Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Psicoloxía  »  Información da Materia

G2011230 - Psicoloxía do desenvolvemento II (Psicoloxía do ciclo vital e da educación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Psicoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CUBA LOPEZ, JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo P1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P6OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P7OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo P8HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    a) Coñecer o desenvolvemento humán ao longo da adolescencia e adultez xoven, media e terdía.
    b) Coñecer e valorar as diferencias individuais e a diversidade social e cultural que inflúen no desenvolvemento nestas etapas.
    c) Familiarizar o alumnado coas potenciais aplicacións do coñecemento destas etapas para unha intervención que contribúa a un desenvolvemento exitoso.
    d) Iniciarse no coñecemento de diferentes aproximacións e técnicas para a avaliación dos cambios evolutivos nestas etapas particularmente na adolescencia e no proceso de envellecemento.
    e) Capacitar para a obtención de novos coñecementos mediante o manexo da bibliografía correspondente e das fontes documentais máis importantes.
    Contidos
    PRIMEIRA PARTE: ADOLESCENCIA.
    TEMA I. NATUREZA E SIGNIFICADO DA ADOLESCENCIA. 1. Aproximacións teóricas. 2. Concepto de adolescencia dende un punto de vista evolutivo.
    TEMA II. DESENVOLVEMENTO FÍSICO E COGNITIVO 1. Desenvolvemento físico e as súas consecuencias psico-sociais. 2. Desenvolvemento cognitivo, pensamento formal e científico e implicacións escolares. 3. Desenvolvemento moral.
    TEMA III. DESENVOLVEMENTO PERSOAL E SOCIAL NA ADOLESCENCIA. 1. Coñecemento de si mesmo e identidade persoal. 2. Relacións familiares, con iguais e de parella. 3. Problemas e conflitos na adolescencia.

    SEGUNDA PARTE: DESENVOLVEMENTO ADULTO E PROCESO DE ENVELLECEMENTO.
    TEMA IV. DESENVOLVEMENTO NA ADULTEZ: O PROCESO DE ENVELLECEMENTO. 1. Desenvolvemento adulto. Idades e fases. 2. O Envellecemento en Psicoloxía Evolutiva. 3. Envellecemento biolóxico e saúde.
    TEMA V. ENVELLECEMENTO COGNITIVO. 1. Factores sensoriais e motoras: repercusións adaptativas. 2. Atención e memoria. 3. Intelixencia multidimensional. 4. Creatividade e sabedoría. 5. Intervención cognitiva na vellez.
    TEMA VI. DESENVOLVEMENTO PERSOAL. 1. Teorías da personalidade e teorías do desenvolvemento. 2. Principais estudos sobre a evolución persoal.
    TEMA VII. DESENVOLVEMENTO PSICOSOCIAL. 1. Enfoques teóricos. 2. Matrimonio e parella. 3. Maternidade e paternidade. 4. Maiores e familia. 5. Ciclo ocupacional e xubilación. 6. Intervención psicosocial
    TEMA VIII. MORTE E DUELO. 1. Perspectivas multidisplinares acerca da morte. 2. A morte e o duelo no ciclo vital humano. 4. Axuda ás persoas en duelo e enfermos terminais

