G2011223 - Aprendizaxe (Procesos psicolóxicos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Básica
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Proporcionar un coñecemento básico dos fenómenos de aprendizaxe.
2. Proporcionar información sobre os marcos conceptuais desde os que se aborda o estudo psicolóxico da aprendizaxe.
3. Capacitar aos alumnos para diferenciar os compoñentes dun sistema de aprendizaxe: condicións, mecanismos e resultados.
4. Presentar e discutir os datos experimentais e interpretacións teóricas dos procesos básicos de adquisición de coñecemento do medio, e dos mecanismos subxacentes á adquisición de habilidades.
5. Fomentar a aplicación do coñecemento adquirido para a comprensión de situacións reais de aprendizaxe.
Contidos1. PROGRAMA TEÓRICO
Bloque 1: Como se estuda a aprendizaxe desde a psicoloxía básica.
Tema 1: Marco Disciplinar da Aprendizaxe.
Onde se sitúa a psicoloxía da aprendizaxe.
Que se estuda: Condicións, mecanismos, e resultados.
Clasificacións da aprendizaxe.
Tema 2. Condicións da Aprendizaxe Humana
Aprendizaxe e Experiencia.
Atención, motivación e emoción: os motores do cambio.
Cando hai que aprender: desenvolvemento e aprendizaxe.
Aprendizaxe por imitación.
Instrucción e aprendizaxe.
Tema 3. Marcos Teóricos da Aprendizaxe.
Principios conductistas da aprendizaxe: A aprendizaxe por asociación.
Aproximacións constructivistas: a aprendizaxe por reestructuración.
Cognitivismo simbólico: Aprendizaxe e computación.
Conexionismo: reestructuración desde a asociación.
Posibilidades de integración
Bloque 2: Contidos da aprendizaxe I: coñecer o medio.
Tema 4. Condicionamento en Suxeitos Humanos
Aprendizaxe predictiva vs. Aprendizaxe emocional e avaliativa.
O papel da conciencia
Tema 5. Aprendizaxe de Continxencias e Causalidade
Tarefas e modelos explicativos.
Asociacións, regras e modelos.
Tema 6. Aprendizaxe de Conceptos e categorías.
Descubrimento de conceptos e contrastación de hipóteses.
Categorías difusas. Modelos de prototipos e de memoria de exemplares.
O papel do coñecemento previo. Conceptos e teorías.
Bloque 3: Contidos da aprendizaxe II: Actuar no medio.
Tema 7. Aprendizaxe de Habilidades.
Etapas e curva de adquisición.
Habilidades perceptivas.
Habilidades motoras.
Habilidades cognitivas.
Habilidades de aprendizaxe.
2. CLASES INTERACTIVAS.
1. A aprendizaxe está “aí fora”. Estudo de casos (para traballo en grupo).
2. Xenética e aprendizaxe: A “tabula rugosa”.
3. Desenvolvemento e aprendizaxe: ¿Hai períodos críticos?
4. Modelos conexionistas: A lenta busca da emerxencia.
5. Práctica 1: Aprendizaxe de continxencias: o sesgo de densidade.
6. Práctica 2: Aprendizaxe de categorías I: Descubrimento.
7. Práctica 3: Aprendizaxe de categorías II: Prototipos vs. exemplares.
8. Práctica 4: Aprendizaxe de habilidades: Curva de adquisición.
9. Exposición e debate de traballos en grupo I
10. Exposición e debate de traballos en grupo II
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Teoría:
Anderson, J. R. (1995). Learning and Memory. New York, Wiley. [Aprendizaje y memoria : un
enfoque integral. México:McGraw-Hill, 2001]
Blakemore, S-J. e Frith, U. (2005). The learning brain. Oxford: Blackwell [ Cómo aprende el
cerebro. Las claves para la educación. Barcelona: Ariel, 2007].
Murphy, G.L. (2002). The big book of concepts. Cambridge, MA. MIT Press.
Piñeno, O., Vadillo, M.A. e Matute, E. (Eds.). Psicología del aprendizaje. Badajoz: Abecedario.
Pozo, J.I. (2008). Aprendices y Maestros: La Psicología Cognitiva del Aprendizaje. Madrid:
Alianza.
Prácticas:
Alcaraz, M.A., Redondo, J.M., Fraga, I., & Fernández-Rey, J. (Coords.) (2003). Procesos
Psicológicos Básicos: Manual de prácticas de condicionamiento y aprendizaje. Madrid:
Pirámide. Capítulos 18-22.
