G2011225 - Psicometría (Avaliación e diagnóstico psicolóxico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaINTRODUCIÓN
A materia de Psicometría esta ubicada no primeiro cuadrimestre de 2º do Grao. Xunto coas materias; Análise de Datos en Psicoloxía , Deseños de Investigación en Psicoloxía (1º do Grao) e Análise Multivariante (2º do Grao 2º cuatrimestre) forma parte da Area de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento. Ditas materias completan a formación metodolóxica ofertada aos estudantes de Grao en Psicoloxía na USC.
OBXETIVOS
Aínda que a Psicometría se ocupa, en xeral, de todo o relacionado coa medición en Psicoloxía, nesta materia centrarémonos no que se denomina Teoría dos Tests na que se abordará a lóxica de dous dos modelos matemáticos máis relevantes que subyacen a construción e uso dos tests: a Teoría Clásica dos Test (TCT) que se desenvolverá en profundidade e unha introdución a Teoría de Resposta aos Items (TRI).
O obxetivo que se pretende e que os estudantes coñezan o proceso que se ha de seguir para a construción dun test, coñezan os métodos e técnicas implicadas en dito proceso e, ademáis, adquiran as destrezas necesarias para poder entender e valorar a información psicométrica relativa aos tests que xa están comercializados e facer un uso axeitado dos mesmos.
ContidosPROGRAMA CLASES EXPOSITIVAS
I. INTRODUCIÓN
Tema 1.- Delimitación do campo da Psicometría.
Tema 2.- Os tests: Definición, historia e clasificación.
II. DESEÑO E ANÁLISES DE ITEMS
Tema 3.- Introdución. Elaboración de items: Redacción dos items, Formato de resposta. Cuantificación das respostas. Análises de items: Índices de dificultade, homoxeneidade e validez. Relación entre as puntuacións totais no test e a proporción de acertos no item.
III. MODELO CLÁSICO E FIABILIDADE
Tema 4.-Formulación do modelo lineal clásico: Métodos para obter a fiabilidade de un Test. Fiabilidade absoluta e relativa. Métodos para obter a fiabilidade relativa. Error de medida: concepto, tipos, definición estatística.
Tema 5.- Fiabilidade e tests paralelos. Error típico de medida: Introdución. Definición de tests paralelos. rxx como proporción de varianza verdadeira. Límites da fiabilidade de un test. Índice de fiabilidade. Error típico de medida.
Tema 6.- Estimación das puntuacións verdadeiras. Fiabilidade e diferencias:
Introdución. Estimación puntual de V. Estimación por intervalos de V. Sesgo das puntuacións empíricas. Fiabilidade e diferencias.
Tema 7.- Fiabilidade e consistencia interna: Introdución. Coeficiente alpha de Cronbach. Fiabilidade dun test complexo. Outras formas de obter a fiabilidade como consistencia interna (Rulon, Flanagan-Guttman). Factores que afectan a fiabilidade dos tests.
IV. VALIDEZ
Tema 8.- Concepto e evidencias de validez. Introdución. Concepto de validez. Evidencias de validez: evidencias basadas no contido do test, na estructura interna do test e nas relacións con outras variables.
Tema 9.- Análise factorial exploratorio. Introdución. Visión xeral do AFE. Pasos do AFE. Matriz de correlacions, extración de factores, rotación de factores e puntuacións factoriais.
Tema 10.- O coeficiente de validez. Introdución. Coeficiente de validez e a súa interpretación. Predición do criterio a partir do test: o análise de regresión. Factores que afectan a validez.
V.- BAREMACIÓN E INFORME
Tema 11.- Introdución. Transformacions das puntuacions directas dun test: Percentiles, puntuacións típicas Z e puntuacións típicas derivadas. Informe das propiedades psicométricas dun test.
VI. INTRODUCIÓN A TEORÍA DE RESPOSTA AOS ITEMS.
Tema 12. Introdución. Ventaxas frente ao modelo clásico. Supostos.
PROGRAMA CLASES INTERACTIVAS
1. ANÁLISIS DE ÍTEMS
2. FIABILIDADE
3. ANÁLISE FACTORIAL
4. VALIDEZ
5. TRANSFORMACIÓN DAS PUNTUACIONS
6. ANÁLISE PSICOMÉTRICO DUN TEST
7. ELABORACIÓN INFORME
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA
BÁSICA
Abad, F.J. Olea, J., Ponsoda, V. y García, C. (2011). Medición en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Síntesis.