    Bibliografía básica e complementaria
    Arnett, J. J. (2008). Adolescencia y adultez emergente. Un enfoque cultural México: Pearson Educación.
    Bayés, R. (2006). Afrontando la vida, esperando la muerte. Madrid: Alianza.
    Belsky, J. (2001). Psicología del envejecimiento. Madrid: Paraninfo.
    Berger, K. St. e Thompson, R.A. (2001). Psicología del desarrollo: adultez y vejez. Madrid: Ed. Médica Panamericana
    Birren, J.E. e Schaie, K.W. (2006.). Handbook of the psychology of aging, 5th ed. San Diego,CA: Academic Press.
    Feldman, R. S. (2007). Desarrollo Psicológico a través de la vida. México: Prentice Hall.
    Fernandez Ballesteros, R. (Ed.) (2000). Gerontología social. Madrid: Pirámide.
    Fernández-Ballesteros, R. (2009). Envejecimiento activo: contribuciones de la psicología. Madrid: Pirámide.
    Kübler-Ross, E. (2001). Sobre a muerte y los moribundos. Barcelona: Grijalbo
    Mariscal, S., Giménez-Dasi, M., Carriedo, N., e Corral, A. (Coords.) (2009). El desarrollo psicológico a lo largo de la vida. Madrid : McGraw Hill.
    Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo cognitivo y educación: Vol. 1. Psicología evolutiva Madrid: Alianza
    Pinazo, S. e Sánchez, M. (Dirs.) (2005). Gerontología, actualización, innovación y propuestas. Madrid: Pearson.
    Santrock, J. (2004). Adolescencia. Madrid. McGraw-Hill.
    Schaie, K. W. e Willis, S. L. (2003). Psicología de la edad adulta y la vejez. Madrid: Pearson
    Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. México: Thomson.
    Stuart-Hamilton, I. (2002). Psicología del envejecimiento. Madrid: Morata.
    Triadó, C. & Villar, F. (2006) Psicología de la vejez. Madrid: Alianza editorial

    Competencias
    COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
    -Coñecer e comprender...
    As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
    As leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos
    Os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade
    -Saber facer, ser capaces de...
    Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
    Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
    Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
    Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
    Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
    ESTAS COMPETENCIAS XERAIS CONCRÉTANSE NESTA MATERIA EN:
    -Coñecer e comprender...
    As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos sobre o desenvolvemento na adolescencia e adultez xoven, media e tardía.
    As leis básicas do desenvolvemento a partir da adolescencia.
    Os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo da adolescencia e adultez nos seus aspectos de normalidade e anormalidade
    -Saber facer, ser capaces de...
    Identificar e seleccionar algunhas estratexias básicas de avaliación, orientación e intervención en diferentes contextos: familiares, escolares e sociais nestas etapas do ciclo vital.
    Levar a cabo algunhas tarefas sinxelas de avaliación do desenvolvemento nas devanditas etapas do ciclo vital, respectando as obrigas deontolóxicas, para elaborar os correspondentes informes.

    Metodoloxía da ensinanza
    A exposición de cada tema por parte do profesor (clases expositivas) completarase coa lectura individual de textos, que permitan, nas clases interactivas, unha familiarización con investigacións realizadas sobre algún dos puntos en cuestión, ou que faciliten unha visión e comprensión máis completa das repercusións teóricas ou prácticas de determinados aspectos.
    Así mesmo, as clases interactivas dedicaranse a planificar as prácticas de xeito que se favoreza a aplicación dos coñecementos adquiridos, ao tempo que se familiariza os alumnos coas técnicas e instrumentos básicos de investigación na área ou de uso no exercicio profesional. Por iso, o presente programa compleméntase na guía didáctica cunha descrición precisa das prácticas.

    Sistema de evaluación
    A avaliación farase valorando as tarefas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre (asistencia, informes de prácticas, traballos de curso, actividades de avaliación formativa...), cun peso equivalente ao 30% da cualificación final, na que se terán en conta aspectos como a capacidade expositiva ou o dominio no manexo da terminoloxía propia da materia.
    Así mesmo realizaranse dous exames parciais voluntarios e liberatorios centrados fundamentalmente na avaliación de coñecementos, cun peso do 70% na nota final. As persoas que se presenten a ambos os dous parciais aparecerán cualificados en actas aínda cando non se presenten ao exame final.
    Contémplase a realización dun exame final de coñecementos cuxo peso non será nunca superior ao 70%.
    É condición, para a superación da materia e para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final, acadar como mínimo un aprobado en cada un dos parciais ou, no seu caso, no exame final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS: Total 51 h.

    - Clases expositivas, explicación de temas e presentación de material audiovisual complementario, instruccions para as prácticas. Actividades de autoavaliación: 35 h.

    - Clases interactivas: 15 h.

    - Titorías: 1 h.

    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDIANTE: Total 99 h.

    - Estudio: 50 h.

    - Prácticas: 10 h.

    - Elaboración informes e traballos: 20 h.

    - Traballo titorizado: 9 h.

    - Lecturas: 10 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións: É importante que o alumno se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.
    Esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á de Psicoloxía do Desenvolvemento I.