Bibliografía complementaria
Bandura, A. (1977). Social Learning Theory. Englewood Cliffs, NJ: Prentice-Hall. [Teoría del
Aprendizaje Social. Madrid: Espasa-Calpe, 1982]
Bruner, J.S.; Goodnow, J.J., & Austin, G.A. (1956). A Study of Thinking. [ El Proceso Mental en el
Aprendizaje. Madrid: Narcea, 1978].
Claxton, G. (1997). Cerebro de Liebre, Mente de Tortuga: Por qué aumenta nuestra inteligencia
cuando pensamos menos. Barcelona: Urano.
Cobos, P. (2005). Conexionismo y cognición. Madrid: Pirámide.
Frith, C. (2007). Making up the mind. Oxford: Blackwell. [Descubriendo el poder de la mente.
Cómo el cerebro crea nuestro mundo mental. Barcelona: Ariel, 2008].
Froufe, M. (1997). El Inconsciente Cognitivo: La cara oculta de la mente. Madrid: Biblioteca
Nueva.
Huertas, E. (1992). El Aprendizaje no Verbal en los Humanos. Madrid: Pirámide.
Leahey, T.H. & Harris, R.J. (1998). Learning and Cognition. Englewood Cliffs: Prentice Hall.
[Aprendizaje y Cognición. Madrid: Prentice Hall, 1998].
Maldonado, A. (1998). Aprendizaje, Cognición y Comportamiento Humano. Madrid: Biblioteca
Nueva.
Matute, H. (Ed.) (2002). Debate: Aprendizaje Causal. Cognitiva, 14, 1-128.
Méndez, C. (1996). Teorías de la imitación. En C. Méndez, M. Peralbo e I, Fraga (Eds.) Imitación
y Conducta Humana.(pp. 15-44). Santiago: Universidad de Santiago de Compostela.
O’Reilly, R.C. & Munakata, Y. (2000). Computational explorations in Cognitive Neuroscience.
Cambridge, MA: MIT Press.
Oña Sicilia et al. (1999). Control y Aprendizaje Motor. Madrid: Síntesis.
Pozo, J.I. (1989). Teorías Cognitivas del Aprendizaje. Madrid: Morata.
Rizzolatti, G. y Sinigaglia, C. (2006).So quel che fai. Il cervello che agisce e i neurona specchio.
Milán: Raffaello Crtina Editore. . [ Las neuronas espejo. Los mecanismos de la empatía
emocional. Barcelona: Paidós, 2006].
Rumelhart, D.E., McClelland, J.L. y el grupo PDP (1986/1992) Introducción al Procesamiento
Distribuido en Paralelo. Madrid: Alianza.
Sanchez, P. & Huertas, E. (1991). Condicionamiento Clásico en Humanos. Madrid: UNED.
Shanks, D.R. (1995). The Psychology of Associative Learning. Cambridge, UK: Cambridge
University Press.
Smith, E.E. & Kosslyn, S.M. (2007). Cognitive Psychology: Mind and Brain. [ Procesos cognitivos.
Modelos y bases neurales. Madrid, Prentice Hall, 2008]
Tomasello, M. (1999). The cultural origins of human cognition. Cambridge, Mass.: Harvard
University Press. [ Los orígenes culturales de la cognición humana. Buenos Aires:
Amorrortu, 2003].
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos
modelos teóricos da Psicoloxía
• Coñecer e comprender as leis e principios básicos dos procesos psicolóxicos.
• Extraer información relevante de libros de texto de nivel avanzado.
• Comprender e explicar o comportamento humano integrando diferentes perspectivas.
• Valorar e apreciar as aportación das investigación científica ao coñecemento e a práctica
profesional
• Ser capaz de elaborar informes orais e escritos
• Saber traballar en equipo.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer as leis básicas da aprendizaxe en relación coas condicións que a producen, os
resultados a que da lugar e os mecanismos que a fan posible.
• Ser capaz de relacionar eses coñecementos cos temas que se estudian no resto das materias
do plan de estudos, en especial cos outros procesos psicolóxicos básicos e coas materias que
aplican máis directamente os principios básicos da aprendizaxe.
• Ser capaz de integrar a información sobre os mecanismos de aprendizaxe nun esquema global
de funcionamento do sistema cognitivo.
• Ser capaz de aplicar eses coñecementos á análise de situacións concretas de aprendizaxe da
vida diaria.