García, E. (1993). Introducción a la psicometría. Madrid: Siglo XXI.
Martínez Arias, R., Hernández Lloreda, M.J. y Hernández Lloreda (2006). Psicometría. Madrid: Alianza.
Muñiz, J. (1990). Teoría de respuesta a los items. Un nuevo enfoque en la evaluación psicológica y educativa. Madrid: Pirámide.
Muñiz, J. (1992). Teoría clásica de los tests. Madrid: Pirámide.
Santiesteban Requena, C. (2009). Principios de Psicometría: Madrid: Síntesis.
COMPLEMENTARIA
Allen, M.J. y Yen, W.M. (1979). Introduction to measurement theory. Monterey, CA: Brooks/Cole.
Alvaro Page, M. (1993). Elementos de Psicometría. Madrid: Eudema.
Anastasi, A. (1974). Tests Psicológicos. Madrid: Aguilar.
Anstey, E. (1976). Los tests psicológicos. Madrid: Editorial Marova.
Arce, C. y Seoane, G. (1985). Correlación y regresión lineal: una introducción aplicada a la Psicología. Santiago de Compostela: Tórculo.
Crocker, L. y Algina, J. (1986). Introduction to classical and modern test theory. Nueva York: Holt, Rinehart & Winston.
Hartman, H.H. (1967). Análisis Factorial Moderno. Madrid: Saltés.
Jañez, L. (1989). Fundamentos de Psicología Matemática. Madrid: Pirámide.
López Pina, J.A. (1995). Teoría de la respuesta al item: fundamentos. Barcelona:PPU.
Magnusson, D. (1977). Teoría de test. México: Trillas.
Martínez Arias, R. (1995). Psicometría: Teoría de los tests psicológicos y educativos. Madrid: Herder.
Nunnally, J.C. (1970). Introducción a la medición psicológica. Buenos Aires: Paidós.
Nunnally, J.C. (1987). Teoría psicométrica. México: Trillas.
Santiesteban, C. (1990). Psicometría: Teoría y práctica en la construcción de tests. Madrid: Norma.
Seoane, J. y Rechea, C. (1976). Psicometría. Madrid: UNED.
Silva, F. (1989). Evaluación conductual y criterios psicométricos. Madrid: Pirámide.
Thorndike, R.L. (1989). Psicometría aplicada. México: Trillas.
Yela, M. (1990). Introducción a la teoría de test. Madrid: Universidad Complutense.
CompetenciasAs competencias xerais do Título que se abordan nesta materia son as seguintes:
• Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
• Coñecer e comprender os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
• Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
• Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
• Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Estas competencias xerais se concretan, nesta materia en:
• Coñecer os diferentes modelos e métodos de construción de instrumentos de medida en Psicoloxía, así como a súa aplicación e as técnicas para a súa valoración psicométrica.
• Coñecer as estratexias fundamentais para o deseño, cuantificación e análise das propiedades métricas dos distintos tipos de ítems; para seleccionar os procedementos máis adecuados para o estudo da fiabilidade e validez; e para optimizar as propiedades psicométricas dos diferentes instrumentos de medida.
• Manexar software básico para analizar as propiedades psicométricas dos tests (SPSS).
• Saber elaborar informes técnicos sobre as propiedades psicométricas dos instrumentos de medida utilizando unha linguaxe precisa.
• Entender e saber interpretar os indicadores psicométricos que achegan os instrumentos de avaliación utilizados nas distintas áreas da Psicoloxía, así como os que poidan recollerse nas distintas publicacións científicas.
Metodoloxía da ensinanza SESIÓNS EXPOSITIVAS nas que se expondrán os diferentes temas dos que consta o programa (temas 1 a 12). Terán unha duración de 35 horas distribuídas ao longo das 14 semanas das que consta o cuadrimestre en dúas sesións semanais de 1 hora e 15minutos. Para o seguimento destas clases o estudante contará con material de apoio (guía) que se lle facilitará ao comezo do curso, a través do Campus Virtual da USC.
