G2011228 - Psicoloxía da linguaxe (Procesos psicolóxicos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 37.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Básica
- Centro: Facultade de Psicoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia. Que o alumno lea e resuma axeitadamente a literatura científica sobre Psicoloxía da Linguaxe.
. Que os alumnos coñezan e valoren a diversidade teórica e experimental da Psicoloxía da Linguaxe.
. Que o alumno coñeza os distintos deseños de investigación e se inicie no uso dos procedementos e tarefas experimentais propios da Psicolingüística.
. Que os alumnos sexan capaces de realizar axeitadamente os informes experimentais correspondentes ás prácticas da materia.
. Que os alumnos desenvolvan un interese xenuíno pola Psicolingüística.
. Que o alumno sexa capaz de traballar, non só de xeito eficaz, senón tamén do mellor xeito posible.
ContidosSesións expositivas
1. Ámbito de estudo da Psicoloxía da Linguaxe.
• O concepto de linguaxe e as súas dimensións.
• Nacemento da Psicolingüística moderna.
• Os temas da Psicolingüística.
• Os métodos da Psicolingüística.
2. Arquitectura funcional do sistema lingüístico.
• Organización do sistema cognitivo humano.
• Arquitectura modular.
• Arquitectura interactiva.
3. Percepción da fala
• Estrutura e percepción da fala.
• Do sinal ó código lingüístico.
• Teorías da percepción da fala.
4. Recoñecemento visual de palabras.
. Percepción da linguaxe escrita
. Información relativa á palabra.
. Acceso léxico.
. Efectos experimentais.
. Modelos de recoñecemento de palabras.
5. Procesamento de oracións.
. Compoñentes do procesamento de oracións.
. Ambigüidade estrutural.
. Distinción entre oracións primarias e non primarias.
. Estratexias estruturais de desambiguación.
. Modelos de procesamento de oracións ambiguas.
6. Comprensión de textos e discursos.
. Nivel de procesamento do discurso.
. Formas de representación.
. Conceptos básicos.
. Inferencias.
. Procesos inferenciais e factores que lles afectan.
. Teorías do procesamento do discurso.
7. A produción da linguaxe.
. Caracterización xeral do proceso de produción.
. Fases do proceso de produción: o modelo de Levelt.
- Formulación de plans lingüísticos: modelos seriais e paralelos de planificación lingüística.
- Articulación.
. A produción escrita.
Sesións interactivas
1. Os desafíos da Psicolingüística.
2. A percepción da fala.
3A. O inabarcable mundo das palabras.
3B. Procesamento de palabras: efectos de frecuencia e lexicalidade.
4A. Resolución de ambigüidades sintácticas: como decidimos quen estaba no balcón?
4B. Estratexias de adxunción ante cláusulas de relativo ambiguas.
5. Procesamento de textos e discursos: a culminación do proceso de comprensión.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
CARROLL, D.W. (2006 [2004]). Psicología del lenguaje. Madrid: Thomson.
de VEGA, M., CUETOS, F. (1999). Psicolingüística del español. Madrid: Trotta.
FERNÁNDEZ-REY, J., FRAGA, I., REDONDO, J., ALCARAZ, M., PARDO-VÁZQUEZ, J.L. (2010, 2ª ed.). Procesos psicológicos básicos II. Manual y cuaderno de prácticas de memoria y lenguaje. Madrid: Pirámide.
Bibliografía complementaria
BELINCHON, M., RIVIERE, A., IGOA, J. M. (1992). Psicología del lenguaje. Investigación y teoría. Madrid: Trotta.
FRAGA, I. (1997). Psicología del lenguaje: Aspectos teóricos y metodológicos. Santiago: Tórculo.
HARLEY, T.A. (2009 [3ª ed. orig. 2008]). Psicología del Lenguaje. De los datos a la teoría. Madrid: McGraw-Hill.
PINKER, S. (1995, [1994]). El instinto del lenguaje. Cómo crea el lenguaje la mente. Madrid: Alianza.
CompetenciasAs competencias xerais da Titulación abordadas nesta materia son as seguintes:
. Coñecer e comprender as leis e os principios básicos dos procesos psicolóxicos.
. Extraer información relevante de libros de texto de nivel avanzado.
. Comprender e explicar o comportamento humano integrando diferentes perspectivas
. Valorar e apreciar as achegas da investigación científica ao coñecemento e a práctica profesional.
. Ser capaz de elaborar informes orais e escritos.
. Saber traballar en equipo.
Estas competencias xerais concrétanse, nesta materia, nas seguintes competencias específicas:
. Coñecer e comprender os principios básicos do procesamento da linguaxe, así como as contribucións e limitacións dos modelos que tratan de explicalos.
. Ser capaz de relacionar eses coñecementos cos temas que se estudan no resto das materias do plan de estudos, en especial cos outros procesos psicolóxicos básicos.
