e cando no exame final se acade unha puntuación mínima de 3 puntos. Durante o curso, o profesor poderá recomendar aos alumnos algún traballo voluntario ou a participación nalgunha investigación, que poderá incrementar a cualificación final. En calquera caso, a cualificación máxima que poderá figurar en Actas é a de 10 puntos.

    As notas ou cualificacións parciais que algún estudante NON PRESENTADO ou SUSPENSO obtivese serán conservadas ata a seguinte convocatoria.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 38 horas
    - Clases expositivas: 24 horas
    - Clases interactivas: 13 horas
    - Titorías de grupo: 1 hora

    Horas non presenciais (Lectura de materiais bibliográficos, elaboración de informes de prácticas, estudo, etc.): 74,50 horas

    Total carga de traballo para o estudante: 112,5 horas (4,5 créditos ECTS)

    Recomendacións para o estudo da materia
    - É convinte asistir con regularidade ás clases expositivas e participar activamente nas mesmas. As explicacións do profesor deberán complementarse co estudo dos manuais básicos de referencia.

    - Recoméndase esforzarse na correcta realización das prácticas e na elaboración dos correspondentes informes, o que suporá unha mellor comprensión dos fenómenos estudados, complementando así os coñecementos teóricos adquiridos.

    - É moi importante distribuír ao longo do curso o tempo de estudo e traballo persoal dedicado á materia, o que permitirá unha asimilación gradual e reflexiva dos contidos da mesma.