SESIÓNS INTERACTIVAS cuxa finalidade será complementar os contidos das clases expositivas mediante aplicacións prácticas. Desenvolveránse na aula de Proceso de Datos na que se traballará co paquete estatístico SPSS. Estas sesións terán unha duración de 14 horas distribuídas en 7 sesións de 2 horas en semanas alternas. Para o seguimento destas clases o estudante disporá tamén dun material de apoio (caderno de prácticas).
SESION EN GRUPO REDUCIDO (GRUPOS DE TITORÍA) desenvolverase unha única sesión de 1 hora, ao comezo do curso no que se traballará sobre un material que se entregará por escrito o primeiro día de clase e cuxo contido se referirá aos 2 primeiros temas do programa da materia.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE. Ademais da asistencia ás actividades presenciais indicadas nos párrafos anteriores, o/a estudante deberá adicar un tempo á lectura de materiais complementarios, a elaboración dun informe asociado ás sesións interactivas, e ao estudo dos contidos que se van desenvolvendo durante o curso. Ademáis é preciso que o alumno domine os contidos teóricos necesarios para o adecuado desenrolo e aproveitamento das sesións interactivas.
A ASISTENCIA A CLASES E ACTIVIDADES PRESENCIAIS: considérase fundamental para poder alcanzar os obxectivos da materia. Controlaráse a asistencia na totalidade das sesións interactivas e de grupo reducido, e circunstancialmente nas sesións expositivas. A consideración da asistencia na avaliación do/a estudante indícase no apartado correspondente do programa.
TUTORÍAS: as profesoras da materia estarán dispoñibles en tutorías (nos lugares e horas que se indicarán ao comenzo de curso) para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.
Sistema de evaluaciónA avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realizaráse en base a varios elementos, cuxo peso relativo no resultado final exprésase a continuación:
(1) Até un máximo de 2 puntos da cualificación final poderáse obter polos traballos realizados na sesión de titoría de grupo reducido (0,5 puntos), nun control que se fará ao longo do cuadrimestre (0,5 puntos) e pola elaboración dun informe sobre o análisis psicométrico du test que o estudiante deberá de entregar por escrito ao final do cuadrimestre (1 punto). O control faráse nas clases expositivas e constará dunhas preguntas sobre os contidos explicados nas clases expositivas e/ou interactivas e dos que os estudantes serán avisados previamente. Esta puntuación máxima de 2 puntos só se aplicará a aquelos alumnos que asistiran a un mínimo de 3 clases interactivas e acadaran no examen unha puntuación maior ou igual a 4.
(2) Até un máximo de 8 puntos da cualificación final obteráse en base ao exame final da materia. O devandito examen farase ao finalizar o cuadrimestre na data indicada no calendario oficial exposto na páxina web e nos taboleiros do centro. Este examen será teórico-práctico, nel presentárase unha saída de computador cos resultados da análise psicométrico dun test sobre a que se farán unha serie de preguntas sobre conceptos teóricos, prácticos e interpretación dos resultados presentados.
A realización/entrega de calquera das probas implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que conlevará unha cualificación final da materia aínda no caso de non concorrer ao examen final.
Na segunda oportunidade de superación da materia, prevista no mes de xullo, para aqueles/as estudantes que non aprobasen ao final do cuadrimestre, realizarase un exame das mesmas características do descrito anteriormente. Aqueles estudantes que asistirán a un mínimo de 3 clases interactivas e acadaran no examen unha puntuación maior ou igual a 4, conservarán a súa puntuación acadada según o apartado 1 (máximo de 2 puntos), podendo sempre entregar de novo o informe de prácticas mellorado, que se terá en conta na cualificación final.
Os estudantes que se presenten soamente o exame deberán de obter un 5 para aprobar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 6 créditos, o que corresponde a un total estimado de 150 horas de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte modo:
Asistencia a actividades presenciais (docencia, avaliación): 50 horas; 35 expositivas, 14 interativas e 1 de tutoria de grupo reducido.
Traballo non presencial: 100 h. Este deberá distribuírse en preparación previa das clases, lecturas e estudo de materiais.
Recomendacións para o estudo da materiaPara un correcto seguimento desta materia recoméndase:
(1) Lograr os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1er curso do Grao, especialmente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Análise de Datos en Psicoloxía e Deseños de Investigación.
(2) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura dos materiais e estudo dos contidos. Asistencia a tutorías para a resolución de dúbidas ou a orientación no proceso de aprendizaxe.