Metodoloxía da ensinanza O programa teórico desenvolverase por medio de exposicións orais dos profesores durante as 24 sesións expositivas. As sesións interactivas servirán como complemento dos contidos desas exposicións e servirán para fomentar a participación dos estundantes, por medio de debates, traballando sobre as prácticas propostas, e acollendo un foro de discusión dos traballos en grupo. As prácticas constan dunha serie de tarefas experimentais realizadas via web, onde os alumnos recollerán os seus datos e incorporaranos aos datos grupais que serán analizados, interpretados e discutidos no curso das correspondentes sesións interactivas. Os traballos de grupo levaranse a cabo en grupos de 5/6 persoas, e consistirán na realización da análise dunha situación natural de aprendizaxe relevante desde o punto de vista da psicoloxía. Amnesia, dislexia, memoria excepcional, fobias, adiccións, ou bilingüismo poderían ser exemplos de algúns deses tópicos. Cada grupo elaborará un informe do traballo, e realizará unha breve exposición das súas conclusións nas sesións interactivas correspondentes. Cada alumno elaborará e entregará un Portafolio no que, cando menos, se incluirá un informe das prácticas realizadas e da súa participación no traballo de grupo, e un breve resume de cada unha das sesións interactivas.
Realizaranse, cando menos, dúas sesións de titoría de grupo nas semanas do 10 ao 14 de outubro e do 31 de outubro ao 4 de novembro.
Controlarase a asistencia ás sesións interactivas e ás de titorías de grupo.
No campus virtual estarán dispoñibles as presentacións dos temas a tratar nas clases expositivas así como as instrucións para o desenvolvemento das actividades interactivas, as tarefas experimentais a realizar nas prácticas e os modelos de informe a utilizar para cada unha delas.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación da materia teranse en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudante que estean recollidas no Portafolio, máis a cualificación obtida no exame final, que consistirá nunha proba obxectiva de verdadeiro/falso, composta por preguntas sobre os distintos temas do programa.
De acordo co asignación de horas de traballo á parte expositiva e á parte interactiva da materia, a avaliación de cada unha das dúas partes terá un peso equivalente. A avaliación global da materia será o resultado de sumar ambas cualificacións. Para superar a materia será preciso obter unha puntuación mínima de 2 puntos sobre 5 en cada unha das partes e que a suma das dúas sexa igual ou superior a 5. Para achegar aos estudantes ás tarefas de investigación, valorarase de maneira simbólica (unha ou dúas décimas) a súa participación en investigacións levadas a cabo polo grupo de Aprendizaxe Humana, ben como suxeitos experimentais ben como asistentes de laboratorio.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: 24h.
Clases interactivas: 13 h.
Titorías: 1h.
Exame final: 2h.
Horas de preparación e estudo do material das clases expositivas: 36 h. (estimadas).
Preparación das clases interactivas e elaboración dos informes de seguimento: 26 h. (estimadas)
Traballos de grupo : 10,5 h. (estimadas)
Recomendacións para o estudo da materiaComo teremos ocasión de ver dun xeito sistemático nesta materia, a aprendizaxe para que teña sentido require unha implicación activa do aprendiz no proceso, o que supón participar activamente nas distintas actividades e realizar estas seguindo a programación establecida.
Para un mellor aproveitamento das clases expositivas recoméndase ler, con anterioridade ao desenvolvemento de cada unha delas, a presentación do tema correspondente (dispoñible no campus virtual) así como algunha das lecturas recomendadas.
Para garantir o carácter realmente interactivo das sesións de grupos pequenos, é imprescindible que os estudantes realicen un traballo previo de preparación de cada unha delas, realizando as lecturas que se propoñan en cada caso.
Para poder cumprimentar as prácticas, é necesario que cada estudante realice a tarefa experimental correspondente no prazo que se estableza ao efecto en cada unha delas, para que os datos poidan figurar no modelo de informe dispoñible no campus virtual.
O traballo en grupo será supervisado e orientado nas sesións de titoría, polo que será necesario acompasar o seu desenvolvemento ao que se vaia establecendo nestas.
En definitiva, do que se trata é de que o estudante aprenda de maneira significativa, o que implica comprender o que estuda e poñelo en relación co resto dos seus coñecementos. Para conseguir este obxectivo o estudante non debe quedar con ningunha dúbida sen tratar de resolvela. Esta é a finalidade fundamental das titorías, polo que se recomenda facer un uso efectivo delas.