. Iniciarse na utilización dos procedementos e tarefas experimentais propios da Psicolingüística.
. Analizar e interpretar os datos cuantitativos e cualitativos procedentes das investigacións en Psicolingüística.
. Reflexionar sobre o papel da linguaxe na cognición humana.
Metodoloxía da ensinanza Para poder chegar a unha aprendizaxe significativa dos coñecementos anteriormente sinalados e adquirir as competencias descritas, ademais da presentación dos temas por parte dos profesores, os estudantes han de abordar as lecturas dos materiais seleccionados dun xeito activo. Por esta razón levarán a cabo unha serie de lecturas previamente ás sesións de seminario, onde se traballará sobre elas resolvendo dificultades conceptuais, contestando a breves cuestionarios, realizando cadros sinópticos, presentando oralmente algúns dos contidos máis importantes dos temas, etc. Nas devanditas sesións favorecerase o traballo en equipo a través de actitudes de cooperación e solidariedade. Con este sistema a motivación do alumnado aumenta significativamente, dando lugar a resultados de aprendizaxe sólidos e estables no tempo.
Ademais, os alumnos dispoñerán dunha serie de materiais (manual e caderno de prácticas, programas informáticos, paquetes estatísticos, etc.) cuxa utilización lles servirá para: coñecer os principais efectos experimentais, aprender a analizar e interpretar os datos obtidos e recoller a información derivada deste proceso en informes experimentais de calidade.
O traballo individual, en suma, debe preceder e seguir ás clases expositivas e interactivas. Polo tanto, esixirase unha dedicación constante á materia, con elaboración de glosarios, esquemas e resumos propios, o que facilitará enormemente a comprensión e favorecerá a identificación de dúbidas que poderán ser consultadas nas titorías e nas propias sesións de clase.
Sistema de evaluaciónAvaliaranse as actividades e exercicios realizados ou presentados nas sesións de aula e os seminarios, valorando o traballo sistemático, a participación activa nos seminarios e a calidade desta, a capacidade de organizar a información, a claridade expositiva e o dominio no manexo da terminoloxía propia da disciplina. Ademais, avaliarase o rendemento nas prácticas mediante a corrección dos informes individuais correspondentes. Polo tanto, para poder superar a materia será requisito asistir, como mínimo, ao 75% das sesións interactivas de seminario e realizar con aproveitamento polo menos un 75% das tarefas derivadas das devanditas sesións. Ademais, será obrigatorio asistir ao 100% das sesións interactivas de laboratorio, así como presentar os informes correspondentes. Por último, realizarase un exame de toda a materia na data oficial establecida. O exame constará de 50 preguntas con tres alternativas de resposta, das que só haberá unha correcta. Para acadar o “5” (sobre 10) neste exame, dado que non penalizarán os erros, será necesario obter un 70% de respostas correctas (35 acertos). A cualificación final resultará da contribución destas tres notas, cun peso máximo do 30% nas sesións interactivas de seminario, un 30% nas prácticas de laboratorio e un 40% no exame, sempre que en todas elas obtivérase a lo menos un 4,5 (sobre 10) e que a media final sexa igual ou superior a 5. Todo alumno que comece a avaliación continua terá unha cualificación ao final do semestre.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo total estimado para a consecución dos obxectivos e competencias e, en última instancia, para poder superar a materia é de 112,5 horas, distribuídas do seguinte xeito:
. Para a preparación dos contidos teóricos, ademais da asistencia ás 22 horas de clases expositivas e as 8 horas de clases interactivas presenciais, o estudante deberá dedicar 40 horas á preparación dos temas e a realización de lecturas individuais e unhas 10 horas á realización das actividades de avaliación continua.
. Para a preparación das prácticas, ademais das 6 horas presenciais, o alumno dedicará 9,5 horas á lectura previa dos capítulos do manual de prácticas e á elaboración posterior dos informes correspondentes.
. Para a preparación do exame, estimamos que o alumno necesitará unha media de 15 horas de estudo.
Recomendacións para o estudo da materiaPara preparar esta materia recoméndase un traballo constante por parte do alumno ao longo do cuadrimestre. O devandito traballo será tamén guiado, tutorizado e avaliado de forma continuada por parte dos profesores. Dende principios do cuadrimestre os alumnos dispoñerán dunha Guía docente, así como de Guías de estudo correspondentes a cada unidade didáctica nas que se recollen -ademais dos contidos básicos e a bibliografía recomendada- as principais actividades a desenvolver nas clases interactivas e un resumo dos conceptos clave.
ObservaciónsA Psicoloxía da Linguaxe parece unha materia especialmente axeitada para traballar activamente no acceso ao coñecemento por parte dos estudantes a través do adestramento nas catro habilidades lingüísticas (falar, escoitar, ler e escribir) que configuran os contidos desta materia e que son a base da comprensión e a comunicación humanas.